Mancomún

A nova versión do Linux Kernel 2.6.21 que acaba de ser liberada mellora as características de virtualización que xa tiña a versión 2.6.20 con VMI, unha contorna de paravirtualización que será empregada polo software Vmware.

Tamén dispón dun mecanismo de tickless idle loop chamado Dynticks, unha característica construída na parte superior dos eventos de reloxo que unifica a manipulación da medición de tempos e consegue unha alta resolución efectiva na medición dos mesmos…

Outras características son:

  • Unha liña de comandos do kernel máis grande.

  • ZONE_DMA opcional, soporte para PA SEMI PWRficient CPU.

  • Mellor soporte para PS3.

  • Soporte para NFS Ipv6.

  • Soporte para tunneling IPv4 <-> Ipv6 IPSEC.

  • Soporte para escritura UFS2.

  • Kprobes para PPC32.

  • Encriptado da chave pública para ecryptfs.

  • Algoritmos de cifrado Fcrypt e Padiola.

  • Porto aleatorio para NAT.

  • Moitos drivers novos xunto con outras pequenas melloras. 

A lista completa de cambios atópase en Ipv6 IPSEC. * Soporte para escritura UFS2. * Kprobes para PPC32. * Encriptado de clave pública para ecryptfs. * Algoritmos de cifrado Fcrypt e Padiola. * Porto aleatorio para NAT. * Moitos drivers novos xunto con outras pequenas melloras. A lista completa de cambios atópase en http://kernelnewbies.org/LinuxChanges#head-d4b9a73894eeb8d4ff1da9b86515a68527310a1b. A nova versión 2.6.21 do Linux kernel pode descargarse dende http://www.kernel.org/. Fontes:- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –> http://www.osnews.com/story.php/17768/Linux-Kernel-2.6.21-Released/ http://kernelnewbies.org/LinuxChanges#head-d4b9a73894eeb8d4ff1da9b86515a68527310a1b” href=”http://kernelnewbies.org/LinuxChanges#head-d4b9a73894eeb8d4ff1da9b86515a68527310a1b”>http://kernelnewbies.org/

A nova versión 2.6.21 do Linux kernel pode descargarse desde http://www.kernel.org/

Fontes:
http://www.osnews.com/
http://kernelnewbies.org/

Dokeos é unha plataforma de teleformación de código libre que está sendo empregada por máis de 1.200 organizacións en todo o mundo para xestionar as súas accións de formación e colaboración.

Paralelamente, Dokeos é tamén unha empresa que axuda ás organizacións no lanzamento e desenvolvemento dos seus programas de formación. En España faino a través do seu socio Contidos Dixitais quen agora quere lanzar unha chamada de axuda á comunidade galegofalante.

Para que o galego non quede fóra da nova actualización de Dokeos que verá a luz dentro de 7 días, Contidos Dixitais solicita a axuda de todos os cibernautas para darlle o pulo definitivo á tradución ao galego que neste intre se atopa ao 77%.

Para colaborar na tradución deste software, só hai que acceder á seguinte dirección, rexistrarse e facer uso da ferramenta de tradución en liña habilitada ao efecto.

Google vén de anunciar que libera os parches que desenvolveu para o seu uso interno para mellorar a xestión e fiabilidade de MySQL.

Mark Callaghan , enxeñeiro de Google di no blogue de Google Code:

“Cremos que MySQL é unha solución de almacenamento de datos estupenda, e como os nosos proxectos precisan máis requirimentos da base de datos en certas áreas fixemos cambios para mellorar MySQL principalmente en áreas de alta dispoñibilidade e de xestión.
Encantaríanos que estes cambios foran incorporados na versión oficial de MySQL, pero ata entón cremos que a xente debería ter acceso a eles polo que os liberamos cunha licenza GPL para que a comunidade de usuarios de MySQL poida usalos e revisalos.”

As características de alta dispoñibilidade inclúen: soporte para replicación semi-síncrona, duplicación (mirroring) do binlog dun mestre a un escravo, promoción rápida de escravo a mestre durante un fallo e manter InnoDB e o estado da réplica nun escravo consistentes durante a recuperación despois dun erro.

As características de xestión inclúen: Novas sentencias SQL para monitorizar o uso dos recursos por táboas e contas. Esto inclúe a capacidade de contar o número de filas recuperadas ou modificadas por conta ou por táboa. Tamén inclúe o número de segundos que emprega unha conta para executar comandos SQL.

Os parches son para a versión 4 de MySQL, e din que pronto os terán para a versión 5.

Máis detalles na páxina Mysql4patches.

Fonte: Google.dirson.com

Adobe Systems Incorporated anuncia hoxe a súa intención de mover Flex baixo os termos da licenza Mozilla Public License (MPL).

Esta iniciativa permitirá aos desenvolvedores participar no crecemento do framework máis empregado para a construción de Aplicacións Ricas para a Internet (RIA).

Isto inclúe non só os fontes dos compoñentes Actionscript do Flex SDK, os cales xa estaban dispoñibles dende a versión 2, senón que inclúe o código fonte para os compiladores de Actionscript e MXML, o depurador de Actionscript e o núcleo de bibliotecas Actionscript do SDK xunto con toda a documentación asociada. O Flex SDK inclúe todos os compoñentes necesarios para crear aplicacións Flex que se poden executar en calquera navegador – baixo Mac OS X, Windows e GNU/Linux e agora tamén dende o escritorio empregando Apollo.

Adobe conta realizar toda a transición do proxecto a Open Source a finais de 2007 (código fonte dos compiladores, infraestrutura para as contribucións da comunidade, etc.).

Os desenvolvedores poden empregar o Flex SDK para desenvolver libremente e despregar aplicacións empregando o software propietario Adobe Flex Builder ou calquera outro IDE do seu gusto.

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png Poucas distribucións ofrecen unha variedade de soportes de instalación como a que ofrece Debian GNU/Linux, xa que temos dispoñibles 331 discos distintos para descargar, aparte de soportes clásicos como os disquetes, ou máis modernos como as chaves USB. Pero non fai falla poñerse nervioso, non hai que descargalos todos para desfrutar desta magnífica distribución e como recentemente acaba de saír a versión 4.0, este é un bo momento para repasar as alternativas que temos.

Cando vamos instalar Debian debemos facernos unha pregunta fundamental en base á cal poderemos elixir unha ou outra opción para descargar: ¿instalaremos directamente desde CD ou DVD, ou iniciaremos un sistema mínimo para posteriormente realizar a descarga de paquetes desde a rede?…

Se eliximos a opción de instalar sen conexión á rede, a mellor opción é descargarse o DVD multiarquitecturas, o cal detectará a arquitectura do noso computador (i386, amd64 e powerpc) automaticamente e instalará un escritorio completo.

Se non dispoñemos de lector de DVD poderemos optar pola mesma opción pero en CD, ou por descargarnos todos os paquetes da distribución integrado nunha colección de 21 CD. Neste caso, co primeiro CD poderemos instalar o escritorio Gnome directamente, aínda que se eliximos outro escritorio disporemos dos correspondentes para [[KDE]] e [[XFCE]].

Para finalizar a oferta de instaladores que non necesitan da rede, temos o CD tamaño tarxeta de visita (businesscard CD) co que disporemos dunha instalación básica nun soporte moi apropiado para o marketing ou instalacións rápidas.

A instalación por rede, ten a vantaxe de permitir a descarga dos paquetes directamente dos repositorios, con todo o que iso implica (actualizacións, comodidade, …). Aínda que con calquera das opcións anteriores temos a posibilidade de instalar paquetes desde a rede, temos a posibilidade de descargarnos unha imaxe ISO duns 200MB especialmente deseñada para este propósito.

Mención aparte reciben o proxecto non oficial Debian Live, que traballa en proporcionar un sistema Live baseado en Debian, e Debian Edu (unha iniciativa que desenvolve unha versión de Debian especializada en fins educativos e con soporte Live).

Fonte da noticia:
http://kernelsource.org

IBM publicou unha guía de monitorización de sistemas GNU/Linux chamada “Linux Performance and Tuning Guidelines“. Esta guía trata sobre diversos aspectos a monitorizar do sistema para tratar de garantir a máxima dispoñibilidade do mesmo, así como as modificacións que se poden facer na configuración para obter o máximo rendemento.

“Co uso de Linux nos servidores de clase alta chega a necesidade de monitorizar o rendemento e, se é necesario, configurar o servidor para eliminar os embotellamentos que afectan aos usuarios. Esta guía describe os métodos que podes usar para configurar Linux, ferramentas coas que podes monitorizar e analizar o rendemento do servidor e parámetros fundamentais de configuración para aplicacións específicas de servidor.

A fin desta guía é entender, analizar e configurar o sistema operativo Linux para que ofreza un rendemento superior para calquera tipo de aplicación que queiras executar nestes sistemas…”

Táboa de contidos

  1. Understanding the Linux operating system
  2. Monitoring and benchmark tools
  3. Analyzing performance bottlenecks
  4. Tuning the operating system

Ligazón de descarga da guía

 

http://www.mancomun.org/images/stories/compostela_wireless.jpg CompostelaWireless organiza unha “install party” en Conxo na que os que desexen instalar GNU/Linux nos seus computadores, aprender a instalalo ou simplemente coñecelo, pódense achegar polo Centro Sociocultural de Conxo o 3 de maio sobre as 19:00.

Os que queiran levar o GNU/Linux instalado no computador chega con que leven a [[CPU]]. Se podedes facer unha copia de seguridade dos datos antes de vir, aforrarase tempo, se non farase no propio sitio.

Instalarase GNU/Linux Ubuntu Feisty Fawn, a última versión dunha das distribucións máis prometedoras. Aos que teñades preferencia por outras distribucións de GNU/Linux, tamén vos poden botar unha man coa instalación.

Para os que non saibades onde está o Centro Sociocultural, aquí tedes un mapa coa situación.

[Evento engadido á “Axenda de Eventos“]

Visto na web de CompostelaWireless.

http://www.mancomun.org/images/stories/inestable.png Esta fin de semana (28 e 29 de abril) celebrarase en Ordes a Festa do Champiñón e a feira de mostras correspondente; pero este ano Inestable estará alí para tentar evanxelizar sobre o software libre entre as persoas que se pasen por alí e se interesen polo tema.

O plan é sinxelo: tentar amosarlle á xente o que é GNU/Linux por medio dalgunha máquina que estará dispoñible e repartir material ao respecto. Todos estades invitados a pasar polo expositor.

[Evento engadido á “Axenda de eventos “]

Visto na web de Inestable.org

http://www.mancomun.org/images/stories/concurso_swl.pngLendo o “planet” do I Concurso Universitario de Software Libre vemos a lista dos proxectos que o comité de avaliación resolveu nomear finalistas nas distintas categorías:
 

Sistemas

  • Porting de GCC á arquitectura do microcontrolador PIC16F877 de Pedro J. Ramírez Gutiérrez da Universidade de Málaga. [Blogue] [Forxa]

  • Sharp Knocking de Miguel A. Pérez Valencia e Luis Román Gutiérrez da Universidade de Sevilla. [Blogue] [Forxa]

Lecer e educación

  • QtOctave de Pedro L. Lucas Rosado da UNED. [Blogue] [Forxa]

  • SubDownloader de Iván García Cortijo da Universidade de Valencia. [Blogue] [Forxa]

Distribucións

  • TCOS Clientes lixeiros sobre Debian de Mario Izquierdo Rodríguez da Universidade de Valladolid. [Blogue] [Forxa]

Web

  • WebDevStudio – Contorno de Desenvolvemento Integrado Online de Israel Ortiz Flores da Universidade Politécnica de Madrid. [Blogue] [Forxa]

  • SWAML, Semantic Web Archive of Mailing Lists de Sergio Fernández López da Universidade de Oviedo. [Blogue] [Forxa]

 

Otorgouse unha mención especial aos seguintes proxectos polas súas ideas e calidade:

  • Kana DS de Julio Gorgé da Universidade de Alacante. (Lecer e Educación)

  • SimProc de Óscar Gómez Garcí da Universidade de Castela a Mancha. (Lecer e Educación)

  • CoolTran de Diego Sevillano de Miguel e Javier García Palacios da Universidade de Valladolid. (Sistemas)

  • Konqueror con esteroides de Eduardo Robles Elvira e Daniel García Moreno da Universidade de Sevilla. (Sistemas).

  • Formulación Magistral de Alvaro Cortés Cabrera da Universidade Complutense de Madrid. (Sistemas)

  • Waltz – Icon Management System de Juan Colino Barrigón e Jorge Diez Rujas da Universidade de Valladolid. (Sistemas)

  • ColorStyler de Fernando Salom Carratalá e Victor Marco Boix da Universidade CEU Cardenal Herrera (Valencia). (Web)

Os gañadores do I Concurso Universitario de Software Libre faranse públicos na entrega de premios que terá lugar na fase final onde se presentarán os proxectos finalistas e haberá un ciclo de conferencias de libre acceso ao que xa te podes inscribir.

    O pasado 19 de Abril na conferencia de Embedded Linux que tivo lugar en Santa Clara, USA, a Fundación Gnome anunciou a creación de GNOME Mobile & Embedded Initiative (GMAE).

    Esta iniciativa ten por misión adiantar o emprego, desenvolvemento e comercialización de compoñentes GNOME en dispositivos móbiles e integrados. O GMAE ten como obxectivos:

    Incrementar a visibilidade tanto a nivel comercial como na comunidade, da tecnoloxía GMAE así como das organizacións que nela participan.

    Coordinar os investimentos na plataforma, documentación e ferramentas de desenvolvemento de GTK+ e GNOME.

    Incrementar o desenvolvemento que se centra na tecnoloxía móbil, particularmente na integración de GNOME desktop e a tecnoloxía GAME.

    Facilitar a saudable colaboración en materia de desenvolvemento entre as organizacións participantes, a comunidade GNOME e os proxectos relacionados.

    Seguir as oportunidades de estandarización da plataforma.

    Asegurarse de que o software libre vai mais alá do escritorio e está dispoñible para os usuarios.

    Ademais esta iniciativa conta cá participación de organizacións tan destacables como ACCES, Canonical, Debian, Igalia, Imendio, Intel, Nokia, OLPC, OpenedHand e Red Hat.

    Para mais información visita http://www.gnome.org/mobile/.

Fonte: http://gnomedesktop.org/node/3056

A Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información convoca axudas para o investimento das empresas en materia de sociedade da información e promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. No caso das primeiras axudas valorarase na concesión das axudas o emprego de código aberto e os proxectos baseados en Software Libre poderán obter un 10% de investimento subvencionable adicional.
 
Ámbalas dúas liñas de axuda suman máis de 4.200.000 euros en investimentos e están na liña dos obxectivos de desenvolvemento e progreso económico e social marcados polo Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información(PEGSI). O prazo límite de presentación a estas axudas é o 25 de maio e o máximo subvencionable son 60.000 euros.

As axudas das empresas buscan o cumprimento de tres obxectivos básicos do PEGSI: o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, a aplicación das TIC ao tecido empresarial galego e seguir unha estratexia de interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto que afecta ás dúas anteriores e promove o emprego dos estándares abertos para garantir a autonomía tecnolóxica do tecido empresarial galego e fomentar a súa capacidade de innovación.  Ademais non se abonará en ningún caso custes de licenza de software dos proxectos seleccionados.

As axudas ás empresas contemplan cinco liñas básicas:

  • Infraestrutura interna das empresas para a sociedade da información: Destinado á dotación de infraestruturas TIC.
  • Aplicacións informáticas nas empresas para a sociedade da información: Empresas de calquera sector que adopten as TIC a través de melloras substanciais nos elementos centrais dos seus sistemas de información. Nesta liña recóllese un apartado para a implantación de aplicacións informáticas baseadas en código aberto e realizadas para o solicitante, ou adaptación en profundidade de aplicacións informáticas baseadas en código aberto, destinadas aos sistemas centrais de información e de xestión de empresas solicitantes. 
  • Apoio ao desenvolvemento do sector TIC: Destinada ás empresas TIC busca xerar novos produtos e servizos. Tamén hai un apartado específico adicado ao código aberto no que se promove a liberación do código no repositorio galego A Forxa.
  • Formación técnica e promoción do sector das TIC: Orientada á formación interna das empresas TIC.
  • Apoio ás empresas TIC no sector audiovisual: Axudas específicas ás empresas TIC que xeran novos produtos e servizos audiovisuais.

Axudas a asociacións 

A segunda convocatoria está destinada a promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. Poden acollerse a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro e, especificamente, universidades e colectivos de persoas desfavorecidas.

Subvencionaranse a instalación de aulas de formación, a organización de eventos ou o material de promoción entre outros conceptos.

O jdk 6 de Sun e outras ferramentas coma Netbeans 5.5, Glassfish e JavaDB están dispoñibles para os usuarios da nova versión de Ubuntu 7.04, Feisty Fawn.

Estas ferramentas atópanse nos repositorios multiverse de Ubuntu para Feisty. Planéase que para o lanzamento de Java 7 (openjdk), as ferramentas dean o salto ao repositorio principal de Ubuntu e Java sexa unha parte fundamental de dita distribución.

Este anuncio é o resultado da colaboración entre Sun e Canonical para achegar Java ao mundo GNU/Linux e para incluír Glassfish como servidor de aplicacións Java nesta popular distribución e facer fronte á dupla Red Hat + JBoss.

Unha gran noticia para os desenvolvedores en Ubuntu, para os que cada vez é máis sinxelo instalar ferramentas Java. Sen dúbida Ubuntu estase a converter na distribución GNU/Linux para os desenvolvedores Java.

Entre as ferramentas que se incluirán nos repositorios destacan:

Fonte: Java Hispano

Ubuntu anunciou hoxe a dispoñibilidade de SugarCRM (software de xestión de relacións con clientes) para os usuarios da edición Ubuntu 6.06 LTS (Long Term Support). O proceso de instalación simplificado e o fácil manexo de [[Ubuntu]], combinado coas características de xestión de procesos de SugarCRM, permitirá ás empresas que o usen manter unha mellor xestión das relacións cos seus clientes.
 
A arquitectura [[Web 2.0]] de SugarCRM e a súa interface de usuario feito con AJAX ofrece ás empresas a solución máis flexible e personalizable no mercado dos CRM. Ademais SugarCRM está dispoñible nunha gran variedade de idiomas e ten dispoñibles sobre unhas 300 extensións para mellorar a funcionalidade da aplicación…
SugarCRM é Software Libre; pero comercial: o código fonte da aplicación está dispoñible dende a páxina do proxecto; e ao mesmo tempo os desenvolvedores do proxecto cobran pola distribución e implementación do mesmo.  Pero grazas a esta alianza entre Ubuntu e SugarCRM, os usuarios de Ubuntu teñen a opción de instalalo de xeito inmediato e probar as súas funcionalidades antes de dar paso a unha relación comercial coa compañía.

Para a instalación deste tipo de software en Ubuntu teñen un repositorios específicos aos que chamaron “commercial” que hai que engadir aos nosos repositorios para poder acceder ao SugarCRM. Estes repositorios non están mantidos pola comunidade de Ubuntu, senón por Canonical que é a empresa que ofrece Ubuntu. 

A partir da próxima versión 2.3, OpenOffice incorporará o software de business intelligence de Pentaho.

O concepto de “Business Intelligence” refírese ás aplicacións e tecnoloxías usadas para recompilar, dar acceso e analizar datos e información sobre o funcionamento das empresas.

Sun Microsystems, propietaria de OpenOffice.org, traballou xunto á compañía desenvolvedora Pentaho na creación do programa.

A aplicación permitirá aos usuarios crear informes con contidos en OLAP e XML da base de datos de OpenOffice.org e doutras bases similares, tanto de código aberto como pechadas.

Inicialmente, o proxecto en cuestión era coñecido como “JFreeReport “, pero en 2005 o concepto foi comprado por Pentaho. Desde entón, Pentaho incorporou o deseño de “arrastrar e deixar caer”, soporte para MDX (linguaxe usada en diversas bases de datos, e outras funcións como ferramentas baseadas en AJAX.

Fonte: Diarioti.

A Confederación de Empresarios de Pontevedra organiza un curso de migración de software propietario a Software Libre de 40 horas. Este curso empezará o 3 de maio e rematará o 8 de xuño martes, xoves e venres de 19.30 a 22.00 en Vigo. Tamén en Vigo terá lugar un curso sobre administración de sistemas Linux de 50 horas e de luns a xoves de 19.30 a 20.30. Podedes ter máis información dirixíndovos á CEP a través do correo electrónico ou no teléfono 986 446 300.

O próximo xoves 26 de abril, Juan A. Añel Cabanelas membro de GULO e relator de GNU España participará nunha conferencia/debate sobre licenzas libres organizado na UCM conxuntamente polas asociacións Hypatia e Megalophonos.

O lugar da mesma será a aula Magna M3 da Facultade de Ciencias Físicas da UCM e terá lugar entre as 13:00 h. e as 15:00 h.

Cartel da conferencia

Fonte da páxina:
http://www.gulo.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal