Mancomún

O último estudo de XiTI Monitor revela o uso de navegadores durante a primeira semana de xuño, e demostra o crecemento de Firefox, o navegador da Mozilla Foundation. En España xa case se chega ao 20% (ver gráfico), e destacar que entre os usuarios da web de mancomun.org o seu uso increméntase até o 34,86%.

O aumento da cota de mercado de Firefox fíxose patente en todos os países do continente europeo, onde ademais se produciron incrementos incribles como o de Irlanda, que pasou do 24,9% da primeira semana de marzo ao 38,6% da primeira de xuño.

Hungría tamén foi un dos países máis activos no uso de Firefox, pasando do 27,2% ao 38,7%. En España o crecemento foi dende un 15,7% até un 19,1%.
 
Gráfico de uso de Firefox en Europa (prema para ver máis grande):
http://www.mancomun.org/images/stories/uso_firefox.png

 
Fonte da nova:
The Inquirer ES

O ano pasado o Concurso Universitario de Software Libre presentouse como unha iniciativa que partía de alumnos, docentes e entidades vinculadas á Universidad de Sevilla. Un ano despois, impulsados polos gratos resultados, veñen a consolidar esta iniciativa como unha realidade.

Por segundo ano consecutivo preséntase o Concurso Universitario de Software Libre, unha iniciativa máis á beira das correntes de Software Libre que se están creando e consolidando nas universidades.Un ano máis o obxectivo principal do concurso é seguir estimulando aos estudantes universitarios a que se involucren na participación e creación de proxectos de Software Libre…

coas metas en mente de fortalecer á comunidade no ámbito universitario e promover a xeración de coñecemento en forma de Software Libre que reverta en beneficio de toda a sociedade.
 
A data de inscrición está aberta até o 15 de setembro de 2007.
 
 
http://www.mancomun.org/images/stories/ii_concurso_universitario.png

 
O ano pasado participaron 135 estudantes con 93 proxectos presentados de universidades de todo o país, e entre eles houbo representación das 3 universidades galegas.
 
A web do concurso:
http://concursosoftwarelibre.org

http://www.mancomun.org/images/stories/stoq.pngStoq é un sistema de ventas avanzado que ten como principais características a usabilidade, o soporte de dispositivos (impresoras de tickets, básculas electrónicas, impresoras e lectoras de códigos de barras, etc…) e características moi interesantes para os vendedores, entre as que destacan:

Características

  • Interfaces deseñadas con coidado e baseadas en estudos de usabilidade.
  • Produto dividido en diversas aplicacións (módulos), áreas e departamentos específicos dunha empresa.
  • O sistema posúe configuracións especiais preestablecidas para os principais tipos de establecementos, destacando os supermercados, tendas de mobles e/ou electrodomésticos, roupa, calzado e até gasolineiras.

  • Creación automática de recibos con datas de vencemento en concordancia coas diferentes datas de pagamento das empresas provedoras de crédito.

  • Soporte para vales de compra como forma de cobro, con posibilidade de devolución dos cartos ou facturación do valor restante a pagar.

  • Diferentes formas de cobro configurables: cartos, cheques, vales, etc …

  • Stoq soporta o control de múltiples unidades e/ou filiais dunha empresa. Unha vez engadida a filial, o control do stock é automático e transparente.

  • Multiusuario, con xestión de perfís e control de permisos.

  • Control de tributos.

  • Libros fiscais e liquidación de impostos (ICMS, ISS e IPI).

  • Soporte para impresoras fiscais, de cheques e de código de barras.

  • Soporte para balanzas electrónicas, teclados multifunción, lectores de código de barras…

 

Stoq pódese descargar lista para instalar para as distribucións de GNU/Linux máis coñecidas, como código fonte e incluso existe un Live-CD para poder probar o software sen necesidade de instalalo.

 

Páxina do proxecto:
http://www.stoq.com.br

Capturas de pantalla da aplicación

http://www.mancomun.org/images/stories/firefoxfalagalego.png

Ousli vén de liberar un complemento,  FirefoxFalaGalego, para o navegador de Moziila que permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego. O complemento pódese instalar dende a páxina de complementos para o navegador firefox. 

Para utilizar o complemento so fai falla seleccionar un texto en castelán e premer as teclas ALT + G. Despois de esperar a resposta por parte do servizo Opentrad, amosarase nun div a tradución do texto seleccionado.

Fonte: Ousli  

O Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela organizou no mes de xullo un curso titulado Deseño, implantación e configuración de dominios Linux para ensinar aos docentes de ciclos de formación profesional a empregar o Software Libre tanto como usuarios como a xestionar redes baseadas en sistemas libres nos seus centros. O curso foi impartido polos profesores de informática Carlos Carrión, profesor do I.E.S. San Clemente de Santiago de Compostela, e Antonio de Andrés, profesor do I.E.S. Pazo de Mercé onde se imparten os ciclos formativos de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
Curso do Cefore de Santiago
Sesión do curso celebrado no I.E.S. San Clemente
 

Esta acción formativa, de trinta horas de duración e con 29 matriculados, foi dirixida a profesores de ciclos formativos de informática pero tamén da rama electrónica ou administrativa e está pensada para que os docentes comproben que poden facer o mesmo en GNU/Linux ca en Windows e que pode ser unha ferramenta importante e de fácil manexo para a súa actividade educativa. Dado o diverso coñecemento sobre Software Libre dos matriculados, algúns segundo nos contan sabían máis ca eles, optouse por comezar desde cero e partir dun nivel básico. 

Segundo Carlos Carrión o obxectivo de mínimos do curso sería que cada profesor tivese, cando menos, un arrinque dual no seu computador con GNU/Linux e Windows é que se decate de que pode funcionar sen dificultades cun sistema operativo libre. Por unha banda ensinóuselle aos alumnos todo o que Linux pode ofrecer en canto a aplicacións e potencialidades. Por outra banda que en Linux pódese traballar cun sistema de usuarios polo que pode acceder ás súas aplicacións e aos seus documentos en calquera outro computador.

Os responsables do curso tentaron cambiar un pouco a metodoloxía didáctica. En anteriores accións formativas tentábase facer documentación que fose click a click describindo os diferentes procesos que se levaban a cabo.  Esta vez optouse por un wiki que, segundo nos conta Antonio de Andrés, ten coma vantaxe ademais do dinamismo que ten este formato dixital sobre o papel o feito de poder ser ampliados e actualizados. De feito recoñecen que a documentación xerada excede os propios límites do curso pero que servirá de referencia para os alumnos e permitirá engadir contidos novos de xeito periódico.    

Tentouse evitar en todo momento a temida consola de comandos e recorrer a aplicacións gráficas como as distros Ubuntu ou Mandriva e a administración de sistemas Unix Webmin. Procurouse poñer máis sinxelas posibles como adaptar o menú contextual que sae ao premer co botón dereito para que apareza a opción de abrir como superusuario.   

Software Libre nos centros 

Os responsables do curso confirman o crecente interese polo Software Libre entre os ensinantes. Explican que este cambio é lento pero que debe ser así para que o cambio non sexa traumático e contraproducente por iso os materiais didácticos prestan atención a tecnoloxías híbridas que nun primeiro momento poden servir de chanzo intermedio para a migración. 

O factor clave según afirma Antonio de Andrés é a vontade dos usuarios de cambiar, algo que cada vez é máis palpable, ao existir xa unha tecnoloxía que permite un fácil manexo das ferramentas informáticas. Sen embargo os hábitos adquiridos fai que a xente vexa os defectos de Linux e non os de Windows simplemente porque son problemas novos e o usuario xa leva investido moito tempo no sistema propietario. É máis, avogan por destruír o mito de que Linux é un sistema perfecto xa que isto funciona como arma de dobre fío para as persoas que se enfrontan con el por primeira vez. Simplemente se trata dun sistema operativo cos seus defectos e evidentes vantaxes.

Quizais a clave estea no que apunta Carlos Carrión: cando os usuarios menos interesados na informática e sen especial interese na informática accedan coa mesma facilidade a un computador con Linux que a un con Windows terase acadado a igualdade.   

 

Øvind Kolås, un dos desenvolvedores do programa de manipulación de imaxes denominado Gimp, realizou unha demostración da que será a nova biblioteca gráfica, chamada GEGL.

Esta biblioteca permitirá a Gimp superar algunhas limitacións de deseño que impediron varias melloras da aplicación, como o contorno gráfico ou por exemplo o soporte nativo para [[CMYK]], para poder traballar con imprentas.

As características completas de GEGL pódense atopar en http://www.gegl.org/#Features

Fonte:
http://www.noticiaslinux.com

Conduit é unha solución de sincronización para GNOME que permite aos usuarios coller os seus correos electrónicos, ficheiros, marcadores e calquera outra tipo de ficheiros con información persoal e sincronizalos con outro computador, un servizo online ou incluso con outro dispositivo electrónico.

Conduit xestiona a sincronización e a conversión dos datos a outros formatos. Por exemplo, Conduit permítelle:

  • Sincronizar as notas de tomboy noutro computador
  • Sincronizar os seus correos electrónicos no seu teléfono móbil
  • Sincronizar os seus marcadores en delicious, gmail ou incluso no seu propio servidor web

 

Captura de pantalla de Conduit:http://www.mancomun.org/images/stories/conduit.jpg

 

Páxina oficial do proxecto:
http://www.conduit-project.org/

http://www.mancomun.org/images/stories/universidade-pablo-olavide.jpg

O Departamento de Dirección de Empresas da Universidade Pablo Olavide de Sevilla publicou unha enquisa de cara a realizar un estudo sobre a aceptación de ERP libres baseados en Código Aberto (ERP-OSS).

O interese do estudo radica en avaliar o impacto que estas ferramentas teñen nas organizacións. O traballo está dirixido polos mestres Salvador Bueno e Dolores Gallego.

A enquisa pretende coñecer o uso e opinións sobre un ERP baseado en Código Aberto por parte das empresas. Anímase a todas as empresas a cumprimentar o cuestionario, que non rouba máis de dez minutos, sendo a participación pública e anónima.

A Oficina de Patentes Europea (EPO) organizou este mes de xullo unha conferencia na que foron invitados uns 100 membros do parlamento, representantes da industria, ONG e expertos. O obxecto do evento foi examinar a situación actual en relación co debate sobre as patentes de software.

A principal conclusión, despois de dous anos do seu rexeitamento no Parlamento Europeo, é que non reabrirán o debate sobre as patentes de software, nin promoverán nova lexislación neste eido.

Segundo se le na propia páxina da EPO: “Todos os relatores recibiron con inequívoco agrado a oportunidade de discutir o asunto a alto nivel, e deixaron claro que un novo debate sobre as invencións implementadas con computadores seguido de modificacións legais non era nin necesario nin desexable”.

Fonte.- European Patent Office 

Extrema é unha potente ferramenta de visualización e análise de datos que permite aos investigadores traballar facilmente sobre as complexas e enormes estruturas de datos para extraer a información máis relevante. A flexibilidade de Extrema permitiralle desenvolver os seus propios comandos para crear gráficos totalmente personalizados.

A pesar de que a linguaxe de comandos de Extrema é famosa por ser moi intuitiva e fácil de usar, a interface gráfica simplifica este proceso ainda máis mostrando todas as opcións dispoñibles…

 
O sistema de axuda de Extrema inclúe non só a axuda básica de como executar o programa, senón que tamén inclúe exemplos de uso, de scripts, de gráficos de saída e detalles da teoría matemática e estatística  que afecta a cada un dos comandos.

Extrema era anteriormente coñecida como “Physica“. 

Capturas de pantalla do software (prema na imaxe para ver máis):

https://sourceforge.net/dbimage.php?id=103548

Páxina do proxecto en SourceForge.net:
https://sourceforge.net/projects/extrema

WOS (Webserver On Stick) é un paquete de aplicacións que serve para executar un servidor web, baixo Windows (dende 98 até Vista), baseado en Apache, MySQL e PHP dende unha memoria USB ou calquera outro dispositivo escribible (disco duro, tarxeta flash…) sen necesidade de instalación.

Hai 3 versións diferentes de WOS, dúas delas GNU/GPL; WOS portable e WOS X e unha terceira comercial, WOS presenter.

WOS Portable, é a versión básica. Entre as súas características destaca:

  • Ten licenza GNU/GPL.
  • Vén cunha serie de software preinstalable para escoller: Apache2, Apache2_SE, ImageMagick, MySQL5, MySQL5_SE, PHP4, PHP4_SE, PHP5, PHP5_SE, Drupal, Joomla, MediaWiki, Moodle, OS_Commerce, PHPMyAdmin, PunBB, TYPO3, WordPress, knowledgeroot.
  • Hai unha opción PREMIUM dende onde se pode acceder á descarga de moitos máis paquetes software (Coppermine, e107, eGroupware, eZPublish, GTD-PHP, Ilias, ImageMagick 6, OpenDB, phpwcms, Redaxo, TikiWiki), obtense soporte gratuíto e a posibilidade de avaliar as novas versións antes de que sexan liberadas. Para ser un usuario PREMIUM só esixen unha doazón mínima dun euro.
  • Descarga dos paquetes. 

WOS X está deseñado para desenvolvedores e administradores.

  • Proporciona unha ferramenta de control remoto vía web, asistentes para a configuración de PHP, MySQL e Apache, PHP Quickrun, visor integrado dos logs dos servidores, sistema de axuda integrado…
  • Tamén ten licenza GNU/GPL. Precisa o paquete WOS Portable.  

Acceso ao código fonte de ambos paquetes

No seu wiki hai unha páxina na que se atopan os ficheiros para localizar a aplicación, que por certo está xa parcialmente traducida ao galego.
 
Máis información:  Wiki WOS e Foros WOS 

WOS Presenter está deseñado para editores para que poidan distribuír software baseado en servidores web de xeito que sexa posible executar o servidor directamente dende calquera medio (mesmo un CD) sen ningún coñecemento. É un produto comercial.

Intel acaba de lanzar un ambicioso proxecto coa fin de desenvolver Software Libre para dispositivos móbiles. O proxecto, que se chama Moblin, promete ofrecer un kernel Linux, marco de traballo para interfaces de usuario, navegador, multimedia e outras ferramentas embebidas ademais de ferramentas para desenvolvedores como documentación, listas de correo e unha canle IRC.

Intel espera que Moblin sirva como un “punto de integración” para múltiples subproxectos. Actualmente os subproxectos inclúen:

  • Kernel: Kernel específico para a plataforma con parches e drivers.
  • Interface de usuario baseada en GTK: similar á usada por Nokia nos seus “web tablets”  baseados en Linux.
  • Política de aforro de enerxía: proxecto que intenta fornecer un contorno robusto e flexible para a xestión de enerxía do dispositivo…

  • Xestor de perfís de rede: descrito como un sistema unificado, de configuración dinámica que soporta os protocolos WiFi, Bluetooth, etc..
  • Navegador: baseado en Mozilla
  • Multimedia: o reprodutor “Moblin Media Artist” ofrecerá soporte para os contornos de streaming gstreamer ou Helix.
  • Captura de imaxe: unha aplicación que permite capturar, xestionar e compartir imaxes e vídeo.
  • Chat: baseado en Telepathy, pero con soporte engadido para os protocolos de mensaxería máis usados.
  • Creador de imaxes Moblin: permitirá a rápida creación de compilacións personalizadas para cada plataforma, con contidos tamén personalizados que se poderán elixir dunha lista de características, producirá imaxes binarias que se poderán executar nos dispositivos actuais ou nun contornos emulados.
 
 
Captura de pantalla do interface de Moblin (prema na imaxe para ver máis):
http://www.mancomun.org/images/stories/intel_moblin.gif

Moblin estará aberto a arquitecturas distintas á de Intel

Actualmente, todos os subproxectos están enfocados na arquitectura Intel; sen embargo o proxecto pretende ser aberto para que se poida contribuír a soportar outro tipo de arquitecturas.

Os procesadores específicos de Intel para Moblin inclúen, até o de agora, a gama que vai dende 600Mhz A100 até o 800Mhz 110. Estes procesadores irán acompañados do chipset Intel’s 945GU Express e o controlador ICH7 I/O para formar a plataforma “Ultra Mobile Platform 2007“.

 

Máis información:

http://www.moblin.org/
http://www.linuxdevices.com

 

Sunbird Os usuarios do Entrans de Mancomun.org, ferramenta de tradución colaborativa, adaptaron ao galego a versión 2.0 do cliente de correo Thunderbird e a aplicación de calendario Sunbird. Ademais ao traducir esta última aplicación tamén se consegue adaptar ao galego Lightning, utilidade de axenda/calendario para Thunderbird.

Agora mesmo xa se pode descargar a tradución ao galego do Thunderbird 2 , feita coa axuda dos voluntarios do Entrans e máis da comunidade de tradución dos produtos mozilla ao galego. As instrucións de instalación atópanse dispoñibles no Wiki de Mancomun.org…

Proximamente esperamos poder ofrecer o paquete coa tradución para o Sunbird e o Lightning…

Con estas traducións conséguese ter un potente xestor de correo con diversas utilidades libres e en galego grazas ao traballo da comunidade tradutora do Entrans que xa traballou na adaptación doutras aplicacións como o Firefox 2.0 ou a interface OpenOffice.org 2.1. Todo o Software Libre en galego ten cabida no Wiki de Mancomun.org. Podes colaborar a aumentar os seus contidos engadindo novas aplicacións ou información sobre estes programas.
 
 

Traducir outro software ao galego

 
Actualmente está no Entrans o proxecto Gimp 2.0, un xestor de imaxes que constitúe unha boa alternativa a aplicacións como Adobe Photoshop. A tradución do Gimp 2.0 está agora mesmo nun 76.6%.

O Centro de Supercomputación de Galicia demanda un técnico de sistemas grid que dea soporte técnico ao proxecto INT.EU.GRID para o desenvolvemento de aplicacións en contornos Grid e implementación de sistemas de monitorización e accounting. Requírense coñecementos demostrables de sistemas GNU/Linux.

As funcións a realizar serán:
    * Instalación, operación e monitorización dos nodos integrados na infraestrutura GRID.
    * Determinación de problemas, seguemento e resolución.
    * Probas de validación de ferramentas e novas versións de software.
    * Soporte a usuarios sobre tecnoloxía Grid implantada.

 

Requírese ter o ciclo superior en administración de sistemas informáticos ou ser enxeñeiro técnico en informática de sistemas. Os interesados enviar C.V., indicando referencia, antes das 14:00 horas do 25-07-2007

    * Email: emprego@cesga.es
    * Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela

Despois da migración a GNU/Linux do parlamento francés, agora tócalle a vez ao parlamento italiano. A http://www.mancomun.org/images/stories/tux_grande.jpgmigración afectará a uns 3500 computadores, tanto de uso individual como servidores, e os deputados tamén poderán pedir que se lles migre os seus computadores persoais a Software Libre.

A toma desta decisión estivo motivada por varias razóns:

  • A primeira é que permitirá aforrar máis de 3 millóns de euros en licenzas ao ano (o custe anual por cada computador ronda os 900€).
  • A segunda é que é un gran paso cara adiante na independencia e liberdade tecnolóxica, escapando do software propietario.
  • Hai moitas máis razóns técnicas, pero a máis importante é o nivel de seguridade que o Software Libre dará ao sistema informático do parlamento…

 

Segundo un artigo do xornal “The Inquirer”, a migración comezará en setembro de 2007 e durará uns dous anos. O sistema operativo elixido será SuSE Linux.

Fonte orixinal:
Treviño’s Blog

http://www.mancomun.org/images/stories/php.gif O venres 13 foi a data na que oficialmente saíu á luz PHP 5 fai agora xa 3 anos. Durante estes últimos 3 anos houbo moitas melloras sobre PHP 4. PHP 5 é rápido, estable e listo para produción e ademais PHP 6 está a piques de saír. Por iso anúnciase o fin do ciclo de vida de PHP 4.

Sen embargo, o equipo de desenvolvemento de PHP 4 continuará dándolle soporte  até o fin deste ano. Despois deste ano non haberá máis versións de PHP 4.4, so se farán parches de seguridade para resolución de erros críticos até agosto de 2008…

Na páxina oficial de PHP recomendan aproveitar este ano para facer que as nosas aplicacións funcionen en PHP 5.  Na páxina oficial atopamos a guía de migración de PHP 4 a PHP5.

As últimas versión de PHP:

Páxina oficial de PHP:
http://www.php.net/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal