Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/w3c-validator.pngO W3C vén de mellorar o seu servizo de validación de etiquetado sendo agora mellor, máis rápido e intelixente. O Validador de Etiquetado do W3C ten unha nova interface de usuario e un motor de validación con maior precisión e rendemento. Entre as novas características atopamos unha opción de limpeza do código empregando HTML Tidy e a comprobación de fragmentos de HTML. Dirixido polo W3C como un proxecto de software de código aberto, o validador de etiquetado é desenvolvido por profesionais da Web para profesionais da Web, e espera ser un paso máis importante en calquera proceso de calidade de desenvolvemento Web.

No historial de cambios podes obter un listado de todos os cambios e as novas características.

» Fonte da nova: oficina española do W3C

http://www.mancomun.org/images/stories/tux_grande.jpgO grupo francés PSA Peugeot Citroën está planeando unha migración a GNU/Linux para un amplo rango de usuarios da empresa, desde os vendedores até os empregados das fábricas de produción, converténdose así nunha das maiores migracións a escritorios GNU/Linux.

Segundo fontes da compañía, durante un relatorio na LinuxWorld de San Francisco, “a migración está nunha fase embrionaria pero da cal pasará pronto”.

Peugeot migrará 20.000 escritorios de usuario a GNU/Linux usando Suse Linux Enterprise Desktop. O paquete inclúe a edición de Novel de OpenOffice.org 2 que garante a compatibilidade cos formatos propietarios de Microsoft Office…

A compañía tamén afirmou que os traballadores da compañía teñen un nivel de coñecemento informático a nivel de usuario básico, pero que non contrataron a ningún experto para esta migración xa que os novos escritorios non requiren de ningún  aprendizaxe especial  máis alá dunha páxina a dúas caras cunhas breves explicacións.

 
Así mesmo Peugeot tamén comprou soporte para 2.500 servidores con SUSE Linux. Tanto os computadores de usuario como os servidores terán que integrarse nunha infraestrutura Windows típica, incluíndo Active Directory e Microsoft Office.
 
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.informationweek.com

Warren Woodford, fundador de MEPIS, anunciou a dispoñibilidade dun LiveDVD de proba da popular distribución que inclúe a primeira Beta de KDE 4.0 para verificar a compatibilidade de KDE 4 con SimplyMEPIS 7.0.

MEPIS KDE 4 Beta 1 Live DVD está baseado no mesmo núcleo Debian 4.0 “Etch” que empregará SimplyMEPIS 7.0, con versións para 32 bits e 64 bits de aproximadamente 1Gb cada unha.

Como a funcionalidade de KDE 4 é fundamentalmente diferente da que ten KDE 3 e aínda se atopa nun estado inicial de desenvolvemento, unha instalación mínima de KDE 3 consérvase no disco ríxido para facilitar a exploración do sistema.

 

Fonte:
http://www.vivalinux.com.ar

O xuíz Dale A. Kimbal nunha sentenza de 102 páxinas determinou que os dereitos que SCO reclamaba sobre Unix son propiedade de Novell. Esta sentenza pode rematar co caso que SCO tiña aberto contra IBM polo mesmo motivo dende o ano 2003.

A sentenza tamén pode favorecer ao software de código aberto como GNU/Linux modelado de forma indirecta sobre o sistema operativo Unix. A dúbida sobre a propiedade de Unix expoñía un factor de limitación para os directores informáticos que querían adoptar software de código aberto.

 

Nesta nova situación Novell é propietario dos dereitos de UnixSVR e UnixWare, e SCO debe pagar a Novell polas licenzas de Unix SVRX que vendeu a Microsoft e Sun. 

Fonte:
http://www.theinquirer.es

Motorola anunciou, durante o LinuxWorld, os seus planos de instalar Linux no 60 por cento dos seus terminais dentro de dous anos, apostando deste xeito forte por Linux para os seus teléfonos móbiles.

O irmán maior do Razr para redes GSM, o Razr2 V8, xa está á venda en Asia e chegará a Estados Unidos dentro de dous meses como o primeiro móbil de Motorola con Linux.

Tradicionalmente os teléfonos móbeis empregaron sistemas operativos privados. Motorola e outros moitos vendedores abriron as súas plataformas a contornos de software Java e Brew, mais Linux axudará a estender a comunidade de desenvolvedores de software e servizos, que se está a converter nunha parte cada vez máis importante dos teléfonos móbeis. Motorola vendeu preto de nove millóns de terminais baseados en Linux nos últimos catro anos e agora está a estender o sistema operativo desde os modelos exclusivos de gama alta a outros propios do mercado de consumo, coma o Razr2.

Durante o LinuxWorld, que se ten lugar en San Francisco (EE UU), Motorola presentou o Motomagx, a última plataforma Linux móbil. Motomagx ofrece unha nova opción de desenvolvemento chamada WebUI que axuda a levar as aplicacións Web 2.0 aos teléfonos. Isto permítelles ao desenvolvedores que empregan ferramentas como AJAX (Asynchronous JavaScript and XML) presentar as súas aplicacións nun teléfono móbil a través dun navegador de fonte aberta. Segundo Motorola WebUI, Java e Linux serán os maiores contornos de desenvolvemento dos seus teléfonos Linux.

Fonte: vnunet.es

GeOxygene ten como obxectivo o proporcionar un marco aberto que poña as especificacións de OGC/ISO en execución para o desenvolvemento e o despregamento dos usos xeográficos. É unha contribución aberta do COGIT laboratory ao IGN (Institut Géographique National), da French National Mapping Agency.
 
Esta ferramenta está licenciado baixo  [[LGPL]] e ademais é independente do sistema operativo empregado, posto que foi desenvolvida nunha linguaxe de programación interpretada (Java). Prove un modelo de datos orientado a obxectos extensible (características xeográficas, xeometría, topoloxía e metadatos) para o cal implementa as especificacións OGC e estándares ISO en dominios de información xeográfica. O soporte da interface de Java vén da man do proxecto open source GeoAPI project.

 
O almacenamento de datos faise en sistemas xestores de bases de datos relacionais (RDBMS) . Até o momento están soportados OJB, Oracle e PostGIS

 

Descarga da aplicación: Sourceforge

O diario “El País” publicou hoxe o borrador de Mandato-Marco que servirá para regular os próximos nove anos de Radio Televisión Española. O texto dedica un interesantísimo espazo ás novas tecnoloxías dos que cómpre salientar os parágrafos seguintes:

«A Corporación RTVE considerará no seu portal multimedia o emprego de tecnoloxías abertas mediante licenzas de uso para o público en xeral. A Corporación RTVE achegará contidos de servizo público de son e de vídeo que poderán ser reutilizados sen finalidade comercial

«A Corporación RTVE procurará que eses arquivos, quer de dominio público quer suxeitos a restricións, teñan presenza en buscadores e poidan ser vistos ou escoitados a través das redes telemáticas, fixas e móbiles, de acordo coas condicións de uso e de accesibilidade que aprobe o Consello de Administración.»

Tamén cómpre salientar que poñerá en marcha unha plataforma multimedia de contidos de acceso público:

«A Corporación RTVE poñerá en marcha unha plataforma interactiva multimedia que dará servizo á audiencia, en que ofertará progresivamente contidos á carta e interactivos, con especial interese, nos protocolos das redes de IP, de internet convencional e o emprego a través de dispositivos de mobilidade. Esta plataforma actuará como punto de encontro para o intercambio, a distribución e a difusión de contidos específicos en multimedia.»

Fonte: El País

Knowledge Tree, é un sistema de xestión documental [[Open Source]]. A aplicación, con arquitectura web, proporciona un ‘almacén’ ou repositorio de documentos, soporta o desenvolvemento de fluxo de traballo, circulación de documentos, publicación de contidos e incluso definición de métricas relativas á xestión de contidos. Inclúe un control avanzado de versións de documentos, múltiples tipos de procura, campos para a definición polo usuario de metadatos para os documentos, un panel de control que se pode personalizar á medida das necesidades do usuario, etc. Ofrece soporte para a xestión dos documentos máis comúns: PDF, TXT, HTML, etc.

Algunhas das súas características son:

  • Emprego da función arrastrar e soltar ficheiros  a través dun navegador ou por [[WebDAV]]
  • Procura por contidos dos documentos ou metadatos
  • Escaneado de documentos por [[OCR]] directos ao repositorio
  • Potente modelado de permisos
  • Integración con [[LDAP]]
  • Dispoñible en máis de 20 idiomas
  • Servizos web estendidos usando ou uso da [[API]] de [[PHP]]

Descargas: Knowledge Tree

Soporte oficial: http://www.knowledgetree.com/  

NUT é un software de nutrición, de balde e código aberto, que rexistra o que comes e analiza as túas comidas para controlar os niveis de nutrientes en termos de valor diario ou DV. A base de datos que inclúe o programa é o estándar que ten o USDA (United States Department of Agriculture) a cal contén 7293 alimentos e 140 nutrientes.

Este software foi escrito para sistemas GNU/Linux, inda que tamén conta cunha versión compilada para MS-DOS. Facendo probas pódese atopar o nivel óptimo xogando coa comida e as cantidades.

Entre as características que inclúe NUT:

  • 7293 alimentos e 140 nutrientes – a última base de datos completa do USDA.
  • Alimentos fáciles de atopar e engadir ás comidas diarias.
  • Configuración dende 1 ata 19 comidas ao día e calquera plan dietético.
  • Análise da comida para calquera número de comidas consecutivas.
  • Presenta dun xeito sinxelo os resumos do porcentaxe e análise nutriente, incluíndo os ácidos graxos esenciais Omega-3 e Omega-6.
  • Suxire os alimentos baseados na dieta actual.
  • Pode crear dun xeito sinxelo as bases de datos adicionais para outros membros da familia.
  • Permite a memorización de receitas e de comidas frecuentes.
  • Funciona en GNU/Linux, Un*x, Windows (DOS).

Máis información do software en: http://www.lafn.org/~av832/

http://www.mancomun.org/images/stories/galite.png O xoves 16 de agosto comeza, outro ano máis, a Partyfoz 2007, que volve abrir as súas portas para permitir a entrada de todos aqueles aficionados á informática e a tecnoloxía que queiran. GALITE, unha asociación de Foz dirixida a promover o software e a cultura libre e máis o Concello de Foz son organizadores deste evento que durará até o 19 de agosto.

Ademais dos habituais concursos haberá charlas relacionadas co Software Libre.

A web da party é a seguinte http://www.galite.org/partyfoz e nela tamén se atopa dispoñible o cartel da mesma…

Máis información sobre os distintos concursos e eventos na web oficial da party:
http://www.galite.org/partyfoz/

http://www.mancomun.org/images/stories/socnetv.pngSocNetV (Social Network Visualiser) é un programa para GNU/Linux que che permite crear ou representar unha rede social (previamente creada con Pajek ou Sociomatrix, por exemplo) ademais de calcular propiedades tales como distancias, diámetros, puntos máis céntricos e outras características da mesma; pero sempre mantendo a premisa K.I.S.S..

O programa só necesita as bibliotecas Qt para funcionar e o seu manexo é moi intuitivo xa que poderemos modificar as redes simplemente usando o rato…

 

Captura de pantalla de SocNetV (prema na imaxe para ver máis capturas):

 

http://www.mancomun.org/images/stories/rede_social.jpg
 

Máis información na páxina do proxecto ou en kde-apps.org.

 

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner.jpgO día 9 de agosto de 2007 remata o curso de OpenOffice.org Writer impartido no Centro Comarcal de O Carballiño e organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
 
A Rede de Dinamización e o Centro Comarcal, en colaboración con Mancomun, acolleu dende o 30 de xullo ata o 9 de agosto o curso de OpenOffice.org Writer, en horario de 19:00 a 22:00 horas. En total foron 25 horas repartidas en nove sesións.

 
Ademais das ferramentas e posibilidades que brinda o procesador de textos, tamén se fixo fincapé no Software Libre como unha alternativa válida ao software privativo que utilizamos normalmente por descoñecemento…

Fonte orixinal:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

daloRADIUS é unha aplicación web para xestión de hotspots e instalacións de [[ISP]] comúns. Algunhas das súas características son a xestión de usuarios, informes gráficos, contabilidade ou un motor de facturación.

Está escrita en PHP e JavaScript e utiliza MySQL como base de datos e está baseada en FreeRADIUS. Ademais das características citadas antes, tamén implementa ACL (listas de control de acceso), integración con GoogleMaps para a localización de hotspots e puntos de acceso…

Páxina do proxecto en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/daloradius

Wiki do proxecto:
http://daloradius.sourceforge.net/wiki/index.php/Main_Page

TORCS (The Open Racing Car Simulator) é, como o seu nome o indica, un simulador de carreiras de coches multiplataforma xa que corre tanto en GNU/Linux como en FreeBSD, MacOSX e Windows.

Lanzado baixo a licenza [[GPL]], o TORCS conta con máis de 50 coches cos cales correr, en máis de 20 circuítos contra máis de 50 opoñentes de variada dificultade. Entre os autos atopamos vehículos de tracción dianteira, traseira, integral, Nascar e Off-road. Este xogo conta con variados modos de xogo incluíndo carreira simple, carreira rápida, endurance (24hs), así como tamén campionato de categorías e carreira DTM.

Conta cun motor de simulación e danos excelente, podendo simular o desgaste das gomas, sucidade na pista, e algúns efectos gráficos como poder ver os discos de freo a lume vivo.

Páxina web: TORCS

Descarga: TORCS 1.3.0

O software Origyn Web Browser (OWB), creado por Pleyo e liberado recentemente baixo unha licenza BSD, foi deseñado para o seu uso nun amplo rango de dispositivos de consumo electrónicos, como teléfonos móbiles, reprodutores multimedia portables, dispositivos GPS, PVR e outros máis.

OWB está baseado no motor de navegación web WebKit de Apple que fai que OWB use os últimos estándares web permitindo o acceso a servizos web externos con total compatibilidade…

 

Máis información sobre este software na páxina web de Pleyo:
http://www.pleyo.com

Fonte orixinal da nova:
http://www.linuxdevices.com

http://www.mancomun.org/images/stories/webissues.pngWebIssues é unha aplicación que permite a xestión de erros ou incidencias no contorno dun equipo de traballo. Con esta ferramenta pódese levar a xestión tanto de erros de software como doutro tipo de incidencias dende a súa apertura até o fin do proceso, permitindo incluír adxuntos, atributos e comentarios en cada un deles.
 
O programa servidor pode ser instalado en calquera computador con PHP e [[MySQL]], [[PostgreSQL]] ou SQL Server. A aplicación cliente está dispoñible tanto para Windows como para GNU/Linux…

Captura de pantalla do cliente de WebIssues (prema na imaxe para ver máis capturas):

 

http://www.mancomun.org/images/stories/webissues_screen.png

 

As distintas versións tanto do servidor como do cliente pódense descargar no seguinte enderezo:
http://webissues.mimec.org/downloads

Páxina do proxecto:
http://webissues.mimec.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal