Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza

Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza
http://www.mancomun.org/images/stories/agnix_150.jpgA Asociación de Usuarios GNIX, AGNIX, vén de elaborar o Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza. Este documento é unha reivindicación do emprego do Software Libre e formatos abertos nas entidades locais que inclúe a concellos, deputacións, mancomunidades e outros entes públicos. A intención de AGNIX é remitir este documento aos 315 concellos de Galicia así como ás catro deputacións, ás distintas mancomunidades de municipios, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e á Consellería de Presidencia, Xustiza e Administración Pública despois do pleno de investidura dos alcaldes e alcaldesas que terá lugar o sábado 16 de xuño. Preténdese así concienciar ás entidades locais da importancia do Software Libre para as poboacións que gobernan.
 
AGNIX fai un chamamento a todos aqueles que se identifiquen coas demandas do manifesto que fagan chegar este documentos aos seus respectivos concellos a través do rexistro xeral dando instruccións de como facelo.  
 

Esta agrupación considera de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información. 
 
AGNIX demanda a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.
 
O manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá e toma como referencia diversos puntos do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información.   
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal