Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/guadec.png Durante os días 15 e 21 de xullo, Birmingham (Reino Unido) converterase na sede do GUADEC (Conferencia Europea de Usuarios e de Desenvolvedores de GNOME) 2007, a reunión máis importante de desenvolvedores do contorno GNOME.

Pode consultar xa o programa preliminar das conferencias. Este ano contase, entre os patrocinadores, coa presenza da empresa iGalia, que se adica ao deseño e ao mantemento de aplicacións en Software Libre e, na actualidade, está a realizar un concurso ao mellor proxecto fin de carreira baseado en Software Libre

Agárdase un grande número de relatorios que se enfocan en varios escenarios coa fin de centrar os esforzos en varios ámbitos paralelos. Ao mesmo tempo, estableceranse propostas de resolución de problemas mediante o [[brainstorming]], ideas para construír aplicacións no contorno GNOME usando [[Python]], técnicas aplicadas a xogos, usabilidade, etc…

 

Fonte:
territoriolibre.org

Durante a vindeira Olimpíada Informática Universitaria CELL + Linux,  que se celebrará no mes de setembro en Santander, tamén terá lugar o Concurso ao mellor proxecto de programación en Linux/[[CELL]]. Este concurso está dotado con tres premios das seguintes contías:

  • Primeiro premio de 3.000 €
  • Segundo premio de 2.000 €
  • Terceiro premio de 1.000 €

O último día do evento farase unha demostración de todos os proxectos presentados…

Máis información en e a descrición do curso nas seguintes ligazóns:
Descrición do curso
campusvirtual.uimp.es

Fonte:
Centro Internacional de Referencia LINUX (CIR)

http://www.mancomun.org/images/stories/gulo.png Lendo a páxina de GULO (Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense) vemos que:

“Búscanse desenvolvedores para un novo proxecto de Software Libre de control domótico mediante o uso da voz.

Os interesados deberán de ter as seguintes características básicas:

  • Experto en manexo de sistemas GNU/Linux.
  • Coñecementos do uso do motor de recoñecemento de voz Sphinx-III
  • Coñecemento do uso de Festival.
  • Coñecementos avanzados de C/C++.
  • Soltura no uso de UML.
  • Coñecementos básicos de electrónica dixital…”
Podes ler toda a información sobre o chamamento na súa fonte orixinal:
http://www.gulo.org
Red Hat Enterprise Linux 5 instalado en sistemas IBM recibiu a certificación “Common Criteria” (estándar internacional ISO/IEC 15408 de seguridade nos computadores) de aprobación requirida para implementación nas axencias gobernamentais dos EUA.
 
Con esta certificación espérase que a adopción de Red Hat Enterprise Linux 5 nas empresas e gobernos a nivel mundial creza, xa que con esta certificación ningún sistema operativo de uso común ofrece tan alta certificación de seguridade…

Esta é a primeira distribución de Linux en obter a certificación Common Criteria con tal alto nivel de seguridade, o que significa que Red Hat Enterprise Linux en sistemas IBM supera os requisitos de seguridade necesarios para a información manexada polos gobernos.

Máis información sobre “Common Criteria” na [[Wikipedia]] en inglés:
http://en.wikipedia.org/wiki/Common_Criteria

 

Nota de prensa de IBM:
http://www-03.ibm.com/press/us/en/pressrelease/21742.wss

O sistema operativo GNU/Linux foi seleccionado para un experimento da NASA co obxectivo de probar a súa viabilidade en hardware e software COTS (Commercial of-the-shelf) para misións espaciais científicas.

O éxito para este labor foi por que o ambiente desenvolvido e rutinas son familiares para os científicos, e facilita a portabilidade desde o laboratorio á nave espacial.

Fonte: http://www.linuxdevices.com/news/NS5714800202.html

ooxml é unha iniciativa da FFII, unha organización sen ánimo de lucro para estabilizar o libre mercado no eido das tecnoloxías da información, para eliminar as barreiras para competir.

Dende ooxml invítase a asinar en contra da estandarización do formato ooxml de Microsoft.

Entre as razóns que se dan están as seguintes:

  • Xa existe un formato de documento aberto que é estándar ISO, (ISO26300 – ODF).
  • Non existe unha implementación práctica da especificación: o MS office 2007 produce unha versión especial do ooxml, que non é exactamente un formato que se conforme á súa especificación.
  • Falta información na especificación, por exemplo cómo facer un autoSpaceLikeWord95 ou useWord97LineBreakRules.
  • Máis do 10% dos exemplos mencionados no estándar non validan a conformidade da linguaxe XML.
  • É case imposible escribir un software que implemente na súa totalidade a especificación ooxml sen infrinxir patentes ou ter que pagar licenzas a terceiros.
  • Este estándar entra en conflito con outros estándares da ISO, tales como ISO 8601 (representación de datas), ISO 639 (códigos para a representación de nomes e de idiomas) ou ISO/IEC 10118-3 (hash criptográfico).
  • Existe un bug na especificación ao tratar formatos de datas en follas de cálculo onde non é posible ter datas anteriores ao ano 1900. Este bug afecta á especificación de OOXML así como ás versións do programa tales como Microsoft Excel 2000, XP, 2003 ou 2007.
  • Este estándar non foi creado en base a consulta de distintas partes (tales como empresas desenvolvedoras, vendedores, usuarios, …), única e exclusivamente participou Microsoft.

Máis argumentos

OpenXava é un marco de traballo para desenvolver aplicacións web baseadas en bases de datos, como Ruby on Rails, pero OpenXava produce aplicacións J2EE / JavaEE estándars que poden ser despregadas en calquera servidor de aplicacións Java estándar (ou portal Java estándar).

O que fai a OpenXava diferente doutros marcos é:

  •  É rápido e fácil para desenvolver aplicacións orientadas a bases de datos.
  •  Está orientado a compoñentes de negocio no canto de MVC .
  •  Xera automaticamente a interface de usuario desde a definición dos compoñentes de negocio.

OpenXava foi creado por programadores Java (que necesitan desenvolver aplicacións Java críticas dun xeito produtivo) para o seu propio uso; polo tanto é potente e extensible.
Por outra banda OpenXava permite a un programador Java novato comezar rapidamente a ser produtivo.

Algunhas das características son:

  •  Soporta calquera servidor de aplicacións (Tomcat, JBoss, WebSphere).
  •  Soporta JSR-168: Todos os módulos OpenXava tamén son portlets estándar.
  •  Mecanismo de persistencia: EJB3 JPA, Hibernate ou EJB2 CMP.
  •  Está probado cos portais: JetSpeed 2, WebSphere Portal, Liferay e Stringbeans.
  •  Fácil integración de informes feitos con JasperReports.
  •  Licenza LGPL. É posible desenvolver aplicacións comerciais con OpenXava.
  •  Todas as etiquetas e mensaxes están en varios idiomas

Sorceforge.net : http://sourceforge.net/projects/openxava/

Web oficial: OpenXava  

http://www.mancomun.org/images/stories/aperi-logo.jpgAperi é un proxecto GPL para a xestión do almacenamento desenvolvido na fundación Eclipse, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a fomentar o Software Libre e da que forman parte empresas como CA, Cisco Systems, IBM ou Novell.

Os obxectivos de Aperi son: 

  • Dotar á comunidade dun contorno de xestión de almacenamento masivo, GPL, escalable e baseado en estándars.
  • Ofrecer aos usuarios máis flexibilidade e opcións á hora de manexar o seu almacenamento.
  • Simplificar a infraestrutura que se necesita para xestionar o almacenamento.

Para descargar Aperi preme na seguinte ligazón, onde tamén poderás atopar as instrucións de instalación:
Descarga de Aperi

Podes coñecer máis sobre Aperi premendo na seguinte ligazón de demostración:
Demostración on-line de Aperi

Puppy Linux” é unha distribución lixeira, do tipo “Live”, que se pode iniciar desde un CD, un DVD ou un dispositivo USB. Unha das características é que pode crear “pups”, ou novas versións derivadas creadas polo propio usuario para algún propósito específico.

Digipup é un exemplo disto con aplicacións para xerar unha radio persoal ao posibilitar a súa creación e levala no peto nunha chave USB…

Máis información na ligazón:
Linux.com

Molinux anunciou que xa se pode descargar dende a web a nova versión MoLinux 3.0 (Aldonza).

Esta nova versión conta cun instalador que mellora o recoñecemento de hardware, un xestor de notificacións hardware no escritorio, un sistema de migración de contas de usuario permitindo migrar os datos e configuracións dende outros sistemas operativos, un sistema de rescate para recuperar o sistema operativo en caso de corrupción deste e moitas cousas máis.

As características principais que integran este novo paquete baseado en Ubuntu Feisty 7.04 son:…

  • Baseada en Ubuntu Feisty 7.04

  • Kernel 2.6.20

  • Gnome 2.18

  • Evolution 2.10.1

  • OpenOffice 2.2

  • Firefox 2.0.4

  • Integración propia das notificacións hardware de escritorio e melloras de deseño (baseado en hermes) 

  • Maior soporte Hardware e Wireless.

  • Melloras na tradución.

  • Sistema de restauración de MoLinux.

  • Sistema de migración de contas

Molinux 3.0 (Aldonza) está dispoñible para descarga dende a web de Molinux.

Tamén é posible a súa actualización dende a versión anterior de Molinux (Rocinante-V2) configurando previamente os repositorios. 

Fonte:
http://www.yoper.com
http://diariolinux.com

Red hat anuncia o servizo actualizado de Red Hat Command Center e

perfila o seu catálogo de capacidades de xestión de sistemas en que se

inclúe os modelos de software como servizo (SaaS) e de implantación /in-situ/

para os despregamentos.

Red Hat actualizou o seu servizo de Red Hat Command Center, co

propósito de que a tecnoloxía de monitorización empresarial sexa máis

accesíbel para unha ampla audiencia de clientes da compañía. Esta

versión amplía o seu extenso catálogo de capacidades de xestión de

sistemas, ofrecidos tanto baixo modelos de software como servizo

(SaaS) como os de implantación /in-situ/ e achégalles aos clientes unhas

máximas

posibilidades de elección e de valor para unha ampla gama de escenarios

de uso.

Red Hat Command center ofrece unha monitorización sinxela e asequíbel

para unha ampla gama de compoñentes da infraestrutura de TI, que van

desde os dispositivos de servidores e de rede até as aplicacións de

negocio e de sitios web. Os clientes poden monitorizar non só Red Hat

Enterprise Linux e JBoss, senón tamén servidores web (Apache, Tomcat),

SGBDs (Oracle, MySQL) e servizos de rede (DNS, FTP, SNMP).

Para máis información: eWeek

Hispalinux é a asociación de usuarios españois de GNU/Linux. O 20 de xuño de 1.997 foi a data na que se constituíu a que hoxe é unha das asociacións referentes da liberdade tecnolóxica a nivel mundial.

O que comezou como unha forma de darlle status legal ao intento dunhas poucas persoas de axudar a dar a coñecer o sistema GNU/Linux no seu mesmo idioma a través do proxecto LuCAS (Linux en Castelán) pronto se converteu nun fervedoiro de actividades de promoción, de difusión e de creación de Software Libre…

Hoxe, Hispalinux non so é referente nacional e internacional, senón que tamén é a maior asociación tecnolóxica do mundo hispano; conta con preto de 8.500 socios (por motivos legais só poden selo aqueles con nacionalidade española).

Pode achar máis información en: Hispalinux

http://www.mancomun.org/images/stories/eiffelstudio.jpg EiffelStudio é un completo contorno de desenvolvemento para a linguaxe de programación Eiffel. EiffelStudio inclúe un compilador, un depurador interactivo e moitas máis características modernas como un editor de diagramas de clases completísimo ou soporte para reorganización de código (“refactoring”).

A linguaxe de programación Eiffel naceu no ano 1986 e foi unha linguaxe pioneira na programación orientada á obxectos e centrado na construcción de software robusto. Cabe destacar que as linguaxes [[Java]], [[Ruby]] ou [[C#]] foron influenciadas por Eiffel…

 

EiffelStudio é altamente portable e soporta GNU/Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, a maioría das versións de Unix e incluso VMS ou sistemas embebidos.

A portabilidade das aplicacións está soportada por un gran conxunto de bibliotecas, incluíndo: EiffelBase (estrutura de datos), EiffelNet (rede), EiffelVision (Interface gráfica nativa), EiffelStore (acceso á base de datos), EiffelParse (análise), Gobo (XML), EiffelWeb (Web), EiffelCOM (COM) e moitas máis.

Revisor é unha ferramenta creada por The Fedora Unity e non é nova, de feito, xa vai pola versión 2.0.3.8 presentada recentemente.

Revisor deixa personalizar tanto os CD coma os DVD dende unha cómoda interface gráfica, o que o fai accesible a todo tipo de usuarios, e dispón tamén da posibilidade de configuralo mediante liña de comandos e ficheiros de configuración, co que os usuarios profesionais ou con maiores coñecementos tamén poderán gozar personalizando a súa distribución até os máis mínimos detalles.

As posibilidades de Revisor son tan amplas que permiten non soamente escoller os paquetes que queremos incluír no noso Live CD ou DVD ou medio de instalación, senón que tamén podemos definir ao noso antollo como será o aspecto do escritorio no Live CD ou unha vez instalado.

Revisor
http://revisor.fedoraunity.org/

Fedora Unity
http://fedoraunity.org

A Linux Foundation vén de crear a Green Linux Initiative para reducir o consumo de enerxía do Software Libre. O grupo terá unha reunión en Ottawa onde desenvolverá as súas liñas mestras de actuación. Este proxecto naceu a semana pasada do  Linux Foundation Collaboration Summit nas instalacións de Google en Silicon Valley.
 

Entre os participantes atópanse representantes de Red Hat, Novell ou IBM. O seu traballo non se centrará exclusivamente en hardware senón que tamén traballará no eido das aplicacións e o contorno de escritorio.

http://www.mancomun.org/images/stories/linux_foundation.png A “Linux Foundation” anunciou a semana pasada a dispoñibilidade dun kit de desenvolvemento estándar para drivers de impresoras. O DDK, nome que ten o kit, ofrece as ferramentas e recursos necesarios aos fabricantes de impresoras  para poder desenvolver un paquete de drivers compatible con todas as distribucións de Linux, reducindo o tempo e esforzo necesario para dar soporte a Linux.

Este lanzamento tamén pretende mellorar o soporte e funcionalidade de cara ao usuario final ofrecéndolle unha nova conexión API vía web á base de datos OpenPrinting. O obxectivo desta API é soportar o maior número de distribucións Linux e habilitar á instalación da impresora de Linux a atopar e descargar automaticamente o driver de impresión, aínda que non estea dispoñible na distribución…

Como consecuencia da estandarización do soporte de impresión, os fabricantes de impresoras só terán que facer un paquete de drivers, e ese paquete de drivers soportará todas as distribucións de Linux que sexan compatibles con LSB (Linux Standars Base).

“O LSB DDK é o resultado directo dos esforzos dun grupo de traballo que farán moito máis fácil crear drivers de impresión independentes da distribución”, dixo Till Kamppeter, director do grupo de traballo Linux Foundation’s OpenPrinting.org. “Unha das novas características máis importantes é o engadido da API web da base de datos OpenPrinting. Configurar impresoras que non estean soportadas pola distribución non volverá a ser un problema”.

O DDK pode ser descargado libremente dende a web da “Linux Foundation”, dende a seguinte ligazón:
Descarga do DDK

Fonte orixinal da noticia (en inglés):
http://www.desktoplinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal