Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/odflogo.png«Open Document Format» (ODF), o estándar ISO aprobado para os documentos electrónicos, foi convertido en estándar en Lituania o 31 de xullo. O Comité Lituano de Estándares publicou recentemente a decisión sobre ODF no seu sitio web.

«A aprobación do ODF é un paso cara a unha sociedade da información segura e aberta», comentou nunha declaración a organización lituana de código aberto «Atviras kodas Lietuva» (AKL)…

«O ODF axuda a garantir a neutralidade tecnolóxica e traerá beneficios económicos ao país», dixeron os defensores do código aberto. Ao aprobar o ODF para o seu uso polo goberno, faise máis fácil para a xente seleccionar calquera dos paquetes ofimáticos distribuídos gratuitamente e de código aberto, como o OpenOffice.org ou o AbiWord. ODF está admitido ademais por aplicacións ofimáticas privativas tales como o Workplace de IBM e o software de procesado de texto en liña de Google Writely.

AKL foi partidaria da adopción do ODF e salientou a súa importancia no uso gobernamental.

O grupo agarda que as institucións gobernamentais prefiran ODF sobre outros formatos.

Fonte:
IDABC

A División de Recrutamentos do Exército turco, que forma parte do Ministerio de Defensa, está a migrar á distribución de GNU/Linux Pardus os seus 4 500 equipos de escritorio e mais de 500 servidores. O proceso de migración comezará en outubro e levará aproximadamente catro meses.

É a migración a Software Libre máis importante de toda Turquía até o de agora. O Ministerio de Defensa estivo a preparar a migración a Software Libre durante máis dun ano. Recentemente decidiu empregar a distribución Pardus desenvolvida polo Instituto Nacional Turco de Electrónica e Criptoloxía (Uekae)…

Para poder facer unha migración sen demasiados problemas, o Ukea traballará con dúas compañías de servizos dedicadas ás tecnoloxías da información. A substitución de sistemas operativos e operacións involucrará oficinas en máis de sesenta cidades.

Cada ano as administracións públicas en Turquía pagan millóns pola adquisición de software; con esta migración, de seguir, reduciranse os custos en licenzas.

Estímase que en Turquía, a distribución de GNU/Linux Pardus, conta con máis de 200 000 usuarios.

Fonte: IDABC

http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpgA sección de novas de GIMP infórmanos que a versión estable de GIMP 2.4.0 está a piques de saír. Os desenvolvedores de GIMP xa publicaron unha primeira versión candidata da nova versión de GIMP 2.4.0. Isto marca o fin do ciclo de desenvolvemento quedando as novas características finalizadas e a API conxelada, inda quedando por corrixir algúns “bugs” e outros cambios pendentes de menor importancia.

Dende a web anímase a colaborar no “testing” desta versión 2.4.0-RC1 estando dispoñible para a súa descarga dende o ftp de GIMP.

Fonte: GIMP  

http://www.mancomun.org/images/stories/ucorunha_web.png Xa está publicado na nosa sección de descargas o 6º informe de políticas e iniciativas da UDC, no marco do convenio asinado con mancomun.org, que comprende o período de maio-xullo do 2007.

Este documento, que forma parte dos traballos editados polo Observatorio de Software Libre de Galicia, fai unha análise das principais políticas e iniciativas no eido do Software Libre do período que vai de maio de 2007 a xullo de 2007.

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png Este é o anuncio oficial do lanzamento de Debian, feito por Ian Murdock 14 anos atrás. Ian Murdock decidiuse a crear Debian despois de usar SLS por un tempo e quedar bastante “decepcionado” coa mesma. Así naceu Debian un 16 de agosto de 1993, unha das distribucións de GNU/Linux máis famosas e usadas no mundo e un dos proxectos GPL con máis duración, senón o máis duradeiro.

Durante todo este tempo, Debian tampouco estivo exenta de polémicas. Unha das últimas foi a inclusión de contido con licenza Creative Commons dentro dos seus repositorios, ou as súas directrices de Software Libre

500 millóns de U$, a pagar en accións e diñeiro en efectivo, é o prezo que Citrix ten que pagar pola adquisición de XenSource, unhas das alternativas libres para a virtualización de computadores. A pesar de que XenSource conta tan só con 650 clientes comerciais, Citrix espera que os seus produtos cheguen a un mercado máis grande grazas a que o seu canal de ventas é máis amplo.

Segundo anunciou Peter Levine, CEO de XenSource, o traballo da versión Open Source de Xen continuará sendo unha iniciativa independente xestionada pola “comunidade”…

Fonte:
http://www.vivalinux.com.ar/biz/citrix-compra-xen.html

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome.pngXa pasaron 10 anos desde que un 15 de agosto do ano 97 Miguel De Icaza dixese: «Queremos desenvolver un conxunto completo e libre de aplicacións amigables e de ferramentas de escritorio, similares a CDE e KDE mais baseadas completamente en Software Libre». Foi daquela cando naceu GNU Network Object Model Enviroment, máis coñecido como GNOME.

Desde entón, foi evolucionando xunto con KDE a unha grande velocidade, a aprenderen un do outro até chegar na actualidade a ser un dos mellores contornos de escritorio que podemos achar…

Fonte:
DosBit

Visto en Agnix.org:
“Imaxina que dás unha conferencia usando diapositivas que creaches co OOoImpress ou outra ferramenta. Alguén (se cadra ti tamén) gravou o son, para poder colgalo na rede. Desgraciadamente as diapositivas non van no mesmo arquivo, polo que a xente que se descargue o son terá que coller por separado as imaxes e imaxinar cando hai que pasar á seguinte.

Cunha gravación en vídeo hai outro problema: normalmente as diapositivas son bastante ilexibles, a menos que se usen taxas elevadas e se situe a cámara preto da pantalla.”

É aquí onde SuperShow entra en escena. Este proxecto é obra de Sergio Costas, creador tamén do software DeVeDe 3.0…”

“Con el podes coller as túas diapositivas (tras exportalas a PDF) e a túa gravación de vídeo ou son, e mesturalas nun único ficheiro en formato Adobe Flash, que se pode reproducir desde a rede ou baixarse para velo en local. SuperShow permíteche sincronizar facilmente o son e as transicións das diapositivas, e che aisla da complexidade de crear ficheiros Flash desde Linux con SWFtools”.
 
Nova orixinal en Agnix.org:
http://www.agnix.org
http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifO servizo de FTP da Universidade da Coruña (UDC) xa é réplica oficial do coñecido paquete ofimático OpenOffice.org.

Con esta nova incorporación, a UDC amplía o seu catálogo de programas de Software libre que pon á disposición da comunidade a través do seu FTP público e a que cede parte do seu largo de banda. Deste xeito, tanto a comunidade universitaria, en particular, como toda Galiza, en xeral, contan cunha réplica próxima de que baixar os programas máis rapidamente.

Para alén do anterior, a UDC está a apostar polo OpenOffice.org a nivel administrativo como paquete ofimático para o manexo dos ficheiros no formato estándar ODT. Neste marco, a UDC distribuíu, recentemente, entre o seu persoal de administración e servizos uns CD de OpenOffice.org en galego, adaptados por Mancomun.org.

 

Como pode verse no URL http://distribution.openoffice.org/mirrors, a UDC é a segunda réplica oficial española en acadar a «categoría un», e a primeira galega.
 

A nova tamén na Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña

Unha das melloras que xa está incorporada no código do Firefox 3 é o xestor de descargas.

A primeira vista o principal cambio é que as descargas estan organizadas en activas e inactivas (completada ou cancelada) de modo que resulte máis sinxelo ver o que está a ocorrer. Outro cambio foi a modificación dos textos coas ligazóns de “pause” e “cancel” sendo substituídas polas iconas de “pause” e “stop” para un recoñecemento máis rápido.

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-download_manager01.png

As descargas rematas contan cunha icona de información que amosa os detalles incluíndo a hora de finalización, o enderezo da descarga e a ubicación no sistema de ficheiros. As descargas canceladas teñen unha icona de recomprobación, mentres que as descargas finalizadas teñen unha icona para abrir o ficheiro descargado.

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-download_manager02.png

 

O xestor conta cunha función de busca para procurar os ficheiros desexados por medio dun cadro de texto.

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-download_manager03.png

 

Outros cambios xa se estan a fornar, por exemplo, amosar información adicional na barra de estado, nun panel lateral ou incluso na barra de títulos.

Fonte: Mozilla Links

http://www.mancomun.org/images/stories/openbluelab_banner.jpgOpenBlueLab é un proxecto que ten coma obxectivo desenvolver un ERP web completo dende cero. A peculiaridade deste ERP é que os compoñentes da interface de usuario, os formularios e as interaccións [[Ajax]] do portal constrúense ao voo a partires do modelado UML que describe o sistema de información. Os compoñentes da interface de usuario xéranse dinamicamente, facendo que os datos se cumprimenten sen a necesidade de codificar calquera interacción coa base de datos.

A partires dun modelo UML en formato XMI os xeradores MDA (Model-driven architecture, Arquitectura Conducida polo Modelo) constrúen todos os ficheiros.

MDA é unha metodoloxía de deseño software proposta polo OMG. A idea é que o modelado e definición do sistema se manteña, chegando a un elevado nivel de detalle, sen se decantar por unha linguaxe de programación específica nin por unha plataforma de uso concreta, coas vantaxes asociadas a tal independencia de plataforma e linguaxe. A tradución posterior desta definición MDA a unha plataforma e/ou linguaxe específica faise normalmente con ferramentas automáticas de tradución (xeradores).

http://www.mancomun.org/images/stories/openbluelab_mda.jpg

Proceso de automatización empregando AndroMDA 

Este marco permite centrarse no deseño do sistema de información, xa que os formularios e a arquitectura do portal son xerados automaticamente.

OpenBlueLab é unha solución alternativa, baixo licenza (GNU/GPL), aos principais ERP privativos e está dispoñible para descarga desde a páxina do proxecto e tamén en sourceforge.

http://www.mancomun.org/images/stories/linux-desktop-survey.jpg A Linux Desktop Survey é unha votación/enquisa que pretende recoller datos do uso de computadores con GNU/Linux.

Para iso hai que contestar a unha serie de preguntas como que tipo de distribucións usamos frecuentemente, que contornos de escritorio ou que navegadores web.

Os datos polo de momento indican que a distribución de GNU/Linux máis usada é Ubuntu cun 32,2 % dos votos… 

 

Nos contornos de ventás hai unha dura competencia entre Gnome (37,1%) e KDE (43%). Nos navegadores hai un claro líder que é o Firefox co 59,1%.

Os resultados actuais pódense ver na seguinte ligazón:
Resultados momentáneos da Linux Desktop Survey 2007

Os resultados definitivos da votación do 2006:
Linux Desktop Survey 2006

Fonte:
DesktopLinux.com

http://www.mancomun.org/images/stories/compiz-fusion.jpgA primeira versión oficial de Compiz Fusion acaba de ser lanzada (notas do lanzamento). Este é o resultado de seis meses de traballo sobre Compiz Fusion. A primeira versión estable que será a 0.6.0 saíra despois da versión 0.6.0 de Compiz. Fai uns días tamén se comunicaba a elección do logo oficial de Compiz Fusion despois dun proceso de votación.

Compiz Fusion é o resultado da unión de partes do proxecto Beryl coa comunidade de complementos (plugins) de Compiz. Estas dúas comunidades xuntáronse para crear un produto para GNU/Linux que implementa un dos mellores escritorios 3D actuais…

A unión entre Compiz e Beryl, combinado co continuo incremento na estabilidade, fiabilidade e usabilidade en Compiz e un mellor soporte de drivers farán que Compiz Fusion esté incluído por defecto en moitas distribucións facendo moito máis sinxelo o uso do mesmo.

Pódese descargar Compiz Fusion 0.5.2 desde:
http://releases.compiz-fusion.org/0.5.2

 

Vídeo de demostración en YouTube:

http://www.mancomun.org/images/stories/pereiro.jpg O Concello do Pereiro de Aguiar está a desenvolver un estudo para avaliar a implantación da banda larga sen fíos. Esta iniciativa xurdiu coa finalidade de favorecer a integración dos seus veciños na Sociedade da Información e promover a xeneralización do uso das novas tecnoloxías e das comunicacións, dinamizando o desenvolvemento social do municipio e contribuíndo a eliminación da fenda dixital.

Este proxecto e as xestións relacionadas coa CMT (Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones, organismo que xestiona as telecomunicacións en España), estase a levar a cabo pola empresa ourensán Redegal S.L. xunto coa Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense – Universidade de Vigo, nun proxecto I+D+i dirixido por Javier Rodeiro Iglesias e Miguel Díaz-Cacho Medina. Para a implantación e xestión do mesmo, empregarase Software Libre, pola fiabilidade e seguridade que aporta, evitando, ao mesmo tempo, os custos derivados do software privativo.

 

No estudo inclúense as análises topográficas con probas de campo, estudo da rede lóxica, términos legais e estudo de saúde.

Con esta nova iniciativa o Concello trata de continuar coa aposta tecnolóxica que se comezou a desenvolver hai dous anos, coa creación do portal web, onde se poden consultar as actividades que se realizan, os servizos que se prestan, o patrimonio do Concello do Pereiro de Aguiar, e outros servizos.

No web de Hispalinux pódese achar unha representación bastante completa do que significa GNU/Linux en cada comunidade autónoma española. Desta forma, ao acceder ao mapa, podemos ver unha sinxela animación en que se explica algún dato representativo de cada comunidade autónoma en relación ao Software Libre, como por exemplo nos casos seguintes:

  • Estremadura: «A Junta de Extremadura, é a pioneira en España no uso intensivo do software libre. Linex, a súa distribución, é o exemplo mundial de uso de Linux nos sectores educativo e cidadán. Para máis información http://www.linex.org/».
  • Andalucía: «A comunidade andaluza adéntrase no mundo do software libre mediante a distribución Guadalinex. A súa iniciativa no mundo educativo coa instalación de miles de ordenadores a executaren Linux ponse en marcha desde o 2003-2004».
  • Galicia: para a nosa comunidade, o portal de Hispalinux está aínda a recompilar información, mais agardamos que en breve estea dispoñible a información.

Aínda hai pouca información dalgunhas comunidades, o que quere dicir que a representación non é o totalmente completa que debería ser. Aínda así, é unha boa forma de comprobar como se desenvolve o software libre en España.

Fonte:
Territorio Libre

http://www.mancomun.org/images/stories/tux_grande.jpgO fabricante de automóbiles francés «Peugeot Citroën» fará unha das migracións máis grandes a sistemas operativos con Software Libre para os seus computadores de escritorio, dos cales migrará uns 20.000, e tamén mercou o soporte para 2.500 servidores.

Peugeot converterá 20.000 dos seus 72.000 usuarios en GNU/Linux, para o que empregará a distribución Novell GNU/Linux SuSE Enteprise Desktop. O paquete tamén inclúe a versión 2 de OpenOffice.org modificada por Novell que garante a compatibilidade co formato de Microsoft Office. Tanto os computadores de usuario como os servidores terán que integrarse nunha infraestrutura Windows típica, incluíndo Active Directory e Microsoft Office…

Segundo parece, a migración segue aínda na fase inicial de formulación mais o seu proceso comezará axiña, segundo palabras de Guy Lunardi, directivo de Novell.Ao mesmo tempo, Lunardi salientou que o novo equipamento non requirirá clases de adaptación para o persoal agás por un pequeno folleto onde se recollen as principais diferenzas entre os sistemas.

Peugeot esta a programar o emprego das estacións con GNU/Linux nunha ampla variedade de áreas que van desde a manufacturación até as vendas.

Esta compañía xa completara un proxecto piloto para 300 usuarios baseado en Mandriva GNU/Linux, distribución dunha empresa francesa empregada actualmente no Ministerio de Agricultura e Pesca francés. No entanto, Lundardi non explicou o porqué do cambio de Madriva a Novell SuSE.

Máis información na fonte da nova:
InformationWeek

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal