O W3C vén de mellorar o seu servizo de validación de etiquetado sendo agora mellor, máis rápido e intelixente. O Validador de Etiquetado do W3C ten unha nova interface de usuario e un motor de validación con maior precisión e rendemento. Entre as novas características atopamos unha opción de limpeza do código empregando HTML Tidy e a comprobación de fragmentos de HTML. Dirixido polo W3C como un proxecto de software de código aberto, o validador de etiquetado é desenvolvido por profesionais da Web para profesionais da Web, e espera ser un paso máis importante en calquera proceso de calidade de desenvolvemento Web.
No historial de cambios podes obter un listado de todos os cambios e as novas características.
» Fonte da nova: oficina española do W3C