Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/sme_server.pngSME Server é unha distribución orientada ás PEME. Está baixo licenza GNU/GPL e dispoñible para a súa descarga. A última versión dispoñible é a 7.1 que está baseada en CentOS 4.4.

SME Server instálase automaticamente sobre un PC converténdoo nun potente servidor de comunicacións que opcionalmente permite a todos os computadores da rede compartir a conexión a internet traballando como pasarela de seguridade.

As características principais de SME Server son:

  • Servidor de correo de alto rendemento.
  • Melloras na seguridade que reducen os riscos de intrusión.
  • Servidor de ficheiros centralizado permitindo o intercambio entre plataformas Windows, Macintosh e Unix.
  • Un servidor web para aloxar a web da compañía ou a intranet.
  • Xestión do servidor vía web que permite engadir novas contas de usuario, control do acceso remoto, configuración de impresoras de rede, xestión de traballo en grupo, conectividade con redes adicionais, …
  • Servizos de especiais (caché, proxy) que aceleran o acceso á web e Internet, mellorando o rendemento da túa rede.
  • Libreta de enderezos compartidos que se mantén automaticamente.
  • Xestión de cotas que permiten establecer límites de espazo de uso aos usuarios para os ficheiros e correos electrónicos.
  • Soporte para traballar coma un servidor de dominio Windows.
  • Soporte para impresoras USB permitindo a un SME Server imprimir vía un porto USB.
  • Soporte mellorado para compartir ficheiros Macintosh.
  • Servidor de correo seguro: POP3/SSL, IMAP/SSL, SMTP/SSL, SMTP AUTH sobre SMTP/SSL.
  • Clientes de correo web baseados nas últimas versión de Horde, Imp, Turba e Ingo.
  • Antivirus baseado en ClamAV para escanear os discos duros e os correos electrónicos na procura de virus.
  • AntiSpam baseado en Spamassassin que automaticamente etiqueta as cabeceiras con X-spam-status e opcionalmente filtra e/ou etiqueta o asunto do correo.

Hai máis información dispoñible no wiki do proxecto.

A multinacional anunciou que engadirá soporte GNU/Linux nos seus chips McCaslin, a nova versión da súa plataforma de ultraportátiles para PC de reducido tamaño e dispositivos de man. Intel espera telo no mercado no 2008.
 
Intel tamén anunciou que está considerando GNU/Linux como unha alternativa nos sistemas operativos para os pequenos computadores, especialmente para un tipo de dispositivo que a firma denomina Mobile Internet Devices. As dúas primeiras compañías de GNU/Linux que se uniron a esta iniciativa son Canonical, distribuidor de Ubuntu, así como a china Red Flag Linux Software

McCaslin está baseado no procesador de baixo consumo, que recibe o nome en código Steeley, e un chipset que inclúe un procesador gráfico integrado. Segundo apuntou Anand Chandrasekher, vicepresidente sénior e director xeral do grupo Ultra Mobility de Intel, este anuncio é só o principio dunha serie de novas propostas que a compañía ten previsto lanzar ao mercado.

Así, durante a primeira metade de 2008, Intel lanzará o sucesor de McCaslin, chamado Menlow e baseado no procesador de baixo consumo de 45 nanómetros, coñecido como Silverthorne, e o novo chipset Poulsbo. A diferencia entre os dous chipsets utilizados con McCaslin, Poulsbo é un único chip que reduce o consumo enerxético e ocupa menos espazo, aspectos clave para os computadores portátiles.

Noticia vista na páxina de Amigus, asociación informática de As Pontes:
http://www.amigus.org

GnomeIgalia, empresa galega con sede na Coruña, participa na iniciativa internacional GNOME Mobile & Embedded Initiative (GMAE) orientada a desenvolver Gnome para dispositivos móbiles. Conforman a GMAE empresas e institucións coma ACCESS, Canonical, Debian, Imendio, Intel, Nokia, OLPC, OpenedHand ou Red Hat. Segundo o director de Gnome a iniciativa permitirá aos desenvolvedores non só crear un gran software embebido e móbil senón que dará liberdade para prever e crear novos dispositivos para mercados por nacer. 

A GMAE promoverá o uso, desenvolvemento e comercialización de compoñentes. A iniciativa ten por obxectivo:

  • Incrementar a comunidade e a visibilidade comercial da tecnoloxía GMAE e as organizacións participantes.
  • Coordinar investimentos nas plataformas GTK+ e Gnome, documentación e ferramentas de desenvolvemento.
  • Fomentar o desenvolvemento da “experiencia móbil”, particularmente a integración do escritorio Gnome e a tecnoloxía GMAE.
  • Facilitar a colaboración saudable entre os participantes, a comunidade Gnome e os proxectos relacionados; e entre a plataforma Gnome, o escritorio e os desenvolvedores GMAE.
  • Procurar a estandarización da plataforma, e realizar melloras a nivel usuario.
  • Asegurar que a liberdade do software é unha realidade alén do escritorio e a disposición de usuarios de todo o mundo.

Igalia considera que GMAE facilitará as sinerxias entre desenvolvedores para dispositivos móbiles e fai a Gnome máis amigable e innovador ademais de aumentar os seus ámbitos de uso.

Logo OpenOffice.orgOnte fixémonos eco do lanzamento de Ubuntu 7.04 ou Festy Fawn e da grande demanda que está a ter. Esta distro leva incorporada a versión da suite ofimática OpenOffice.org 2.2 que foi traducida polos voluntarios no Entrans e supervisada por Mancomun.org. Ao estar nos repositorios oficiais o software que se vaia traducindo incorporarase non só a Ubuntu senón ás outras distros de GNU/Linux existentes na comunidade e estará dispoñible para outros sistemas operativos coma Windows ou Mac OS nas webs dos programas.

OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións ofimáticas que incorpora un procesador de textos, un xestor de follas de cálculo, un xestor de bases de datos… e que conta coa interface e a axuda totalmente en galego. Ten a vantaxe de incorporar un corrector ortográfico e, en breve, incorporará tamén un gramatical.

Máis de 25.000 persoas xa teñen a versión de OpenOffice.org coordinada por Mancomun.org en formato CD ou descargada a través do portal. Os proxectos de localización de Mancomun.org están nun Wiki aberto á participación de todos.

Para a adaptación ao galego destes programas Mancomun.org pon á vosa disposición a ferramenta de tradución colaborativa Entrans. Actualmente está dispoñible para a tradución o editor de imaxes Gimp, unha boa alternativa libre a programas como Photoshop.   

 

Edubuntu é a versión de Ubuntu para educación, deseñada para que un mestre ou un administrador de redes poida preparar unha clase de xeito rápido e sinxelo. Trátase dun sistema operativo completo de Ubuntu que inclúe aplicacións para educación, un paquete ofimático, navegador web e ferramentas de comunicación e produtividade.

O equipo de Edubuntu acaba de anunciar a liberación de Edubuntu 7.04, tamén chamada Feisty Cervatell. Esta versión inclúe a versión Desktop e Server para varias arquitecturas…

Edubuntu 7.04 Desktop permite probar Edubuntu sen necesidade de instalar o sistema operativo, cunha opción de instalación no disco duro despois de probala.

Edubuntu 7.04 Aula Server permite a instalación no teu computador así como en calquera servidor ou estación de traballo. Inclúe soporte LTSP (Linux Terminal Server Project).

Edubuntu 7.04 Aula Server trátase dun CD adicional que contén paquetes adicionais que poden ser útiles xunto coa versión Edubuntu Aula Server.

Podes conseguir Edubuntu 7.04 mediante descarga dende
http://www.edubuntu.org/Download

Fonte:
http://www.edubuntu.org/news/7.04-release

Existen moitos competidores loitando polo título do [[wiki]] máis simple ou máis fácil de usar, pero Pawfaliki gáñalles a todos xa que o wiki completo consiste nun único ficheiro [[PHP]] que pode ser configurado por calquera persoa con poucos ou nulos coñecementos de PHP. Isto fai de Pawfaliki unha ferramenta perfecta para usuarios que queren instalar un wiki persoal co mínimo esforzo, ou mesmo unha ferramenta para compartir coñecemento e colaborar un pequeno grupo de persoas.

Como Pawfaliki está baseado nun ficheiro PHP (e un ficheiro .css que controla a aparencia do wiki), instalar Pawfaliki é moi sinxelo. Só hai que copiar o ficheiro pawfaliki.php no raíz de documentos web do teu servidor, crear os cartafoles PawfalikiPages e PawfalikiTemp na mesma ruta, darlle permisos de escritura nos cartafoles e xa está instalado…

A configuración de Pawfaliki tampouco é moi difícil. Todas as configuracións están almacenadas no ficheiro pwfaliki.php e están amplamente comentadas. Isto fai a configuración de Pawfaliki incluso moito máis fácil para a xente menos experta.

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.linux.com

http://www.mhttp://www.mancomun.org/images/stories/ousli.jpgancomun.org/images/stories/ousli.jpgDende Ousli queremos anunciar as nosas primeiras Xornadas sobre “Programación Web en Software Libre”. Cremos que a importancia que segue a gañar a Web é un punto moi importante a ter en conta.

As I Xornadas de Programación Web están orientadas a programadores que se están iniciando ou que teñen coñecementos e que queren asentalos vendo novas tecnoloxías empregadas polas grandes empresas do sector por exemplo google, yahoo ou microsoft.

Estas xornadas vanse impartir na aula 3.2 do edificio politécnico da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Os días elixidos son os venres (27 de abril, 4 de maio e 11 de maio) para que a xente que estea interesada poda vir e que as empresas galegas non teñan problemas de asistencia por motivos laborais.

O programa das Xornadas é o seguinte:

» Venres 27 de Abril
16:00-18:00 CakePHP
18:00-19:30 AJAX e PHP

» Venres 4 de Maio
16:00-18:00 JSP
18:00-19:30 STRUTS

» Venres 11 de Maio
16:00-18:00 RUBY ON RAILS
18:00-19:30 MONO .NET

As xornadas están abertas para calquera que queira asistir.

Para todo aquel que teña interese no material será preciso inscribirse na web das Xornadas. Nela poderá atopar toda a información que precise: http://encontros.ousli.org

Non dubides en contactar con nós se precisas máis información:
mail: xornadas@ousli.org
http://encontros.ousli.org/
http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.png Xa están dispoñibles as ISO da nova versión de Linux ‘para seres humanos’: Ubuntu 7.04. Denominada co nome en clave “The Feisty Fawn”, tivo unha grandísima aceptación, tanto que a web de Ubuntu está saturada, facendo imposible a descarga directa. Afortunadamente, a xente de Ubuntu-es puxo a disposición da xente un torrent para descargala comodamente, tanto a versión [[Ubuntu]] (GNOME) como [[Kubuntu]] (KDE), usando algún programa [[P2P]] como [[BitTorrent]]. 

Fonte da nova:
www.elotrolado.net

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vén de publicar unhas axudas para empresas desenvolvedoras de código aberto. Subvencionaranse proxectos propostos por empresas de desenvolvemento de software ou solucións software “encastradas”, en código aberto dirixidos á mellora da produtividade e a introducir as TIC na PEME. 
 
Os proxectos deberán contar coa participación inicial de polo menos 5 PEME galegas determinadas, que permitan o ensaio e adaptación da aplicación, coa vantaxe de seren usuarios de xeito gratuíto da solución adaptada. Unha vez acadado o obxectivo de ensaio: adaptación final en polo menos esas cinco PEME, o proxecto establecerá un compromiso de cesión e adaptación gratuíta en polo menos 10 PEME galegas máis. O prazo para presentar solicitudes remata o día 31 de maio.

Poderá beneficiarse destas axudas calquera PEME informática galega que propoña a realización en Galicia dun proxecto de desenvolvemento final de aplicativos informáticos de xestión e implantación en PEME. As empresas deberán aportar para o proxecto polo menos un 25% do seu importe. A cantidade subvencionable é de ata 150.000 euros.

Os custos subvencionables poderán consistir en:
a) Investimentos en equipamento e instrumental de carácter tecnolóxico necesario para o proxecto de desenvolvemento final do aplicativo.
b) Gastos de adquisición de material funxible ou compoñentes necesarios para o proxecto.
c) Custos de colaboradores externos cando sexan prestados por Centros ou Institucións Tecnolóxicas, ata o límite de 10.000 € por proxecto.
d) Salario bruto do persoal da empresa dedicado ao desenvolvemento do proxecto, durante o período de execución e na proporción da súa dedicación porcentual.

O expediente avaliarase tomando en conta os seguintes criterios, seleccionando aqueles que obteñan maior puntuación ata o límite do orzamento asignado:

1. Empresa desenvolvedora de software adscrita a un clúster galego legalmente constituído. (10 puntos)
2. Localización do proxecto dentro de Galicia. (ata 15 puntos en áreas de especial interese, como as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal)
3. Número de PEME nas que se implantará gratuitamente o aplicativo. (0 – 20 puntos)
4. Custo total alegado. (0 – 10 puntos)
5. Obxectivo do aplicativo de xestión e perspectivas de incremento da produtividade nas PEME que o implanten. (0 – 45 puntos)

Mule é unha plataforma Software Libre para a integración de aplicacións. Vén sendo un ESB (Enterprise Service Bus) deseñado para soportar transaccións de alto rendemento e multi-protocolo. Mule pode ser empregado para mensaxería entre sistemas de información, como middleware transaccional, ou como parte dun servidor de aplicacións.

A natureza extensible do núcleo de Mule, así como o feito de ter o código dispoñible, permite aos desenvolvedores manter o control da súa infraestrutura.

Mule, a diferenza doutros produtos, permite aos desenvolvedores, integrar diferentes aplicacións dun modo incremental sen afectar á infraestrutura existente na empresa. E como é Software Libre, os desenvolvedores poden adaptalo as súas necesidades no lugar de ser a plataforma a que defina o seu contorno.

Este ESB ten funcionalidade multi-propósito para soportar un amplo rango de tipos de integración típicos nunha empresa. A instalación básica de Mule soporta máis de 30 estándares, protocolos e tecnoloxías, incluíndo: JMS, JBI, EJB, Spring, JDBC, TCP, HTTP, Web Services, MQ Series, etc.

Descarga do software dende a páxina de MuleSource.

ThunderbirdO xestor de correo Thunderbird desenvolvido pola Fundación Mozilla xa ten a súa versión 2.0 dispoñible nos repositorios oficiais. A versión 1.5 conta cunha tradución coordinada por Mancomun.org e na páxina Galician Mozdev xa comezaron os traballos para acometer a localización ao galego. Todo aquel que queira participar pode apuntarse á lista de correo desta web.

Thunderbird 2.0 conserva as súas características habituais coma o seu lector de RSS ou filtros para correo lixo e fará máis doado buscar as nosas mensaxes xa que poderemos engadir etiquetas (“tags”). Deste xeito poderase traballar de forma similar a como xa é habitual noutros programas coma Flickr.

O xestor de correo da Fundación Mozilla facilita a migración de sistemas de correo coma Gmail ou .Mac. Ademais incorpora melloras nas alertas de mensaxes e na detección do phising e parches para Windows Vista. Thunderbird está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS X.

LINUX WORLD SUMMIT é un evento mundial que, ano tras ano, medra tanto en número de países celebrado como en interese da industria ligada ao Software Libre e Open Source. O pasado ano, e por primeira vez en España, Linux World Summit chegou a Madrid da man da IDC e este ano celébrase os días 18 e 19 de abril en Madrid.
 
Este ano, o II encontro LINUX WORLD SUMMIT 2007 reúne unha vez máis ás experiencias máis relevantes en implantación de sistemas abertos tanto da empresa pública como privada e, durante esta edición, organizouse unha xornada técnica para resolver dúbidas que no día a día xorden ante proxectos de migración a sistemas Software Libre…

 

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.laflecha.net

http://www.mancomun.org/images/stories/ucorunha_web.png Xa saíu a convocatoria de dúas bolsas de colaboración na UDC [pdf] para apoio e colaboración en tarefas de promoción e difusión do Software Libre.

O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de dúas bolsas para colaborar na Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña (OSL) nas tarefas de promoción e difusión do Software Libre aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña.

Poderán solicitar esta axuda os estudantes de 1º e 2º ciclo da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Valorarase que posúan coñecementos e experiencia probada no uso, programación e desenvolvemento de aplicacións en Software Libre. Así mesmo, terase en conta a súa participación en proxectos colaborativos relacionados co Software Libre.

Para ver o prego de condicións destas bolsas preme na seguinte ligazón:
Prego de condicións [pdf]

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpg Na mentras se ultima a páxina web das próximas Xornadas de  Software Libre de GPUL (serán as sétimas e celebraranse a vindeira semana na Facultade Informática), a xente de GPUL quere anunciar que nelas haberá un ano máis o torneo de Real Time Battle, do que xa se poden consultar os detalles nesta web.

O cartel completo das xornadas pódese consultar aquí. En breve terán lista a páxina web coa inscrición…

 

Real Time Battle é un xogo de programación, no cal robots controlados por programas loitan entre eles. O obxectivo é destruír aos inimigos, utilizando o radar para examinar o contorno e o canón para disparar.

Visto na páxina de GPUL:
http://www.gpul.org/ 

http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpg A versión 2.2.14 do software GNU Image Manipulation Program (The GIMP) é unha versión de corrección de erros na rama 2.2 estable. As novas características están sendo desenvolvidas na rama principal da futura versión que sería a 2.4.

Polo de agora non hai dispoñibles os binarios para as distintas plataformas, só o código fonte do programa; pero espérase que pronto estean dispoñibles.

Tamén mencionar que agora mesmo a tradución do GIMP ao galego estase levando a cabo dende a aplicación ENTRANS de Mancomun.org, xa que a tradución que había até o de agora era unha tradución parcial feita por Ignacio Casal Quinteiro.

Tamén cabe recordar que o manual de usuario de GIMP acadou a versión 0.12 despois de 3 meses de revisión e que se atopa dispoñible para descarga dende a páxina web do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal