
As novas características de ZCS 5.0 inclúen:
- Posibilidade de traballar conectado ou sen conexión con Zimbra Desktop
- Posibilidade de sincronización nativa de mensaxes de correo, contactos, calendario e tarefas de Zimbra a Outlook 2007.
- Posibilidade de acceder a Zimbra desde calquera BlackBerry e dispositivos J2ME, ou desde calquera outro navegador móbil, como por exemplo o do Apple iPhone
- As Tarefas de Zimbra permiten monitorizar as datas de comezo e finalización, prioridade, progreso e porcentaxe de cumprimento de cada tarefa.
- Mensaxería instantánea vía web, con soporte de múltiples conversacións e chats de grupo
- Posibilidade de almacenar os ficheiros adxuntos de calquera mensaxe nunha estrutura especial (Zimbra Briefcase) que permite ser compartida facilmente.
- Posibilidade de compartir a bandexa de entrada e outros cartafoles de correo con outros, incluíndo a posibilidade de ofrecer acceso de só lectura ou ben control total.
- Soporte multi-idioma (quince idiomas, a elixir)
Segundo InternetNews, a licenza de Zimbra cambiou á Yahoo Public License.
Fonte: DiarioLinux