Mancomún

Diversos colectivos de todo o estado, entre os que se atopa AGNIX, protestan de xeito conxunto polas emendas introducidas o pasado día 31 de maio pola Comisión de Administración Pública do Senado á Lei de Acceso Electrónica dos Cidadáns ás Administracións Públicas (LAECAP).

En opinión destes colectivos estas novas emendas impiden que a lei recoñeza o dereito dos cidadáns a non ser discriminado polo tipo de hardware e software empregado. Ademais desaparecen as garantías de que as aplicacións informáticas desenvolvidas polas administracións vaian ser liberadas para o seu libre uso e distribución así como se impide que os cidadáns poidan auditar o código fonte daquelas aplicacións empregadas para realizar trámites coa administración.    

Ademais de AGNIX, Hispalinux, FFII, Internautas, ATI, Linux.es, Legalventure, Iglues, ESLIC, Lima, Licor, Informáticos Penitenciarios, Fundación Ciencias da Documentación e EstándaresAbiertos.org asinan esta protesta contra as emendas que serán votadas o día 7 de xuño no Senado. 
 
Actualización: Segundo comentan na web de AGNIX, a non adscrición doutros grupos galegos foi debida ás présas por presentar o escrito e non á súa negativa a apoiar esta inciativa.
Microsoft declara nun comunicado que a compañía estadounidense e a provedora de Linux Xandros acadaron un acordo de colaboración moi amplo que se basea nunha serie de compromisos tecnolóxicos, mercantís e de propiedade intelectual que crean unha vía de unión entre a comunidade usuaria de código aberto e o software privativo.
Baixo os termos do acordo, Xandros ofrecerá tecnoloxía de servidores de Microsoft e desenvolverá ferramentas de software compatibles cos sistemas de Microsoft…
Para Microsoft, este acordo supón un último paso na serie de colaboracións con plataformas de Linux e provedores de código aberto entre os que se atopan Novell, JBoss, XenSource, Samsung Electronics e Zend Technologies entre outros; e para a comunidade de usuarios supón unha nova achega entre o software libre e o privativo.
Fonte:
http://www.europapress.es/noticia.aspx?cod=20070604174213&ch=69

BMW está a empregar Novell SuSE Linux Enterprise Server (SLED) e virtualizacións Xen nos seus centros de datos.

Segundo as declaracións do director de Solucións de Plataformas Abertas e vicepresidente de Novell, «A integración asegura que todas as pezas da solución traballarán ben en conxunto, igual que no caso do código aberto, xa que elimina os “bloqueos dos vendedores” e mellora a elección dos consumidores».

Despois dalgunhas probas no seu centro de investigación de EE UU e Alemaña, o grupo decidiu despregar un centro de datos virtual e empregar para iso SLED e Xen en Intel x86 dual-core. Segundo parece, engadirá unha flexibilidade maior ao ciclo de vida dos servidores…

BMW non é o primeiro en empregar SuSE pois Audi xa o estaba a empregar.

Cada vez máis empresas apostan polo software libre debido á súa flexibilidade, á súa transparencia e á súa eficiencia. No caso de BMW, empregaron Xen en contraposición a outras alternativas privativas que xa valoraran.

 

Ligazón á nova:
http://www.tectonic.co.za/view.php?id=1567

O First National Bank de Suráfrica estivo a avaliar GNU/Linux; como resultado, Novell Suráfrica anunciou que chegou a un acordo co First National Bank surafricano para estandarizar os 12.000 equipos de escritorio do banco.

O cambio destes equipos a GNU/Linux é o máis significativo en África canto ao uso de tecnoloxías libres. Un responsáble de Novell declarou que a habilidade da súa empresa de ofrecer un sistema completo que sexa capaz de dar soporte despois da implantación da solución é a longo prazo e que estabelecer unha relación de confianza co FNB foi a chave para chegar a este acordo. 

Alén diso, o contorno de escritorio continúa a ser unha solución preparada para usar. Marius Agenbag, director de Ubusha Technologies, salientou que Novell foi elixido a se basearen na liberdade e na flexibilidade que achega. Para alén diso, moitos produtos precisan cambiarse, adaptarse e personalizarse ás necesidades particulares do FNB, un feito que sería imposíble sen o acceso directo ao código e sen unha adherencia aos estándares abertos.

Ligazón á nova orixinal:
http://www.tectonic.co.za/view.php?id=1562

A Terceira Conferencia Internacional sobre os Sistemas de Código Aberto terá lugar do 11 ao 14 de xuño de 2007 en Limerick (Irlanda):

Desde á súa páxina web pode lerse:

«Desde a última década, o fenómeno do código aberto tivo un impacto global no modo en que as organizacións e as persoas individuais crean, distribúen, adquiren e usan software e servizos baseados en software. O software de código aberto enfrontouse ao saber popular e convencional da enxeñaría do software e das comunidades que fan negocios con software. O software de código aberto é un fenómeno complexo que require un coñecemento interdisciplinario sobre a súa dinámica na enxeñaría, na técnica, na economía, etc»…

«O obxectivo da “OSS 2007” é fornecer un foro internacional onde a diversidade da comunidade de profesionais de ámbitos diversos, nomeadamente o académico, industrial, as administracións públicas etc., poidan unirse para compartiren descubertas en investigación e experiencias prácticas. A conferencia tamén pretende achegarlles información e educación aos profesionais, identificar as direccións das investigacións futuras e ser unha plataforma para a transferencia da tecnoloxía»

Os temas que tratarán poden verse desde o web oficial igual que o programa desta conferencia.

Ligazón ao web da conferencia:
http://www.oss2007.org

http://oss2007.dti.unimi.it/

Ligazón á nova en IDABC:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/6551/472

http://www.mancomun.org/images/stories/keyj_logo.jpgKeyJNote é un programa para crear presentacións; pero ao contrario que outras aplicacións, KeyJnote faino con estilo. Transición entre diapositivas con suaves efectos 3D, ferramentas moi útiles incluídas directamente co software, tales como un punteiro, opción de resaltar textos, zoom, vista previa de todas as diapositivas.

Crear as presentacións en KeyJnote é moi sinxelo: só se necesita un ficheiro PDF coa túa presentación exportada. Iso implica que se poden crear as diapositivas con calquera software e usar KeyJnote para mostralas…

 

Páxina oficial do proxecto:
http://keyjnote.sourceforge.net

Para ver as características completas deste software preme na seguinte ligazón:
Características de KeyJnote

Xa está dispoñible un xestor de dispositivos GPRS/UMTS/HSDPA para GNU/Linux que permite a conexión a internet a través das tarxetas/módems 3G. Ademais de xestionar a conectividade a internet, o software conta cunha interface GTK para traballar coa axenda de contactos e xestionar os SMS da tarxeta SIM. Este software está desenvolvido en Python baixo licenza GNU/GPL.

Fonte: Amedias

QLandkarte é un software cartográfico GPL que vén a cubrir parte das necesidades deste tipo de aplicacións para GNU/Linux.

Así relata o seu autor o nacemento do proxecto: “Encontrei varias ferramentas como GPSBabel e sendmap para manexar datos do meu GPS; pero non ferramentas para visualizalos e xestionalos de forma correcta. Na miña busca atopei en Sourceforge unha especificación do formato IMG usado para os mapas. Despois de moito tempo lendo e probando a especificación, considereina o suficientemente boa como para desenvolver unha interface para visualizar estes ficheiros usando esta especificación. QLandkarte é o resultado deste esforzo.”…

Entre as súas características implementadas destacan (*soportadas):

  • eMap (serial, EXPERIMENTAL)
  • eTrex Legend (serial, EXPERIMENTAL)
  • eTrex Vista (serial, experimental)
  • eTrex Legend C
  • eTrex Venture Cx (UNTESTED)
  • eTrex Vista Cx (usb)
  • GPSMap 60CS
  • GPSMap 60CSx
  • GPSMap 60Cx (UNTESTED)
  • GPSMap 76SCx (UNTESTED)
    • Para soportar outros GPS, o autor pide axuda no desenvolvemento
  • *Importar coleccións de mapas
  • * Cargar ficheiros *.img
  • * Amosar mapas e información de obxectos
  • * Busca de lugares a través de Google Maps
  • * Rexistro dinámico – grava datos de posición de GPSr
  • * Medir distancias (WGS84)
  • * Imprimir mapas a PDF ou papel
  • * Facer capturas de pantalla de GPSr
  • Cargar mapas ao dispositivo
  • e moitas máis…

O autor da aplicación habilitou unha lista de correo para enviar peticións de soporte acerca da mesma:
Lista de soporte de QLandkarte

Unhas capturas de pantalla de QLandkarte:
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot1.jpg
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot2.jpg
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot3.jpg

Páxina oficial do proxecto:
http://qlandkarte.sourceforge.net/

http://www.mancomun.org/images/stories/phpbb.png Esta é a petición de axuda das CiberIrmandades da Fala para rematar a tradución do sistema de foros phpBB3:

“O domingo, día 10 de xuño, os responsables do phpBB3, popular sistema de foros (ver foros da CiberIrmandade), van facer unha limpeza de todos os paquetes de idioma “sobrantes” do que hai agora como descargas dispoñibles na web oficial. A data límite para enviar a tradución completa é o domingo día 10 ás 12 do mediodía, e a nosa lingua ten que estar aí. Axúdanos.

Aínda que existen opcións de que admitan unha versión incompleta, previa comprobación e valoración do estado da mesma, queremos que a nosa lingua estea dispoñible dende o primeiro día, para o que precisamos axuda para revisar erros e traducir algunha cousa pendente…”

“A CiberIrmandade da Fala, responsable oficial da localización en galego deste popular sistema de foros, ten unha versión operativa fruto dun traballo colaborativo no traduCIF. Esta primeira versión está nun proceso de revisión, e a iso podes axudar.

A asociación IGLUES (Iniciativa de Gestión Libre Universal para Empresas y Sociedades) fomenta dende o ano 2004 o desenvolvemento de aplicacións de xestión libres para PEME.

O xoves pasado dende IGLUES anunciaron a liberación de BulmaGés V 0.9.3 unha nova revisión estable deste software de xestión para PEME e que se pode descargar dende http://prdownload.berlios.de/bulmages/bulmages-0.9.3.tgz

Este paquete de software está formado por un programa adicado á facturación (BulmaFact) e outro destinado á contabilidade (BulmaCont). BulgaGés é o resultado de cinco anos de desenvolvemento e que nos acerca cada vez máis á versión 1.0.

Tanto en Debian como en Ubuntu está dispoñible a versión 0.9.1 deste software. Agora mesmo están traballando en poñer a nova versión dispoñible tan pronto como lles sexa posible.

Fonte:
http://bulma.net/body.phtml?nIdNoticia=2390

Representan un 52,2% do total de individuos que coñecen este sistema operativo, seguidos das poboacións de entre 5.001 a 10.000 residentes, co 49%. Isto é o que recolle unha enquisa sobre equipamento e uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos fogares desta autonomía, elaborado polo Observatorio Extremeño de la Sociedad de la Información. Da enquisa tamén se extraen outros datos interesantes, como que o 81,9% das conexións na rexión son liñas ADSL situando a Estremadura á cabeza da nación; tamén que existe unha cuarta parte de usuarios da rexión que non dispoñen de Internet na casa e se conectan desde centros públicos, e outros datos interesantes sobre a telefonía móbil…

Fonte: Región Digital

O IDABC (Interoperable Delivery of European eGovernment Services to public Administrations, Businesses and Citizens) ten unha listaxe de software libre que poden empregar os gobernos para cubrir moitas das áreas da administración.

Neste caso, cómpre salientarmos as alternativas libres que existen canto á xestión de hospitais e canto aos temas que se relacionan coa saúde, cos programas como o GNUMed, Care2x, DHIS, Res Medicinae, Debian-Med e World VistA HER.

«O proxecto GNUMed é un paquete de Software Libre e seguro que respecta a privacidade dos pacientes, está baseado en estándares abertos e nunha arquitectura cliente-servidor que ademais é multiplataforma e permite a internacionalización.»

«Care2x integra datos, funcións e workflows no contorno da saúde. Está formado por diversos compoñentes, como o HIS: Sistema de Información Hospitalaria, o CDS: Servidor Central de Datos etc»

«HISP (Health Information Systems Programme) é unha iniciativa de investigación global que se empregou por vez primeira no sur de África en 1998 e en diversos proxectos piloto en Mozambique, Malawi, Etiopía, Tanzania, na India e Vietnam. As características máis salientables deste sistema son, sobre todo, a súa flexibilidade xa que o usuario final e o avanzado poden definir os datos (rutinas de datos sanitarios, datos de organización, enquisas médicas etc»

«VistA deseñouse para dotar dunha interface gráfica simple para actualizar rapidamente os datos dos pacientes: medicinas, raios X, dietas, probas de laboratorio etc. Os rexistros de pacientes son suficientemente flexibles para recadar unha grande variedade de configuracións. A empresa que fixo worlvista está recoñecida como empresa sen ánimo de lucro desde 2003 e o programa estase a empregar desde hai varios anos»

Aínda que algún dos programas, como «Res Medicinae», aínda non está moi completo, outros presentan unha boa alternativa canto a unha implantación dun sistema estándar para todo un país, xa que ao seren software libre pódense cambiar segundo as necesidades, auditarse de mellor forma para garantir que se está a respectar a privacidade do paciente e pode distribuírse sen medo ao número de licenzas; este feito fai que se gasten menos cartos caso de ampliacións e, por tanto, rendible a longo prazo.

Páxina do inventario de software: http://ec.europa.eu/idabc/en/chapter/5649

Páxinas dos proxectos:

http://www.gnumed.org

http://care2x.com/index.php

http://www.hisp.info/confluence

http://resmedicinae.sourceforge.net

http://www.debian.org/devel/debian-med

http://www.worldvista.org

http://www.mancomun.org/images/stories/flock-logo.jpgFlock é un navegador web baseado en Mozilla Firefox orientado ás redes sociais.

Con Flock é máis sinxelo compartir ficheiros e estar en contacto con outra xente a través de Internet, compartir fotos, ten o contido actualizado das túas webs favoritas e buscar na web coa máis avanzada barra de busca dispoñible.

O navegador está orientado ás redes sociais, permitindo comodamente escribir, editar e navegar nas webs principais de Internet…

Por iso integra servizos como Flickr, del.icio.us ou a Wikipedia, permitindo  aos usuarios compartir facilmente marcadores e incluso o historial do seu navegador.

A distribución multimedia Elisa foi elixida como o elemento principal da infraestrutura da Ubuntu Media Center. A comunidade Ubuntu adoptou o proxecto Ubuntu Media Center debido a gran demanda que existe por este tipo de software.

Elisa é un proxecto para crear unha solución multiplataforma media center baixo licenza GNU/GPLv2. A principal liña de desenvolvemento é sobre plataforma GNU/Linux inda que tamén se adican esforzos ás plataformas MacOSX e MS Windows. Elisa usa o marco de traballo (framework) multimedia Gstreamer e colle todas as vantaxes da aceleración hardware das tarxetas gráficas empregando OpenGL. Na web de Elisa pódense ler todas as características deste software.

http://www.mancomun.org/images/stories/agnix_150.jpgA Asociación de Usuarios GNIX, AGNIX, vén de elaborar o Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza. Este documento é unha reivindicación do emprego do Software Libre e formatos abertos nas entidades locais que inclúe a concellos, deputacións, mancomunidades e outros entes públicos. A intención de AGNIX é remitir este documento aos 315 concellos de Galicia así como ás catro deputacións, ás distintas mancomunidades de municipios, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e á Consellería de Presidencia, Xustiza e Administración Pública despois do pleno de investidura dos alcaldes e alcaldesas que terá lugar o sábado 16 de xuño. Preténdese así concienciar ás entidades locais da importancia do Software Libre para as poboacións que gobernan.
 
AGNIX fai un chamamento a todos aqueles que se identifiquen coas demandas do manifesto que fagan chegar este documentos aos seus respectivos concellos a través do rexistro xeral dando instruccións de como facelo.  
 

Esta agrupación considera de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información. 
 
AGNIX demanda a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.
 
O manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá e toma como referencia diversos puntos do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información.   

http://www.mancomun.org/images/stories/clamav_logo.jpg Acaba de saír a versión 0.90.2.1 de ClamWin Free Antivirus, que é unha interface para Windows do antivirus Clam AntiVirus.

ClamWin inclúe un programador de tarefas, actualizacións da base de datos de virus, integración no menú contextual do explorador de ficheiros de Windows, un plugin para integrar con MS Outlook e pódese instalar nunha chave USB ou CDROM para usalo noutros  PC sen necesidade de instalalo, entre outras moitas cousas…

ClamWin Free Antivirus ten licencia GPL e polo de agora só se atopa dispoñible en inglés.

Para usuarios de GNU/Linux, tamén comentar que existen interfaces gráficas para este antivirus, como por exemplo KlamAV para KDE, Corbicula para GNOME, ClamTk…Para ver unha lista máis completa de interfaces para este motor antivirus consulta na seguinte páxina do wiki de Clam antivirus:

http://wiki.clamav.net/Main/ClamGUI 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal