A Asociación SIL confirmou o programa definitivo de Galaecia.Net EVO1 que se celebrará do venres 14 ao domingo 16 en Vilagarcía de Arousa. A party celebrarase, finalmente, no pavillón da Rúa Castelao nº13 e o acceso será gratuíto e sen rexistro. Tan só necesitas levar o teu equipo informático.
Entre as actividades relacionadas co Software LIbre destacan:
- Venres 14:
- L.A.M.P. (17:00 a 19:00): Instalación dun sistema xAMPP, servidor web, bases de datos e programación no servidor.
- Sistemas UNIX (20:00 a 22:00): Relatorio sobre a arquitectura dun sistema UNIX.
- Sábado 15:
- Asterisk (12:00 a 14:00): Xestión dunha centralita VoIP (Asterisk).
- Active Directory (18:00 a 20:00): Integración dun servidor GNU/Linux con Active Directory.
- Distribución Musix (20:00 a 22:00): Instalación e uso de Musix, introdución ao son e a física do son, …
- Domingo 16:
- Servidor de comunicacións en GNU/Linux (10:00 a 12:00): Configuración dun servidor de comunicacións en GNU/Linux (Enrutamento, enrutamento avanzado e balanceo de carga, Firewall, NAT, SMTP, POP3, IMAP, Webmail, PROXY).
Este evento conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa.