Mancomún
http://www.mancomun.org/images/stories/logo_forxa.png A forxa de mancomún supera os 100 usuarios e chega xa a 45 proxectos en diferentes áreas temáticas. Desde a súa creación, a forxa é un importante referente galego no ámbito do Software Libre. O crecemento dos proxectos dáse, sobre todo, nas áreas de «Universidades» e de «Administración pública»…

 

http://www.mancomun.org/images/stories/grafica_forxa.jpg

 

 

  • Administración Pública (7 proxectos)
  • Concellos (2 proxectos)
  • Ensino primario / secundario (5 proxectos)
  • MicroPEMES (1 proxectos)
  • Ocio (3 proxectos)
  • Outros colectivos (10 proxectos)
  • PEME (5 proxectos)
  • Universidades (7 proxectos)

 

Desde o seu comezo, a Forxa conta cunha comunidade activa dedicada a proxectos de diferente índole temática cun crecemento progresivo e constante, sobre todo nas áreas anteriormente citadas e tamén no ámbito das PEME.

O seu futuro pasa por proxectos de xestión para PEME como a xestión de vendas (TPV, o xestor de hotel, etc).

Cómpre salientarmos os proxectos: Traducíndote, e gtranslator do que se está a facer unha completa reconstrución.

Para alén diso, a Forxa conta tamén con novos proxectos como SXBD estándar-completo, a Xestión documental de centros educativos, o loga, a reenxeñaría de gtranslator etc. que están a ser un éxito.

Este éxito é tamén posible debido á diversidade de áreas en que a comunidade está especializada, un feito que fai da Forxa un proxecto moito máis rico e atractivo.

jLibray é un xestor documental desenvolvido por un galego afincado en Irlanda, para todo tipo de uso, tanto profesional (empregando o servidor incorporado que permite varias conexións dende outros computadores a través de servizos web) como persoal (facendo un repositorio local). Permite clasificar en categorías e subcategorías calquera tipo de ficheiros. Tamén se pode exportar ese tipo de contidos a paxinas web baseadas en modelos, facer buscas, engadir comentarios e metadatos, etc

Execútase baixo Apache Jackrabbit e ten licenza BSD.

Algunhas das características presentes neste software son:

  • xestor de versións
  • edición de documentos fora de liña
  • bloqueo de documentos
  • multiplataforma
  • editores para diferentes documentos
  • soporte WebDAV
  • e máis

Fonte: Blogue Javi Vázquez

http://www.mancomun.org/images/stories/master_swl.jpgXa se fixo público o comité asesor do Máster de Software Libre financiado por Caixanova, no cal colabora o grupo LibreSoft da Universidade Rey Juan Carlos e Igalia. O comité está formado por membros da comunidade internacional de Software Libre e ten como misión colaborar na análise e avaliación dos contidos académicos do Máster.

O enfoque internacional do Máster de Software Libre, cun marcado carácter práctico e enfocado á empresa, suxería solicitar a colaboración de persoeiros de renome internacional que acheguen a relación da comunidade de Software Libre coa empresa:

  • Miguel de Icaza, vicepresidente de Developer Platform en Novell, fundador do proxecto GNOME e impulsor do proxecto Mono.

  • Richard Stallman, presidente da FSF e fundador do proxecto GNU.
  • Bdale Garbee, xefe tecnolóxico da área Open Source & Linux de HP a nivel mundial e tamén presidente de Software in the Public Interest.
  • Carlos Guerreiro, líder de OSSO Desktop team en Nokia Multimedia, relacionado directamente co proxecto Maemo.
  • Alberto Abella, director de desenvolvemento corporativo da Fundación CENATIC e co-autor do Libro Blanco de Software Libre .
  • Marcelo D’Elia Branco, coordinador do proxecto “Red Internacional de las Administraciones Públicas por el Software Libre”.

Todos os membros do comité asesor participarán de forma activa durante o curso académico, impartindo unha conferencia maxistral aberta ao público e un seminario específico exclusivo para os alumnos do Máster.

Hai máis información dos membros do comité na web de Caixanova.

http://www.mancomun.org/images/stories/gplv3-logo-red.png O día 29 de xuño, ás 12 horas (horario norteamericano da costa leste EDT), a Free Software Foundation (FSF) publicou oficialmente a 3ª versión da licenza pública xeral ([[GPL]]), despois de 16 anos da publicación da súa 2.ª versión.

É a licenza de Software Libre máis estendida, que empregan os núcleos Linux, [[BASH]], [[GCC]] e outros importantes aplicativos. Logo de 18 meses de traballo, que supuxeron a súa exposición pública, os comentarios e mais as revisións da licenza de Software Libre máis popular, que se acompañaron dunha grande polémica, a FSF chama a unirse nesta celebración…

Fonte: lists.gnu.org

http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpg Google presentou o mércores a versión para Linux do seu Google Desktop. Esta versión foi escrita en linguaxe nativa e, ao mesmo tempo, emprega os propios algoritmos de busca de Google.

Google Desktop é unha aplicación de busca no escritorio que permite atopar texto en mensaxes de correo electrónico, en ficheiros, en música, en fotografías, charlas, no Gmail, en páxinas web visitadas etc. Ao habilitar o noso equipo para a busca, o programa permite acceder facilmente á información e evita ter que organizar manualmente os ficheiros, as mensaxes e os marcadores.

Este software é privativo e soporta as versións de Linux Debian 4.0, Ubuntu 6.10, Novell Suse 10.1, Red Flag 5 e Fedora Core 6 tanto para a interface gráfica de usuario KDE como GNOME. Está dispoñible en alemán, francés, coreano, chinés, danés, español, inglés, xaponés e portugués.
 
Fonte:
NEWS.com
Wordpress logoA empresa Tagen Ata vén de poñer a disposición da comunidade o sistema de xeración de blogues libre WordPress na súa versión 2.2 en galego. Podedes acceder á tradución no Wiki de Mancomun.org así como ás anteriores versións. O responsable oficial do WordPress en Galicia, Amador Loureiro Blanco, subiu o programa aos repositorios oficiais. Recordámosvos que podedes editar o wiki incorporando novo Software Libre traducido ao galego e incorporando información e documentación ao portal.
 

WordPress é un sistema de contidos enfocado á creación de blogues, desenvolvido en PHP e MySQL baixo licenza GPL. O seu uso está moi estendido, entre outras causas, polo seu fácil uso, a súa licenza e as características como xestor de contidos. Posúe unha comunidade de desenvolvedoras e desenvolvedores ampla encargada de desenvolver complementos e temas.
EntransEstá dispoñible no Entrans, a ferramenta de tradución colaborativa de Mancomun.org, as cadeas que faltan para adaptar ao galego a versión 2.0 do cliente de correo Mozilla Thunderbird. Mancomun.org solicita a axuda dos voluntarios para traducir unhas 300 cadeas que permitirán actualizar a versión galega desta aplicación. 
 

Entre as características de Thunderbird podemos salientar que soporta os protocolos IMAP e POP, ademais do formato HTML; inclúe unha axenda persoal de enderezos; ten un poderoso motor de busca rápida; filtros avanzados de mensaxes; xestión do correo lixo con autoaprendizaxe; posibilidade de integración con extensións de criptografía; permite ler RSS, etc.

No portal tamén podes atopar a tradución ao galego do Thunderbird 1.5 e o Firefox 2.0  e  en galician.mozdev.org está dispoñible unha versión pre-alpha da versión galega do Thunderbird 2.0 .  

 

Rede de dinamización A Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria en colaboración con mancomun.org e coa Concellería de Educación do Concello de Ourense oferta os seguintes cursos de formación de carácter gratuíto:

  • Introdución ao OpenOffice.org…………………………10 h.
  • Bases de datos (OpenOffice.org Base)………………40 h.
  • Construción de páxinas web (Nvu)…………………..40 h.
  • Contabilidade (Facturalux)………………………………24 h.

 

O prazo de inscrición é do 26 de xuño ao 16 de xullo. Hai ofertadas 14 prazas e a admisión farase por orden de entrada das solicitudes.

O curso que recolla maior número de inscricións será o primeiro en levarse a cabo. Impartirase no mes de agosto en horario de tarde na Aula de informática do Concello, situada no Campo da Feira.

Para máis información dirixirse á Concellería de Educación do Concello de Ourense situada en Ervedelo nº2, Tfno. 988510802.

Fonte: Rede de dinamización

 

GRASSGRASS (acrónimo inglés de Geographic Resources Analysis Support System) é un software SIX (Sistema de Información Xeográfica) baixo licenza GPL (Software Libre). Pode soportar información tanto raster como vectorial e posúe ferramentas de procesamento dixital de imaxes.
 
GRASS pode ser descargado en http://grass.itc.it/ e aínda que está dispoñible principalmente para plataformas UNIX e GNU/Linux. Tamén existe un proxecto paralelo denominado winGRASS GIS que portou o programa a versións baseadas na tecnoloxía NT do Sistema Operativo Microsoft Windows usando as bibliotecas Cygwin. Todo iso cun código idéntico ao da versión UNIX/Linux.

O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, xunto coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentaron hoxe o corrector gramatical para o galego Golfiño. Deste xeito, o galego convértese na primeira lingua do estado que conta con esta ferramenta. Ademais, só outras  cinco linguas no mundo dispoñen dun software destas características.
 
Presentación do Golfiño
Presentación do Golfiño
O Golfiño, aínda en versión beta, completa ás aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades. Máis de 45.000 galegos contan xa co OpenOffice.org, posto á súa disposición a través da iniciativa de promoción do software libre da Consellería de Innovación e Industria, Mancomun.org.

O Golfiño é un prototipo, que se poñerá a disposición da comunidade para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de software libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa. Podedes descargalo para Windows, Mac OS ou GNU/Linux. Tamén está dispoñible un breve FAQ coas principais características do corrector.

O Golfiño súmase ás iniciativas impulsadas pola Consellería de Innovación e Industria para a normalización lingüística. Así mesmo, amplía o seu compromiso coa elaboración de programacións informáticas de código aberto e en galego, obxectivo recollido no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información, aprobado no Parlamento de Galicia o pasado 30 de marzo.

Características técnicas do Golfiño

O Golfiño corrixe erros gramaticais e de estilo frecuentes nos escritos en galego como os provocados polo cambio de norma, os de rexencia verbal, os de concordancia de xénero e número, os de confusión ortográfica con detección gramatical, as malas construcións de perífrases verbais ou as preposición non admitidas polo verbo. Ademais, pode detectar nalgúns casos erros de contracción, da posición dos pronomes enclíticos e mais erros de concordancia nominal e verbal.

A configuración deste corrector gramatical está baseada na tecnoloxía lingüística resultado dos traballos da comunidade científica galega e nun innovador proxecto de investigación brasileiro, que dispón do corrector gramatical do portugués do Brasil CoGrOO. 

A versión actual do Golfiño é un prototipo ou beta, é dicir, un modelo en proba dirixido a que tanto a comunidade científica da lingua galega (Instituto da Lingua Galega, Real Academia Galega, Centro Ramón Piñeiro, departamentos de lingüística computacional…) como a comunidade do Software Libre poidan realizar melloras no sistema e crear así unha ferramenta de maior rigor, potencia e funcionalidade. Así mesmo, procura sentar a base para o desenvolvemento de proxectos futuros nesta liña de investigación, no camiño da implantación do galego na sociedade da información.

O corrector Golfiño foi realizado pola empresa Imaxin Software, S.C., adxudicataria do concurso público, que requiriu un investimento de 51.000 euros.

TPV en galego

Por outra banda, a Consellería de Innovación e Industria presentou tamén o Terminal Punto de Venda (TPV) Tina POS, un dos primeiros programas de xestión empresarial traducidos ao galego a través do proxecto de difusión do software libre Mancomun.org. Esta actuación encádrase nas estratexias do PEGSI, que contempla a necesidade de achegarlle ás empresas software de calidade en galego.

Tina POS foi desenvolvido en orixe para xestionar a caixa dun negocio hostaleiro, pero é facilmente adaptable a calquera pequeno comercio. Está especializado como TPV para os establecementos hostaleiros, cun sistema de xestión visual das mesas, que controla se están ocupadas ou libres. A configuración da situación das mesas pode personalizarse segundo as condicións do establecemento. Malia estar deseñado para pantallas táctiles, está configurado tamén para traballar co rato e co teclado. Xestiona o proceso de venda mediante unha interface sinxela á que teñen acceso os vendedores. Permite tamén a creación e a impresión de tickets, a agrupación de pedidos por mesas en hostalería, realiza cambios na base de datos do inventario e outros labores do negocio.

Ademais do Tina POS estase traducindo o ERP libre OpenBravo, un programa que permite xestionar todos os procesos (compra e venda, recursos humanos, marketing…) dunha PEME e estanse avaliando solucións abertas para a contabilidade das empresas.

Un dos obxectivos da Consellería de Innovación e Industria nesta materia é crear unha comunidade de tradutores voluntarios, que na actualidade xa conforman máis de 300 usuarios. A finalidade última é conseguir ter ordenadores completamente en galego coas aplicacións informáticas máis avanzadas.

 

 

http://www.mancomun.org/images/stories/modem.pngSMS Server Tools 3 é unha pasarela SMS que permite enviar e recibir mensaxes curtas a través de modems GSM ou teléfonos móbiles (ver a compatibilidade hardware).

O software pode enviar mensaxes curtas simplemente incluíndo un ficheiro co texto da mensaxe dentro dun directorio do servidor de SMS. O servidor monitoriza este directorio e envía automaticamente os novos ficheiros e almacena as mensaxes entrantes noutro directorio.

SMS Server Tools soporta mensaxes binarios (incluíndo texto en formato unicode) co cal é posible enviar mensaxes con melodías para o móbil. Tamén pode enviar unha mensaxe WAP Push a un móbil que soporte WAP/MMS.

A aplicación pode funcionar coma un servizo iniciándose automaticamente cando o sistema operativo comeza. Pódese garantir alta dispoñibilidade empregando múltiples dispositivos GSM (actualmente ata un límite de 64).

SMS Server Tools pode executar programas externos ou scripts despois de realizar algún evento como recibir unha mensaxe, enviar unha mensaxe con éxito ou cando o programa detecta un problema. Tendo estas funcionalidades pódese desenvolver software a maiores para ter interfaces gráficas máis amigables, almacenar as mensaxes en base de datos, xestionar os contactos para facer un envío masivo, empregar autorespondedores, …

SMS Server Tools traballa sobre Microsoft Windows (con CygWin) e en calquera sistema *NIX incluíndo Solaris, BSD, FreeBSD e GNU/Linux. O software precisa dun modem GSM (ou un teléfono móbil) con comandos SMS que seguen a especificación europea GSM 07.05 (=ETSI TS 300 585) e GSM 03.38 (=ETSI TS 100 900). Os comandos AT tamén están soportados. O software detecta os dispositivos conectados vía porto serie, infravermellos ou USB.

SMS Server Tools foi creado orixinalmente por Stefan Frings.

Xa van dous anos dende que Sun liberou OpenSolaris, unha versión de código aberto do sistema operativo Solaris 10 Unix. Dende xuño de 2005 liberou outras partes do seu código, entre os que destaca o núcleo da plataforma Java en Novembro do ano pasado.

 

A liberación do código fonte de Solaris Cluster, coñecido como Open High Availability Cluster, terá lugar nun prazo de 18 meses a través de High Availability (HA) Clusters community na páxina Web de OpenSolaris.

O código fonte estará dispoñible baixo licenza CDDL ( Common Development and Distribution License), segundo aunciou Paul Steeves, director de marketing de Sun. Polo momento non está planeada a liberación do código baixo licenza GPL tal como fixo Sun anteriormente con Java.

 

Fonte:http://www.computerworld.com

Xa van dous anos dende que Sun liberou OpenSolaris, unha versión de código aberto do sistema operativo Solaris 10 Unix. Dende Xuño de 2005 liberou outras partes do seu código, entre os que destaca o núcleo da plataforma Java en Novembro do ano pasado.

A liberación do código fonte de Solaris Cluster, coñecido como Open High Availability Cluster, terá lugar nun prazo de 18meses a través de High Availability (HA) Clusters community  na páxina Web de OpenSolaris.

O código fonte estará dispoñíbel baixo licencia CDDL ( Common Development and Distribution License), segundo aunciou Paul Steeves, director de marketing de Sun. Polo momento non está planeada a liberación do código baixo licencia GPL tal como fixo Sun anteriormente con Java.

 

Fonte:http://www.computerworld.com/action/article.do?command=viewArticleBasic&articleId=9025783&source=rss_news50

O servizo de dinamización tecnolóxica do Concello de Monforte

organiza unhas xornadas de software libre que se desenvolverán o venres

e o sábado no centro comarcal Expolemos. A primeira xornada abrirase

cun acto de presentación ás 17:45 a que seguirá a conferencia

«Aproximación ao software libre», por Roberto Brenlla. A continuación,

Antonio Martínez e Marta Prado falarán sobre «As posibilidades do

software libre».

As conferencias do sábado darán comezo ás dez da mañá coa charla de

Roberto Brenlla «Directrices migratorias». A segunda correrá a cargo de

Antonio Martínez e Marta Prado novamente e titúlase «O que fago en

Windows fágoo en GNU/Linux». A última conferencia da mañá, de

Martín Gómez, versará sobre «O camiño cara aos novos modelos de negocio

con software libre».

Pola tarde, a partir das cinco, Rubén Rodríguez, Juan Ángel Ferreiro

e Carlos Álvarez falarán respectivamente sobre o proxecto Trisquel e os

usos do software libre en empresas e oficinas. Ás 19:45 haberá unha

demostración do robot Dipbot, creado no instituto A Pinguela.

Fonte: La

Voz de Galicia

Estes días ten lugar en Praga a reunión de desenvolvedores Hack Week organizada por Novell e openSUSE. A ela acoden algúns dos desenvolvedores Linux máis expertos do mundo.

A «semana hack» supón un excelente punto de encontro para todos aqueles desenvolvedores que están tratando de implantar todo tipo de solucións que axuden a mellorar o sistema operativo Linux. Están presentes diferentes persoas relacionadas con Linux e tamén con Novell e máis o desenvolvemento de openSUSE, SLED e SLES…

O sitio web, especialmente posto en marcha para este evento, recolle unha serie de vídeos coas explicacións de en que traballa cada desenvolvedor, así como unha listaxe de ideas que os desenvolvedores teñen en mente para engadir funcionalidades ao sistema operativo e en concreto ás distribucións que desenvolve ou nas que colabora Novell.

 

Fonte:
theINQUIRER

IBM está a desenvolver un supercomputador que superará a velocidade de cálculo do actual líder desta clasificación, o NEC’S Earth Simulator. Blue Gene/L funcionará baixo GNU/Linux e pode operar de forma continuada cun ritmo de mil billóns de operacións de coma flotante por segundo. Ademais pode configurarse para que acade unha velocidade tres veces superior á actual.
 
A clave deste novo desenvolvemento foi o emprego  de chips de baixa potencia que se atopan conectados a cinco redes especializadas do sistema. Segundo IBM o emprego de Linux é crucial para poder empregar aplicacións que non poderían conseguir doutro xeito. 
 

Na web Top500.org amósase unha lista periodicamente actualizada dos supercomputadores máis potentes do mundo. Un 77% dos supercomputadores desta lista empregan Linux.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal