Intel lanza "Moblin": unha iniciativa para dispositivos móbiles con GNU/Linux

Intel acaba de lanzar un ambicioso proxecto coa fin de desenvolver Software Libre para dispositivos móbiles. O proxecto, que se chama Moblin, promete ofrecer un kernel Linux, marco de traballo para interfaces de usuario, navegador, multimedia e outras ferramentas embebidas ademais de ferramentas para desenvolvedores como documentación, listas de correo e unha canle IRC.

Intel espera que Moblin sirva como un “punto de integración” para múltiples subproxectos. Actualmente os subproxectos inclúen:

  • Kernel: Kernel específico para a plataforma con parches e drivers.
  • Interface de usuario baseada en GTK: similar á usada por Nokia nos seus “web tablets”  baseados en Linux.
  • Política de aforro de enerxía: proxecto que intenta fornecer un contorno robusto e flexible para a xestión de enerxía do dispositivo…

  • Xestor de perfís de rede: descrito como un sistema unificado, de configuración dinámica que soporta os protocolos WiFi, Bluetooth, etc..
  • Navegador: baseado en Mozilla
  • Multimedia: o reprodutor “Moblin Media Artist” ofrecerá soporte para os contornos de streaming gstreamer ou Helix.
  • Captura de imaxe: unha aplicación que permite capturar, xestionar e compartir imaxes e vídeo.
  • Chat: baseado en Telepathy, pero con soporte engadido para os protocolos de mensaxería máis usados.
  • Creador de imaxes Moblin: permitirá a rápida creación de compilacións personalizadas para cada plataforma, con contidos tamén personalizados que se poderán elixir dunha lista de características, producirá imaxes binarias que se poderán executar nos dispositivos actuais ou nun contornos emulados.
 
 
Captura de pantalla do interface de Moblin (prema na imaxe para ver máis):
http://www.mancomun.org/images/stories/intel_moblin.gif

Moblin estará aberto a arquitecturas distintas á de Intel

Actualmente, todos os subproxectos están enfocados na arquitectura Intel; sen embargo o proxecto pretende ser aberto para que se poida contribuír a soportar outro tipo de arquitecturas.

Os procesadores específicos de Intel para Moblin inclúen, até o de agora, a gama que vai dende 600Mhz A100 até o 800Mhz 110. Estes procesadores irán acompañados do chipset Intel’s 945GU Express e o controlador ICH7 I/O para formar a plataforma “Ultra Mobile Platform 2007“.

 

Máis información:

http://www.moblin.org/
http://www.linuxdevices.com

 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal