Mancomún

Apache Harmony ven de anunciar unha versión estable do seu proxecto, a “5.0 M1”. O código, que previamente foi publicado como “snapshot r533500”, experimentou a proba adicional despois dun período da conxelación no seu desenvolvemento. Harmony 5.0 M1 de Apache representa a versión máis estable ata o momento e recoméndanse descargar esta versión para probar o runtime e o kit de desenvolvemento, e comunicar as súas experiencias na lista de Harmony.

Apache Harmony é o proxecto da Fundación Apache para ter Java SE (Standard Edition). 

O obxectivo do proxecto é ter un comunidade interesada en contornos de execución baixo plataformas java coa creación de: 

  • Unha implementación independente e compatible do Java SE 5 JDK baixo licenza Apache License v2
  • Un contorno de execución modular (runtime) desenvolvido pola comunidade (bibliotecas de clases e da máquina virtual VM).

Máis información

A partir do traballo feito na localización do OpenOffice.org, do Firefox, Thunderbird, Gnomr Pidgim… foise desenvolvendo un glosario de termos tecnolóxicos en inglés e a súa correspondente tradución ao galego segundo as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego publicadas pola Real Academia Galega en decembro de 2003 (décimo oitava edición).

Esta ferramenta complementa o Corpus de referencia do OpenOffice.org e servirá para facilitar o traballo de manter a coherencia nas traducións de novas aplicacións ou consultar dun xeito rápido as dúbidas que se poidan presentar na utilización de terminoloxía tecnolóxica no noso idioma.

Este glosario esta dispoñible no apartado de Ferramentas Lingüísticas do noso wiki para a súa consulta en liña así como para facilitar a inclusión de novos termos e a súa discusión. Ademais está tamén dispoñible na sección de Descargas , no apartado Ferramentas Lingüísticas.

Mancomun.org, a iniciativa da Dirección Xeral de Promoción e Sociedade da Información (DXPSI) para promover e difundir o Software Libre, cumpre un ano como axente catalizador dos diferentes proxectos sobre Software Libre existentes en Galicia.

Mancomun.org Aniversario

Coincidindo coa existencia desta iniciativa os eventos de difusión celebrados desde hai un ano, máis de 90, duplicaron aos que tiveron lugar no bienio anterior. Durante este ano de actividade de Mancomun.org a PEME, o ensino non universitario e a administración local tomaron conciencia da existencia dunha alternativa tecnolóxica máis innovadora, de menor custe e cunha maior capacidade de adaptación ás necesidades dos usuarios.

Desde Mancomun.org queremos agradecer a todas as persoas e institucións que colaboraron con nós neste ano polo seu traballo e adicación que contribuíron ao éxito deste proxecto e conforman a comunidade galega do Software Libre. 

O proxecto da DXPSI orienta a súa actividade en catro direccións principais: conseguir desenvolver unha industria local de software competitiva, aumentar a produtividade das PEME a través de tecnoloxías innovadoras, adaptables e gratuítas, introducir as TIC nos centros de ensino e conseguir un importante aforro nos custes tecnolóxicos da administración garantindo ademais a independencia tecnolóxica e o consumo responsable por parte do sector público.

Mancomun.org publicou no seu portal máis de 900 noticias converténdose nun punto de encontro da comunidade do Software Libre en todo o estado. Tendeu tamén pontes de colaboración coas tres universidades para o desenvolvemento de software de mellora da accesibilidade e de xestión da PEME e cos colectivos de promoción do GNU/Linux para organizar uns 40 actos ata o final do ano. Mancomun.org ofrece asesoramento a todo tipo de iniciativas sociais, educativas e empresariais que empreguen Software Libre. A Forxa, respositorio para os proxectos libres galegos, forma tamén parte da iniciativa.

Software en galego

Mancomun.org tivo tamén unha actividade importante na adaptación de software ao galego. Por unha banda coordinuouse a localización de toda unha serie de produtos que permiten dispoñer dun computador totalmente libre e en galego incluíndo o escritorio Gnome, o conxunto de aplicacións ofimáticas OpenOffice.org (á que tiveron acceso unhas 45.000 persoas a través do portal ou dos CD repartidos pola DXPSI), o navegador web Firefox, o xestor de correo Thunderbird ou o programa de mensaxería instantánea Pidgin.

Por outra traballouse para a consolidación dunha comunidade tradutora que dinamizase a localización de software a través da ferramenta Entrans conseguindo grandes resultados como a tradución do interface do OpenOffice.org 2.2, o Firefox 2.0 ou unha serie de aplicacións educativas como Gcompris ou o Freemind. Co obxectivo de consolidar o Software Libre en galego na educación repartíronse 1.500 OpenOffice.org por todos os centros educativos de ensino non universitario e impartíronse cursos a docentes sobre o Entrans e o Software Libre.

A PEME é outro dos obxectivos estratéxicos de Mancomun.org. Actualmente trabállase en proporcionar ás empresas ferramentas informáticas en galego (ERP, programas de contabilidade, TPV…) que aumenten a súa produtividade sen supoñer un gran custe.

A Iniciativa Galega polo Software Libre encaixan tanto no Pacto de Goberno da Xunta de Galicia como o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) que recollen a necesidade de que a administración se axeite aos estándares abertos e de promover o código aberto entre os cidadáns.

O proxecto Gentoo anunciou a primeira liberación do ano, Gentoo Linux 2007.0, denominada “Secret Sauce”. Esta nova versión ven cun CD que pode ser live o instalable.

Entre as novas características conta con:

  • Linux Kernel 2.6.19.

  • Os escritorios GNOME 2.16.2, KDE 3.5.5 e Xfce 4.4

  • Navegador web Firefox 2.0.0.3.

  • A suite ofimática OpenOffice.org 2.1.0.

  • Actualización a glibc 2.5 para a versión x86.

  • Actualización das librerías de emulación de 32-bit para a versión amd64-bit, o que mellora o soporte para moitas aplicacións de código cerrado e plugins de navegador.

Podes descargar esta nova versión dende o enlace web http://www.gentoo.org/main/en/where.xml.

Fonte: http://www.gentoo.org/

Ericsson fixo un comunicado dunha alianza con Sun MicroSystems para o desenvolvemento dun servidor de aplicacións de multimedia baseado na tecnoloxía Java con código aberto.

A colaboración inclúe plans para desenvolver un programa de soporte para a comunidade de programadores, o programa de soporte ten unha variedade de ferramentas e habilidades para apoiar ás comunidades de programadores, así como a posibilidade de que proben as súas aplicacións nunha rede en directo baseada en IMS.

Fonte: Reuters

http://www.mancomun.org/images/stories/openbravo.gifOpenbravo está a planificar o seu futuro no eido dos ERP e para elo fai publica a súa oferta de postos de traballo. Na procura dos mellores profesionais, Openbravo ofrece un completo plan de carreira en función da valía de cada quen cun sistema retributivo moi atractivo e unha cultura corporativa xoven que promove a innovación.

Os postos están repartidos entre as seguintes categorías: enxeñería, consultoría, servizos profesionais (professional services), xestión de finanzas, xestión de asociados (Partners) e mercadotecnia (marketing). Na web de Openbravo pódense atopar os perfís de cada posto.

Esta iniciativa promovida pola Dirección Xeral da Promoción Industrial e da Sociedade da Información adica un artigo a explicar as potencialidades do Software Libre para a tradución de programas ao galego, así como para garantir a interoporabilidade na Administración Pública. Na columna tamén se fala da importancia do movemento asociativo na difusión e implantación do Software Libre.

Desenvolvedores e usuarios de software xeo-espacial aberto e libre de todo o mundo reúnense na conferencia anual FOSS4G para discutir novos camiños, implementacións, e oportunidades de crecemento do negocio no campo do Software Libre xeo-espacial. Esta conferencia anual gábase dunha alta concentración de líderes de opinión en tecnoloxía xeo-espacial. A asistencia a este evento medrou sobre un 50% cada ano agás no 2003, paralelamente ao rápido crecemento e a adaptación aos cambios das ferramentas xeo-espaciais libres do mercado. FOSS4G Conferencia

Aproximadamente unha semana despois de que Dell anunciase a súa intención de vender ordenadores coa version 7.04 de Ubuntu Linux preinstalado, Microsoft informa que Dell uniuse ó acordo de interoperabilidade Linux-Windows que mantiña con Novell.

De esta forma, Dell convírtese no primeiro gran fabricante que se une a esta colaboración entre Microsoft e Novell. Este acordo parece que suporá un primeiro paso importante cara a mellora dos servizos que se ofrecen ós usuarios das empresas que usan ámbolos dous sistemas operativos, Linux e Windows. Microsoft afirma que segundo o último acordo, Dell vai adquirir certificados SuSe Linux Enterprise Server. A maiores, Microsoft expón que Dell establecerá un programa de marketing e servizos para que os usuarios de Linux emigren á distribución SuSe Linux.

Fonte: La flecha.net

UbuntuFON, a gran comunidade WiFi creada por Martín Varsavsky, deixará de empregar software de Microsoft e comezará a utilizar a distribución GNU/Linux Ubuntu. Varsavsky explica as razóns desta migración no seu blogue entre as que salienta a seguridade e confianza que proporciona traballar con GNU/Linux e o menor custe tanto en licenzas como en equipos.
 

Varsavsky anima aos foneros a cambiarse o antes posible dadas as facilidades que achegan algunhas das distribucións actuais como Ubuntu.

PidginPidgin é un Software Libre, protexido pola GPL de GNU. Foi escrito orixinalmente por Mark Spencer para sistemas tipo Unix, pero agora funciona sobre moitas plataformas, incluíndo GNU/Linux, Microsoft Windows , Mac OS X, SkyOS e o sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.

Recentemente, Pidgin dividiuse entre a interface gráfica de usuario (GUI), encargada de mostrar os datos ao usuario; e o motor, que é o que implementa toda a funcionalidade de conexión coas redes de mensaxería. Desta forma agora é posible escribir programas cliente usando diferentes interfaces. A parte do motor está agora incluída na biblioteca Libgaim.

Hai tamén unha versión portátil de Gaim que se pode transportar e usar directamente dende unha memoria USB sen necesidade de instalala no computador.

O 6 de abril de 2007, o equipo de desenvolvemento de Gaim anunciou os resultados do seu acordo con AOL, no que se contemplaban varios cambios: Gaim pasou a ser Pidgin, Libgaim pasou a chamarse libpurple, e gaim-text Finch.

 
Actualmente a versión 2.0 de Pidgin (antes GAIM), ten significativas melloras con respecto aos anteriores GAIM 1.5.x e incluso ás últimas betas de GAIM 2.0. Pidgin 2.0 inclúe melloras na usabilidade da aplicación, ademais do obrigatorio soporte para as redes de mensaxería instantánea AIM, Bonjour, Gadu-Gadu, Groupwise, ICQ, IRC, QQ, SIMPLE, Sametime, XMPP, Zephyr, así coma as preferidas polos usuarios: MSN e Yahoo!.

Pidgin 2.0 todavía non soporta chat por voz ou video,

 Descargar Pidgin

 Fonte: hypersys.com.ar

Con motivo da celebración do seu II Aniversario, e co gallo do día de Internet e das Letras Galegas, Cambados.tk presenta as I Xornadas de Introdución ao Software Libre. Esta asociación pretende achegar o código aberto desde o punto teórico, informando das súas vantaxes, e desde o práctico cun obradoiro sobre as alternativas libres en diferentes eidos como os navegadores web ou nos programas de ofimática. A charla terá lugar o día 12 de maio no Centro Comarcal de Cambados e conta coa colaboración dos dinamizadores da sociedade da información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.
 

O aforo previsto é de 25 prazas e a inscrición é gratuíta a través dun correo a cambadostk@gmail.com ou no teléfono 986 52 60 13.

A ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera, e o presidente da Junta de Extremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, asinaron un convenio de colaboración para a creación do Centro Nacional de Desenvolvemento Curricular en Sistemas non Propietarios de Mérida.

 
O centro comezará a funcionar a principios de 2008 e deseñará contidos educativos dixitais para aplicar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ensino de todas as materias. Cabrera asegurou que ten “todo o sentido” situar o centro en Extremadura, pola aplicación efectiva das TIC na educación que fixo esta comunidade autónoma e pola formación de “equipos humanos” para levalo a cabo.
 
Fonte.- El Mundo  

http://www.mancomun.org/images/stories/openxpertya.pngEntre os días 7 e 8 de Maio terá lugar en Buenos Aires o  IV Congreso Rexional de ERP, o evento das solucións integrais de xestión máis importante do ano. OpenXpertya, estará presente nesta ocasión como única referencia de Software Libre entre outras solucións de software de xestión de tipo integramente comercial.
 

Fonte: openXpertya

OpenXpertya é unha solución integral para a empresa que engloba ERP e CRM, con integración de servizos en liña de B2B ou B2C (en función do tipo de cliente final) e incluso B2E (servizos internos) e con soporte de exportación e datos ao estandard EDI (intercambio electrónico de información entre empresa: facturas, albarás, pedidos: EDIFACT, estándar mundial da ONU) e con posibilidade de traballar con cubos multidimensionais OLAP (análise exhaustivo de resultados). Todo elo adaptado a nosa lexislación, tanto fiscal, como mercantil, civil, contable, etc.

Máis características

gvSIGAdministracións locais de Canarias, Extremadura e Valencia colaborarán para o desenvolvemento de sistemas de información xeográfica libres aproveitando a experiencia do gvSIG Valenciano. GvSIG é unha ferramenta libre orientada ao manexo de información xeográfica pensada para o usuario final financiada pola administración autonómica valenciana.

Responsables informáticos da Junta de Extremadura afirmaron que o gvSIG é un candidato firme para a súa plataforma de información xeográfica na parte de cliente. Extremadura xa levou a cabo varios algúns desenvolvementos baseados en gvSIG.

Pola súa banda o Cabildo Insular de la Palma usa gvSIG como ferramenta no lado de cliente para o seu portal de información xeográfico Geoportal. Nel pódense consultar fotografías aéreas -actuais e históricas-, rede de estradas, guía de recursos, topónimos, áreas protexidas, mapa xeolóxico, mapas climáticos, mapas hidrolóxicos, mapas forestais, mapas de vexetación, mapas de cultivos e imaxes de satélite entre outros.

O cliente WEB, desenvolvido íntegramente con Software Libre, permite consultar a cartografía dos servizos WMS (Web Map Services) implantados propios da IDE do Cabildo de la Palma, e doutros servizos WMS existentes e públicos en Internet.

Segundo a lista Top 500 que rexistra os computadores de maior capacidade 376 empregan algunha variante de GNU/Linux. O dominio deste sistema operativo libre é abrumador e cabe salientar a presenza da distribución de Novell Suse Linux en sete dos dez computadores máis potentes da lista.
 

Outros sistemas baseados en Unix aínda que propietarios como HP UX ou Super UX tamén están presentes na clasificación. Aix ocupa o terceiro lugar da lista na que está presente tamén Mac OS X con tres supercomputadores mentres que a solución de Microsoft non está presente no Top 500. A actualización da lista farase pública en xuño.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal