Mercan o antivirus ClamAV

Mercan o antivirus ClamAV
http://www.mancomun.org/images/stories/clamav_logo.jpg

Sourcefire anunciou a merca de ClamAV aos cinco líderes do popular proxecto de código aberto.

Como se agardaba, o anuncio suscitou todo tipo de reaccións na comunidade ClamAV. Tomasz Kojm, un dos membros do núcleo de ClamAV, daba a coñecer a nova nas listas públicas agradecendo á comunidade o duro traballo e dedicación ao proxecto. Ademais presentaba a adquisición por parte de Sourcefire coma unha fonte de novos recursos para seguir traballando coa comunidade no avance de ClamAV.

A continuación detallaba que, aínda que eles seguirán no equipo desenvolvedor, a partir de agora Sourcefire asume todo o control e pasa a ser o dono do proxecto ClamAV, incluíndo desde o dominio e todo o contigo de clamav.org, ata o código fonte desenvolvido polos cinco membros principais…

De cara aos usuarios finais, Tomasz asegura que notarán poucos cambios e, a parte máis importante a priori, que o motor de ClamAV e a súa base de datos de firmas seguirán baixo licenza GPL.

Respecto ao novo enfoque comercial, o CEO de Sourcefire, Wayne Jackson, declarou que ademais de dar soporte e formación, crearán unha nova licenza para os provedores que empreguen o motor en terceiros productos, e que non necesariamente se acollerá á GPL.

Fonte da nova e máis información en:
vnunet.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal