Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/alfresco.gifUn recente estudo á comunidade de usuarios de Alfresco desvela que Ubuntu é a distribución de Linux que máis rápido se está a adoptar dentro da súa comunidade.

Alfresco é un xestor de contidos empresarial (ECM) de código aberto, empregados para capturar, xestionar, almacenar e preservar contidos e documentos relacionados cos procesos dunha organización.

O crecemento da comunidade de usuarios de Alfresco no pasado ano 2007 foi moi grande, comezando en febreiro con 2000 membros rexistrados e rematando o ano con máis de 35.000.

En canto a distribución elixida para a súa implantación destaca o dato de que Ubuntu é a segunda distro máis implantada (23%), só por detrás de Red Hat cun 35% (pero só se xuntamos RHEL e Fedora). Microsoft só e a opción elixida por un 26.5% dos seus usuarios…


Crecemento da comunidade de usuarios de Alfresco
Crecemento da comunidade de usuarios de Alfresco
http://www.mancomun.org/images/stories/acumulativo_alfresco.pngSistemas Operativos Linux en membros da comunidade de Alfresco (acumulativo)
 

Ademais en canto ao servidor de aplicacións usado para Alfresco destaca por enriba de todos o uso de Tomcat cun 72% seguido de JBoss cun 18%.

Servidores de aplicacións comunidade Alfresco
Uso de Servidores de Aplicacións para Alfresco
 

En xeral, moi bos datos en relación ao uso de Software Libre con Alfresco.

Fonte da nova:
http://blogs.cnet.com/8301-13505_1-9868873-16.html

Archimedes é un proxecto apoiado por un equipo de arquitectos que axudan ao grupo de desenvolvedores para adaptalo ás necesidades reais que xorden no día a día da vida dun arquitecto. Está feito en [[Java]], baixo [[GPL]], co cal pode empregarse en diferentes plataformas e modificarse para as necesidades de cada usuario.

Se busca unha alternativa cun futuro prometedor, o Archimedes é unha das alternativas do coñecido [[AutoCAD]], pois ofrece todas as funcións básicas deste tipo de programas. a pesares de que aínda lle falte por posuír algunhas funcións, e engadir máis ferramentas para abarcar todas as posibilidades [[CAD]].

 

Descarga: Sf.net  

http://www.mancomun.org/images/stories/openbravopos-logo.jpg Openbravo vén de anunciar o lanzamento do seu último produto, Openbravo POS. Openbravo POS é unha aplicación de Punto de Venta (POS) en software libre para o sector minorista. Foi especificamente deseñada para pantallas táctiles dunha ampla gama de negocios: dende restaurantes e tendas de comestibles ata minoristas especializados en fornecer a comercios.

Openbravo POS pódese configurar para traballar en calquera contorno de punto de venda, converténdose nunha solución de amplas funcionalidades. Openbravo POS e Openbravo ERP poden funcionar por separado ou conxuntamente en función das necesidades dos usuarios.

O novo produto conta con páxina propia e a migración do nome desde Librepos foi completada, polo que agora hai un novo proxecto en sourceforge nomeado Openbravo POS e redireccións desde versións anteriores.

A comunidade pode consultar a folla de ruta do novo proxecto e opinar nos foros de desenvolvedores para incorporar novas características.

Fonte: blogue de Adrián Romero

A “Asociación de Jóvenes Empresarios de la Provincia de Lugo” (AJELugo) agrupa entre os seus membros a emprendedores menores de 45 anos que apostaron por un proxecto empresarial de futuro. Así, e a través dun convenio firmado coa empresa “SCA Informática” ofrecen aos seus socios, entre outras máis cousas:

  • Consultoría gratuíta para desenvolvementos de aplicacións informáticas baseadas en Software Libre.
  • Auditoría gratuíta en valoracións de estados de sistemas, para melloralos en calidade técnica, custe económico e orientalos cara a GNU/Linux e o Software Libre…

 

Máis información en:
http://www.ajelugo.com/convenios/list/

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.pngNa páxina web de GALPon podemos ler a seguinte nova:
“Dentro do marco de colaboración que GALPon mantén co GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
  • Impartido por Miguel Anxo Bouzada (socio e colaborador de GALPon e voluntario do GRUVI)
  • Datas e horas previstas: Luns, martes e mércores 18,19 e 20 de febreiro de 11 a 13 horas ( 6 horas).
  • Lugar: Aínda sen determinar, probablemente no novo emprazamento do obradoiro do GRUVI na sala 5 (inmediata anterior a actual) Facultade de Filoloxía e Tradución, Pavillón C, Edificio Newton, 2º andar, (antigo CUVI).”

Fonte:
http://www.galpon.org/drupal/node/165

Engadido á “Axenda de Eventos” de Mancomun.org

Con Firefox Mass Extension Manager, pódense ver os complementos que están instalados, activados ou desactivados, ademais de acceder ao catálogo de Add-ons de Mozilla desde o propio complemento para instalar de forma rápida e simultánea varios deles.

Firefox Mass Extension Manager permítenos realizar procuras de complementos, ademais de mostrarnos os máis descargados e os recomendados.

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox_mass_extension_manager.png

Pantallazo do complemento 

Ademais, Firefox Mass Extension Manager, ten a opción de crear unha copia de seguridade do listado de complementos que xa temos instalados para restauralo en caso de perda ou fallo, ao igual que traballan os complementos FEBE e CLEO. Sen dúbida é un complemento que aforra tempo a aqueles que constantemente instalan novos engadidos ou traballan con varios deles.

Fonte: Zona Firefox

 

SugarCRM anunciou que en breve estarán dispoñibles os asistentes da versión Community Edition para as plataformas Solaris e OpenSolaris que simplificarán a instalación e posta en funcionamento de SugarCRM.

Os instaladores facilitarán a instalación de toda a pila de software necesaria para o funcionamento de SugarCRM nun contorno Solaris. O software a incluír é o servidor web Apache, MySQL, PHP e a versión de Sugar CRM (Community Edition) cunha configuración básica.

En palabras de Paul Oh, director de Technology Alliances, SugarCRM: â??estamos encantados de ampliar as facilidades na instalación para os usuarios de Solaris e OpenSolarisâ?. â??SugarCRM úsase en miles de organizacións en todo o mundo e vimos que aumentaba a demanda de clientes co sistema operativo Solaris e a súa versión en código aberto, OpenSolarisâ?.

 

Os instaladores para Solaris e OpenSolaris estarán dispoñibles no primeiro trimestre de 2008 en Sugarforge. De momento pódense descargar os instaladores para outras plataformas (GNU/Linux, MacOS ou MS Windows) dentro do proxecto BitRock Installers for SugarCRM (sugarinstaller).

Fontes:

Enterprise Open Source Magazine

Nota de prensa SugarCRM

ZimbraO pasado día 5 [[Zimbra]] publicou a versión ZCS 5.0, a primeira versión desta suite desde a compra de Zimbra por parte de Yahoo.

As novas características de ZCS 5.0 inclúen:

  • Posibilidade de traballar conectado ou sen conexión con Zimbra Desktop
  • Posibilidade de sincronización nativa de mensaxes de correo, contactos, calendario e tarefas de Zimbra a Outlook 2007.
  • Posibilidade de acceder a Zimbra desde calquera BlackBerry e dispositivos J2ME, ou desde calquera outro navegador móbil, como por exemplo o do Apple iPhone
  • As Tarefas de Zimbra permiten monitorizar as datas de comezo e finalización, prioridade, progreso e porcentaxe de cumprimento de cada tarefa.

  • Mensaxería instantánea vía web, con soporte de múltiples conversacións e chats de grupo
  • Posibilidade de almacenar os ficheiros adxuntos de calquera mensaxe nunha estrutura especial (Zimbra Briefcase) que permite ser compartida facilmente.
  • Posibilidade de compartir a bandexa de entrada e outros cartafoles de correo con outros, incluíndo a posibilidade de ofrecer acceso de só lectura ou ben control total.
  • Soporte multi-idioma (quince idiomas, a elixir)

Segundo InternetNews, a licenza de Zimbra cambiou á Yahoo Public License.

 

Fonte: DiarioLinux  

En live.gnome.org vemos a iniciativa para conseguir que o contorno de escritorio Gnome sexa usado no 10% dos computadores no 2010, iniciativa denominada 10×10 .

A iniciativa basease en datos de diferentes estudos:

  •  En  marzo de 2005 un estudo dicía que o número de computadores existentes eran uns 820 millóns e crecerían ata chegar ao billón no 2007. Segundo esa progresión no 2010 o número de computadores sería de 1219 millóns.
  • Segundo outro estudo tamén do 2005, o uso de Linux naquel momento era dun 2,6% do total dos computadores.

Con estas premisas, tomaron dous escenarios…

 

  • Escenario A: Usando estes datos, e que o uso de Gnome nos escritorios de Linux rondaba o 30%, calculaban que o uso naquel momento de Gnome era dun total de 6.396.000 computadores que supoñían un total do 0,78% a nivel mundial.
  • Escenario B: Cos mesmos datos e que o uso de Gnome estaba subestimado e rondaba o 50%, o uso sería dun 1,3%, que equivalería a un total de 10.660.000 computadores.
Así propuxéronse conseguir que o ritmo de crecemento medio anual de Gnome fose dun 50% e supuxeron o escenario B para que no 2010 o uso de Gnome fose dun 10%.
 
Táboa de previsión de evolución:
 Escritorios Gnome para conseguir o obxectivo 10×10
 Ano  PC (millóns)
 Uso de Gnome (millóns)
Novos usuarios (millóns)
 2004  820  10,66  
 2005  876  15,99  5,33
 2006  936  23,99  8,00
 2007  1000  35,98  12,00
 2008  1068  53,97  17,99
 2009  1141  80,95  26,98
 2010  1219  121,42  40,47

 

 
Máis información:
Obxectivo 10×10 de Gnome
Problemática para contar o número de escritorios Gnome executándose actualmente
Enquisas de uso de Linux en distintos anos

No álbum de fotos de Sebastian Bergmann en Flickr atopamos esta interesante gráfica comparativa de rendemento de distintas funcións nas versións de PHP que van desde a rama 3.0 até a 5.3 CVS:

 

https://mancomun.gal/wp-content/uploads/2022/09/2247691153_40cbfdfe90_m.jpg

 Prema na imaxe para ver máis grande

 
Nesta gráfica pódese observar o aumento espectacular de rendemento entre a versión 3 e a 4, así como entre a versión 4 e a 5 .

Mancomun.org estará presente nas “III Xornadas de Software Libre en Monforte” que se celebrarán os días 11 e 12 de febreiro no instituto A Pinguela.

Nas xornadas tamén estarán presentes Roberto Brenlla de AGNIX, Enrique Barreiro da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, Juan López do IES Lois Peña Novo de Vilalba e Asier Epelde Piñeiro de Ítaca.

Cartel do evento:

http://www.mancomun.org/images/stories/iii_xornadas_monforte.jpg

 

 

Segundo o comunicado de prensa que envía a empresa francesa, elixiron SUSE Linux Enterprise para mellorar a interoperabilidade con outros sistemas operativos. Seguindo co comunicado, grazas a este acordo, Microsoft fornecerá a Renault máis de 1.000 certificados de subscrición de asistencia prioritaria para o Servidor SUSE Linux Enterprise de Novell.

Incrementar a presenza de SUSE Linux Enterprise no centro de datos, integrado adecuadamente con outros sistemas, mellorará o despregamento de aplicacións e incrementará a vantaxe competitiva, sinala Susan Heystee, vicepresidenta e directora xeral de Alianzas Estratéxicas Globais de Novell.

 

Fonte: Theinquirer.es  

Paintown é un xogo de loitas na rúa cun aire  a xogos como o Streets of Rage, Street Fighter, etc. Recentemente publicouse a versión 3.0 de Paintown, na que se inclúe como principal novidade a posibilidade de modo multixogador a través de Internet. Pódese xogar en diferentes sistemas operativos e está baixo licenza [[GPL]].

Outras novidades son un novo modo de xogo, no que terás asistencia por parte da computadora, agora os inimigos explotan ao acabar con eles (dándolle un toque gore ao xogo), e engadíronse 4 novos personaxes a elixir: Kagetsura, Venom, Blanka, e un novo Goku.

O código fonte do xogo podédelo baixar desde a sección de descargas do proxecto en Sourceforge.
Fonte: Freshmeat  
           Linuxjuegos

Linux (e principalmente Red Hat Enterprise Linux) convertéronse na plataforma principal de produción da industria de animación, grazas en boa medida aos esforzos de DreamWorks. Detrás deses esforzos está Ed Leonard, xefe de tecnoloxía en DreamWorks, ao cal recentemente se lle recoñeceu o seu traballo cun Annie Award polo seu labor “promocionando o sistema operativo Linux para a animación nos estudos de animación e no desenvolvemento de xogos”…

Ed Leonard traballou con anterioridade en Novell, ademais de con HP e Red Hat para facer que Linux entrase na industria da animación con forza, e todo iso, sen escribir ningunha liña de código.

Fonte orixinal e completa da nova (en inglés):
http://blogs.cnet.com/8301-13505_1-9865829-16.html

Visto en Código Cero:
“O goberno central presentou este mércores Facturae, un novo formato de factura electrónica desenvolvida de xeito conxunto pola Subdirección General de TICs (do Ministerio de Industria) e por Informática Tributaria (do Ministerio de Economía). O obxectivo deste sistema é incrementar entre as empresas as posibilidades de aforro, ó favorecer o emprego do dixital en troques do emprego do papel. Dito doutro xeito máis concreto: en España fanse cada no unhas 4.500 millóns de facturas, un gasto importante de papel que, no caso de empregarse as ferramentas electrónicas (neste caso, Facturae), non tería razón de ser…”

“Segundo apunta o Goberno, o emprego de Facturae (unha ferramenta gratuíta, aberta e garantida pola Administración) suporía un aforro por factura de 3,4 euros para cada empresa e de 15.000 millóns de euros por ano para todo o conxunto da economía española, un 1,5% do PIB.”


Máis información na fonte orixinal da nova:
Código Cero

Onte saíu a primeira actualización de KDE 4, o novo contorno de escritorio de KDE. KDE 4.0.1 corrixe diversos erros detectados durante estas primeiras semanas de vida de KDE4 ademais de varias melloras de rendemento e actualización de traducións. A lista completa de cambios pódese ver na seguinte ligazón:

Lista de cambios da versión KDE 4.0.1

Ligazón ao wiki de KDE con documentación traducida ao galego para compilar KDE 4.0:
http://techbase.kde.org/index.php?title=Getting_Started/Build/KDE4_(gl) 

Algunhas capturas de pantalla desta nova versión: 

http://www.mancomun.org/images/stories/kde4.png

 

http://www.mancomun.org/images/stories/kde4_2.png

 

Para instalar KDE4, algunhas distribucións de Linux xa provén dos paquetes binarios aos seus usuarios e noutros casos, as comunidades de voluntarios son os que os fan. Algúns destes paquetes binarios están descargables desde as páxinas de descarga de KDE.

Adicionalmente, hai paquetes precompilados para as seguintes distribucións:

  • Debian KDE 4.0.1. paquetes dispoñibles na rama experimental. A plataforma de desenvolvemento de KDE é “Sid”. Está atento aos anuncios do equipo Debian KDE.
  • Kubuntu. Paquetes xa incluídos na futura “Hardy Heron” (8.04) e tamén dispoñibles para a versión estable “Gutsy Gibbon” (7.10). Máis detalles no anuncio en Kubuntu.org.
  • openSUSE. Paquetes dispoñibles para openSUSE 10.3 (instalación en un só click), openSUSE Factory (instalación) e openSUSE 10.2. KDE 4.0.1 será parte da nova versión openSUSE 11.0.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal