Mancomún
NeoOffice é unha suite ofimática para o sistema operativo [[Mac OS]] derivada de [[OpenOffice.org]], aínda que este último programa ten unha versión para ordenadores Mac que usa as [[x11]].Distribuída como Software Libre, baixo licenza [[GPL]], integra OpenOffice.org no contorno gráfico de Mac OS X por medio das [[API]] [[Cocoa]] e Java.

Inclúe, un procesador de texto, follas de cálculo e presentacións, xunto cun módulo de debuxo vectorial. Ademais, incorpora una serie de características propias do Mac, como a súa integración co [[Finder]] e Mail.app, o uso das fontes do sistema, o soporte de arrastrar e soltar  entre as aplicacións Cocoa, e nesta última versión 2.2.1 ten soporte para o Mac OS X [[Spellchecker]] e a libreta de enderezos e soporte experimental para ficheiros de Office 2007 (Excel e PowerPoint)

 

Páxina oficial do proxecto
Wiki do proxecto  

Durante os días 21, 22 e 23 de setembro terá lugar o IV Ciberencontro na casa da cultura do Concello de Mugardos, organizado pola “Comunidade Linuz o Zulo” e o propio concello. As inscricións xa están abertas.

O evento, tamén coñecido como Kernel 2007, terá relatorios de GNU/Linux, xogos, conferencias, churrascada, etc…; mais aínda está por confirmar o programa definitivo.

Un pouco de historia do evento

A historia do Kernel, remóntase a outubro de 2003 cando Alberto e Evaristo tras uns relatorios e algúns cafés deciden facer as Xornadas de Software Libre Concello de Mugardos, e posteriormente en setembro do 2004 organizar o I CiberEncontro Concello de Mugardos. Nese momento únese Pablo “Ping” e deciden, sen “normas” e dun modo altruísta, denominarse “Comunidade Linux o Zulo”. Xunto con outra xente, reuníronse durante 14 horas para entre outros: compartir ficheiros, experiencias…

No ano 2005 chegou a segunda edición con grande éxito de público, máis ou menos 45 inscritos, de vilas como: Fene, A Coruña, O Grove, Vilagarcía, Ferrol. A repercusión mediática tamén foi moito maior: entrevistas e cuñas en Radio Fene, entrevista a Alberto en “La Voz de Galicia”. Un dos pratos fortes foi o Servidor DC++, que permite compartir ficheiros dun modo sinxelo, podendo conversar cos distintos usuarios… a magnífica charla de Andrés Diaz , membro do GPUL, acerca da seguridade informática.

No 2006, de novo en setembro, reuníronse para facer a III Edición. As novidades máis destacadas foron: a churrascada do sábado e o MegaFTP que abriron o sábado pola mañá.

A edición do ano pasado foi a edición da consolidación do Kernel, cunha gran afluencia de público (cerca de 65 persoas).

 

Evento engadido a “Axenda de eventos”.

Fonte da nova:
http://www.mugardosping.org

http://www.mancomun.org/images/stories/drupaled.pngDrupalEd é unha distribución de Drupal preconfigurada con módulos e opcións personalizadas para crear un sitio educativo, tanto un sitio de aprendizaxe informal no que todos os usuarios teñen permisos a un mesmo nivel, como un contorno de aprendizaxe máis xerárquico con alumnos, profesores, clases e grupos de traballo.

Algunhas das características activadas en DrupalEd son as seguintes:

  • Espazos de traballo persoais e de grupo.

  • Repositorios de ficheiros e galerías de imaxes persoais.

  • Blogues individuais e da clase.

  • Canles RSS do sitio, dos cursos, de cada usuario, etc.

  • Calendarios de eventos do sitio e por cursos

  • Wikis.

  • Podcasting.

Para máis información sobre DrupalEd pódese consultar a web de “FunnyMonkey – tools for teachers”.

Para levar a cabo unha instalación de DrupalEd está dispoñible, na sección de descargas de Mancomun.org, unha guía en PDF. 

CrypTool, é un software destinado a facilitar a aprendizaxe da criptoloxía, tralo proxecto están Deutsche Bank, a Universidade de Siegen e TU Darmstadt. É Software Libre, pero de momento só funciona baixo Windows, aínda que se está a traballar nunha nova versión 2.0 baseada en [[Java]] e -xa que logo- será multiplataforma.

No entanto, existe tamén CrypTooLinux, un port para Linux, baseado en [[QT4]]. O software está dispoñible en inglés, alemán e polaco. Dispón de axuda interactiva e abundantes presentacións [[3D]] sobre criptoloxía clásica e moderna, teoría de números, etc. Segundo o autor non se precisan grandes coñecementos matemáticos nin criptográficos para utilizalo. Hai un documento de presentación (máis de 100 páxinas, pdf). A última versión estable é 1.4.10.

 

Fonte da nova: kriptopolis

Nos últimos días publicouse unha nova versión (1.0.9.2) do [[Risk]]. É un xogo moi popular de estratexia na cal o/s participante/s teñen que conseguir o maior número de tropas posibles e conquistar todos os países. Esta aplicación  está feita en [[Java]], co cal pode ser executada dende diferentes sistemas operativos ([[GNU/Linux]], Windows, etc) e permite o xogo en rede.

Unha das súas características son as diferentes opcións á hora da partida, entre as cales está a de xogar  só ou contra varios contrincantes (até 5), diversidade de mapas e incluso un editor para facelos. Ademais podemos escoller  entre varios idiomas (11) e ten a licenza [[GPL]].

 

Para executalo necesitaremos unha maquina virtual de java superior á 1.4

Web oficial: RISK
Descargas: RISK

http://www.mancomun.org/images/stories/80px-inkscape.logo.svg.pngInkscape foi nomeado como o proxecto máis destacable no mes de agosto en SourceForge.net. Os proxectos gañadores en anteriores ocasións pódense consultar na seguinte ligazón: http://sourceforge.net/potm/.

Inkscape é un editor de gráficos vectoriais escalables (SVG) multiplataforma e con licenza libre que pode substituír a distintos programas propietarios como o Adobe Illustrator ou o Macromedia Freehand. O obxectivo principal de Inkscape é respectar os estándares da especificación SVG ademais de tentar ser o mellor editor SVG. Tamén están moi centrados en deseñar unha interface intuitiva para os novos usuarios pero igualmente potente para os deseñadores e artistas profesionais.

As orixes do Inkscape remóntanse a un software chamado Sodipodi. O punto de partida foi o código de Sodipodi, mais a interface de usuario foi redeseñada e a linguaxe de programación cambiouse de C a C++…

 

A última versión de Inkscape é a 0.45.1 e atópase traducida ao galego entre outros moitos idiomas.

Captura de pantalla de Inkscape: 

http://www.mancomun.org/images/stories/inkscape_screenshot.jpg

 

Ligazón á páxina de Inkscape en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/inkscape

KernelTrap publicou recentemente unha nova sobre a creación da fundación OpenBSD, un canadiense creou a corporación para apoiar [[OpenBSD]] e proxectos relacionados, incluíndo [[OpenSSH]], [[OpenBGPD]], OpenNTPD, e OpenCVS.

A nota explica:

    “a fundación de [[OpenBSD]] concentrarase inicialmente en facilitar doazóns, fondos, documentación e recursos. As doazóns pequenas deben continuar sendo realizadas a través dos mecanismos existentes.”

 

Web da Fundación OpenBSD

http://www.mancomun.org/images/stories/gplv3-logo-red.pngA conversión dos programas coa licenza GPLv2 á licenza GPLv3 segue medrando. Así, durante o que vai de semana o crecemento é un 14% superior ao da semana pasada.

A día 22 de agosto, a web http://gpl3.palamida.com indica que 378 proxectos xa adoptaron oficialmente a GPLv3, cifra bastante prometedora si se ten en conta que só 12 días antes, o 10 de agosto, a cifra era de 332 proxectos. Ademais, oito proxectos adoptaron a LGPLv3, licenza que conta cun total de 21 proxectos.

Doutra banda, actualmente hai 4.803 proxectos cuxas licenzas indican que son compatibles con “GPLv2 ou LGPL v2.1 ou posterior”. Para unha completa listaxe de proxectos que adoptaron a GPLv3 e LGPLv3 visite http://gpl3.palamida.com

 

Fontes da noticia:
http://news.com.com
http://gpl3.palamida.com

Adobe publicou a actualización para GNU/Linux de Flash Player 9.0, Update 3 Beta 2. Esta nova versión destaca por tres características principais.

  • Soporte do formato de son comprimido AAC.

  • Soporte do formato de vídeo comprimido H.264.

  • Soporte da aceleración por hardware para reprodución a pantalla completa, algo que xa tiñan os usuarios de Windows e Mac OS pero que resulta novo na versión de GNU/Linux.

Tamén melloraron a velocidade de renderizado de gráficos vectoriais en ordenadores con procesador multi-núcleo.

Aínda así parece que esta nova versión ten algunhas incompatibilidades con Compiz Fusion e aínda mantén algúns problemas que xa tiñan as versións anteriores co manexo do reprodutor.

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/soft/flash-player-9.0-update3.html

HomeBank é Software Libre que permite manexar as túas contas persoais. A idea principal é a facilidade e simplicidade a hora de empregar esta aplicación. Ten moitas características que permiten analizar as túas finanzas dun xeito detallado, inmediato e dinámico, con ferramentas de informes baseadas no filtrado de datos e uso de gráficos. Outro punto a favor de HomeBank, e que ten máis de 10 anos de experiencia.

Está dispoñible agora en [[Amiga]], GNU/Linux, estará probablemente pronto dispoñible para os sistemas Microsoft Windows e MacOS X, pois emprega as GTK. Para utilizalo soamente necesitamos a versión 2.10.x. das GTK. e as bibliotecas libofx.

 

Descarga: http://homebank.free.fr/index.php?id=20

http://www.mancomun.org/images/banners/sociedadeinformacion.jpgUnha enquisa feita aos visitantes do portal www.sociedadedainformacion.org indica que os programas libres deberían primar nos concursos públicos.

O 68% dos lectores do portal votou a favor de que as administracións primen aos programas con licenzas libres nos concursos que organicen para dotarse de ferramentas informáticas e unha de cada catro persoas que votou está a prol da ‘neutralidade tecnolóxica’.

Na enquisa do portal da Estratexia galega da Sociedade da Información apoiaron esta opción 98 persoas, fronte as 273 que votaron a prol de favorecer ao Software Libre e 28 que apostaron por primar aos programas propietarios…

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.sociedadedainformacion.org

Rematou a votación para a 2007 Linux Desktop Survey, unha enquisa anual que pretende recoller datos do uso de computadores con GNU/Linux.

Sobre os datos recollidos na edición deste ano, salientar que o número de computadores con GNU/Linux que votaron foron máis do doble que o ano pasado, pasando de 14.535 até 38.500 votos e o contorno de escritorio máis usado para a ser Gnome (45%) grazas en grande medida ao éxito de Ubuntu.

Estos son os resultados de todos os apartados da enquisa:

  • Distribución usada:
    http://www.mancomun.org/images/stories/enquisa2007/2007-distributions.jpg

  • Contorno de escritorio usado:
    http://www.mancomun.org/images/stories/enquisa2007/2007-desktops.jpg
  • Navegadores:
    http://www.mancomun.org/images/stories/enquisa2007/2007-browsers.jpg
  • Clientes de correo electrónico:
    http://www.mancomun.org/images/stories/enquisa2007/2007-emailclients.jpg
  • Método para executar aplicacións Windows en GNU/Linux:
    http://www.mancomun.org/images/stories/enquisa2007/2007-windowsappsonlinux.jpg

Resultados da edición do ano anterior:
Linux Desktop Survey 2006

Fonte orixinal da nova:
http://www.desktoplinux.com

http://www.mancomun.org/components/com_extcalendar/upload/7efa_galaecia_net.jpg Do 14 ao 16 de setembro, celebrarase en Vilagarcía de Arousa a segunda edición da Galaecia.net, evento organizado pola Asociación Sil e o Concello de Vilagarcía. Este ano, a Galaecia.net redefiniu os seus obxectivos e actividades para deixar de ser só unha LAN party e converterse nun taller de actividades e divulgador de información.

Con este novo obxectivo en mente, incluíron neste evento os seguintes relatorios de Software Libre na sección da party que deron en chamar GalaeciaEDUnet:

  • Venres 14:
    • L.A.M.P. (17:00 a 19:00): Instalación dun sistema xAMPP, servidor web, bases de datos e programación no servidor.
    • Sistemas UNIX (20:00 a 22:00):  Relatorio sobre a arquitectura dun sistema UNIX.
  • Sábado 15:
    • Asterisk (12:00 a 14:00): Xestión dunha centralita VoIP (Asterisk).
    • Active Directory (18:00 a 20:00): Integración dun servidor GNU/Linux con Active Directory.
    • Distribución Musix (20:00 a 22:00): Instalación e uso de Musix, introdución ao son e a física do son, …

  • Domingo 16:
    • Servidor de comunicacións en GNU/Linux (10:00 a 12:00): Configuración dun servidor de comunicacións en GNU/Linux (Enrutamento, enrutamento avanzado e balanceo de carga, Firewall, NAT, SMTP, POP3, IMAP, Webmail, PROXY).
Estes son só algúns dos eventos (os relacionados con Software Libre) desta party. Podedes atopar moitos máis (xogos, actividades lúdicas, outro tipo de relatorios) na web oficial do Galaecia.net.
 
Evento engadido a axenda de eventos:
Axenda de eventos de mancomun.org

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_forxa.png Desde a actualización a gForge 4.6 moitos foron os cambios que se fixeron ao longo do tempo á forxa de Mancomun. Co fin de cumprir cos estándares da W3C e de ter compatibilidade WAI-A, actualizouse o aspecto da web cun aire ao máis puro estilo da web 2.0. Pode ademais ser accedida por persoas que precisen empregar líneas Braille e lectores de pantalla.

As características máis salientables do novo tema son:

  • O código xerado é XHTML 1.0 estrito e válido. Ademais, coa nova estrutura, os navegadores son capaces de cargar as páxinas de forma máis eficiente.
  • Utilízase profusamente CSS 2.1 para o aspecto visual, co que será máis sinxelo a partir de agora realizar cambios de aspecto e así levar a cabo futuras melloras.
  • Tentouse na medida do posible facer que a Forxa sexa accesible para os usuarios con discapacidade visual, ata o punto permitido por gForge. Isto inclúe:
    • Utilizar capas CSS en lugar de táboas para o aspecto visual, facendo o código máis amigable aos lectores de pantalla.
    • Facer que o deseño sexa redimensionable, utilizando unidades de medida relativas.
    • Seguir as directivas de accessibilidade da WAI (Web Accessibility Initiative)…

  • Aspecto inspirado no estilo Mancomun.org.
Agárdase que o cambio teña unha boa acollida entre a comunidade, pois inténtase simplificar a interacción co portal.

O equipo de administración da Forxa de Mancomún agradecerá que se lle notifique calquera erro debido ao novo deseño para que poida ser arranxado o máis pronto posible, e así continuar traballando en facer que este proxecto siga sendo un dos referentes máis importantes do Software Libre na nosa comunidade.

http://www.mancomun.org/images/stories/clamav_logo.jpg

Sourcefire anunciou a merca de ClamAV aos cinco líderes do popular proxecto de código aberto.

Como se agardaba, o anuncio suscitou todo tipo de reaccións na comunidade ClamAV. Tomasz Kojm, un dos membros do núcleo de ClamAV, daba a coñecer a nova nas listas públicas agradecendo á comunidade o duro traballo e dedicación ao proxecto. Ademais presentaba a adquisición por parte de Sourcefire coma unha fonte de novos recursos para seguir traballando coa comunidade no avance de ClamAV.

A continuación detallaba que, aínda que eles seguirán no equipo desenvolvedor, a partir de agora Sourcefire asume todo o control e pasa a ser o dono do proxecto ClamAV, incluíndo desde o dominio e todo o contigo de clamav.org, ata o código fonte desenvolvido polos cinco membros principais…

De cara aos usuarios finais, Tomasz asegura que notarán poucos cambios e, a parte máis importante a priori, que o motor de ClamAV e a súa base de datos de firmas seguirán baixo licenza GPL.

Respecto ao novo enfoque comercial, o CEO de Sourcefire, Wayne Jackson, declarou que ademais de dar soporte e formación, crearán unha nova licenza para os provedores que empreguen o motor en terceiros productos, e que non necesariamente se acollerá á GPL.

Fonte da nova e máis información en:
vnunet.es

Hai uns días publicouse na forxa de mancomun.org a primeira demo funcional do GtkMediaPlayer. GtkMediaPlayer é un “widget GTK+” que permite reproducir vídeo empotrado nas aplicacións GTK utilizando mplayer como reprodutor. Polo tanto, con este widget pódese reproducir calquera fonte que sexa capaz de reproducir mplayer dentro de calquera aplicación que se desenvolva con GTK.

O propósito principal deste proxecto é a ilustración da construción dun widget GTK+ e a súa integración en glade. Tamén é un bo exemplo do control e comunicación de procesos.

O Widget GtkMediaPlayer aprovéitase da facilidade ofrecida polo reprodutor mplayer de amosar a súa saída na ventá elixida polo usuario mediante o parámetro -wid e do Widget GTK+ GtkSocket para ofrecer unha API de programación que permita empotrar vídeo/son nas nosas aplicacións GTK+ e o desenvolvemento visual mediante glade e libglade.

Xunto coa versión beta tamén hai dispoñibles uns vídeos en YouTube demostrando o seu funcionamento:

Proba de funcionalidade do programa:

Uso do widget con glade:

 

Captura da proba de funcionalidade do programa (prema na imaxe para ver a tamaño completo):

 

http://www.mancomun.org/images/stories/widget_mplayer_gtk_pequena.jpg

 

Máis información na páxina do proxecto nas seguintes ligazóns:
https://forxa.mancomun.org/projects/gtkmediaplayer/
http://web.iesrodeira.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal