Mancomún

http://www.mancomun.org/images/joomla_logo_black.jpg Logo da gran aceptación que tivo o Manual de Usuario para as series Joomla! 1.0.x no seu formato PDF con máis de 25.000 descargas rexistradas en 3 meses, no forge de Joomla! Spanish agora está dispoñible a consulta vía web.

Recordamos tamén que na web da “Ciberirmandade da Fala” atópanse traducindo a futura versión estable 1.5 e xa teñen totalmente traducida a parte visible da web (frontend) ademais dun montón de complementos e módulos para este estupendo xestor de contidos…

Segundo a web de Joomla!, para crear o sistema de axuda online para o Manual de Usuario utilizouse o famoso sistema Roubo Help de Adobe xa que ofrece moitas vantaxes para consultas Online…

Seguro que esta nova versión do Manual de Usuario resulta de utilidade e axuda aos usuarios para comprender mellor este [[CMS]] chamado Joomla!.

Ligazón:
Manual de usuario online de Joomla!
 

Fonte:
http://www.joomlaspanish.org/content/category/1/1/79/
http://www.joomlaspanish.org/content/view/233/79/

http://www.mancomun.org/images/stories/geexbox-logo-trans.pngGeeXboX é unha distribución GNU/Linux, similar a MoviX. GeeXboX é un pequeno LiveCD que permite reproducir os teus vídeos (DivX, XviD, H.264, MPEG 1/2, VCD, DVD, OggMedia, Windows Media, RealMedia, …) e ficheiros de son (MP3, CD audio, Ogg Vorbis, FLAC, MPC, …).

Dispón de soporte de rede permitindo reproducir ficheiros de medios sobre Samba, NFS, servidores de medios UPnP A/V, RTP/RTSP ou SHOUTcast.

Ten soporte para saída de TV, sintonizadores de TV, tarxetas de DVB e tarxetas WiFi. Baséase en MPlayer e pode ser utilizado en arquitecturas x86 ou PowerPC. É posible personalizar GeeXboX mediante o xenerador de ISO para empregar un método alternativo de arranque.

Está dispoñible para descarga en arquitecturas i386 e PPC na páxina do proxecto

Free Software Foundation Sun Microsystems acaba de unirse á Free Software Foundation, fundación que preside Richard Stallman e que  entre as súas actividades máis destacadas promove a licenza GPL e o proxecto GNU. Outras grandes empresas patronas da FSF son Google, Nokia, IBM, HP, Mysql, Cisco ou Intel que reciben asesoramento en licenzas a cambio do seu patrocinio. Todo apunta a que Sun ten un gran interese no desenvolvemento da GPLv3 e en conseguir unha maior presenza na comunidade libre a través de OpenSolaris.

Sun liberou recentemente Java nun claro intento de gañar competitividade no mundo OpenSource.
USCO Observatorio galego de Software Libre de Mancomun.org acaba de publicar o resumo sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre, correspondente ao período comprendido entre novembro do 2006 e xaneiro do 2007, feito pola Universidade de Santiago. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa aos informes sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre publicados en maio, agosto e outubro.
 

O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a situación do Software Libre no ámbito da observación tecnolóxica nos últimos tres meses, tanto a nivel estatal como internacional. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome.png [[GNOME]] 2.18.0 RC1 (2.17.92) foi liberada. Esta é a última versión liberada inestable antes da 2.18.0. Conta con tódalas novas características, resolve importantes erros, ten unha gran tradución e ademais conteń unha relucente documentación.

Parece que a versión estáble vai estar lista ao público en breve, mentres tanto os desenvolvedores de Gnome teñen por diante unhas semanas duras para resolver tódolos problemas posibles…

Fonte:  http://mail.gnome.org/archives/gnome-announce-list/2007-February/msg00082.html

GvSIG é unha ferramenta libre orientada ao manexo de información xeográfica. O grupo que o desenvolve acaba de liberar o desenvolvemento da extensión raster de gvSIG que permite abrir novo formatos de imaxe, aplicar paletas de cor a un MDT, xerar histogramas, recortar capas raster e aplicar algúns filtros de visualización novos.

Ademais comezou a liberación da primeira entrega do módulo de xestión de CRS (Sistemas de Referencia Coordenados) que incorpora a capacidade de empregar diversas bases de datos de CRS (EPSG completa, IAU2000, outras), transformacións de 3 e 7 parámetros así coma baseadas en malla, e en xeral unha precisión máxima no cambio de CRS.

Ambas extensións podedes encontralas na web e instálanse coma extensión sobre calquera das versións gvSIG 1.0 estables (gvSIG 1.0.x). Outra das vantaxes deste sistema é que conta cunha interface en galego.

http://www.mancomun.org/images/stories/linex175.jpgO conselleiro de “Infraestructuras y Desarrollo Tecnológico” da Junta de Extremadura, Luis Millán Vázquez de Miguel, amosa en California a experiencia estremeña co uso do Software Libre e a aposta pola alfabetización da poboación nas xornadas de sociedade da información e do desenvolvemento que se celebran en Silicon Valley.

Neste encontro participan 24 países, ademais de empresas como Intel, Microsoft, IBM e Siemens, pero desde a organización destácase a presencia de Malaisia, así como tamén o secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, encargado da inauguración do encontro…

Os obxectivos deste encontro pasan por sentar na mesma mesa a países que necesiten axuda, a empresas que poidan financiar os proxectos e a expertos que orienten o financiamento, aporten o coñecemento e faciliten o desenvolvemento a través de boas prácticas.

Podes seguir lendo a nova completa na súa fonte orixinal:

http://www.elperiodicoextremadura.com

Acabamos de subir á sección de Descargas de mancomun.org a actualización do complemento FireFTP para o navegador Mozilla Firefox.

FireFTP é un cliente FTP que se integra no navegador e que prové ao navegador dunha interface intuitiva para o acceso a servidores FTP.

A extensión foi traducida ao galego polo usuario de mancomun.org chamado dmunhiz.

 

O usuario dmunhiz tamén nos comenta que xa está en contacto co desenvolvedor do complemento FireFTP e espera que nas seguintes versións o FireFTP xa veña “de fábrica” en galego.

A extensión atópase na sección de Descargas->Software Libre->Produtos Mozilla.

http://www.mancomun.org/images/stories/ousli.jpg Despois de varios meses de traballo por fin chega o día no que se inaugura a web de OUSLI (Ourense e Software Libre), nestes meses constituíuse a asociación formada por un grupo de xente con moita motivación por facer cousas polo Software Libre, principalmente en tarefas de difusión, aínda que tamén noutros moitos proxectos que xa iredes vendo.

Dende OUSLI, invitamos a todos a que sigades apostando polo Software Libre e se non é o caso pois que comecedes, e por suposto, contade coa nosa axuda.

OUSLI, Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, é unha asociación sen ánimo de lucro e de recente constitución dentro da cidade de Ourense, aínda que tamén leva a cabo actividades por toda a comunidade Galega.

A razón da súa constitución é achegar o Software Libre a toda a comunidade, en especial a cidade de Ourense. De forma máis detallada, os fins principais da asociación son:

  • Promoción do concepto do Software Libre e fomento do seu uso.
  • Achegar a sociedade da información a tódolos ámbitos da comunidade galega.
  • Promoción do uso da lingua galega no eido das novas tecnoloxías.
  • Desenvolvemento e promoción de programas libres.
  • Adaptación de Software Libre a lingua galega.
  • Promover o emprego de estándares abertos na sociedade da información e no ámbito tecnolóxico.
  • Formación das novas tecnoloxías no eido do Sotware Libre nos diferentes eidos (educativo, empresarial…).

Para levar a cabo os seus fins, OUSLI organiza diversas actividades entre as que podemos destacar:

  • Organización de charlas, cursos, xornadas e congresos divulgativos relacionados cos fins da asociación.
  • Desenvolvemento de actividades que axuden á introducción do galego no eido do Software Libre.
  • Proxectos de desenvolvemento e programación de aplicacións baixo licenzas libres. …

Web de Ousli

A secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, a directora xeral do Servizo Galego de Igualdade (SGI), Ana Luísa Bouza, e a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentaron hoxe en Santiago a ferramenta informática de xestión dos bancos de tempo no rural galego. A través de dúas experiencias piloto en Allariz e Foz reforzarase a conciliación da vida persoal e laboral no rural coa axuda das TIC.

Cyclos é a ferramenta informática encargada da xestión destes bancos de tempo. Trátase dunha aplicación libre adaptable ás necesidades e peculiaridades de cada  entidade xestora. O software foi localizado pola Consellería de Innovación e empregarase nos bancos de tempo de Allariz e Foz. O programa está dispoñible para toda aquela institución ou asociación que o desexe desde o portal de Mancomun.org.
 
Presentación do Cyclos

Elena Veiguela expuxo as principais características de Cyclos entre as que destacou a súa adaptabilidade. Segundo Veiguela, a localización de Cyclos responde ao estilo de traballo da Consellería de Innovación que busca a conxunción de esforzos e iniciativas entre asociacións cidadás e institucións para o desenvolvemento de proxectos de dinamización da sociedade da información.

O Software Libre ferramenta para superar a fenda dixital

A directora xeral de Promoción Industrial e de Sociedade da Información declarou que confía en ter nos próximos meses localizado ao galego unha masa crítica de aplicacións suficiente para cubrir as demandas da sociedade. Esta actuación, así coma a promoción do Software Libre entre a cidadanía veñen contempladas no Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).  

Ana Luísa Bouza salientou o papel do Software Libre coma ferramenta para superar a fenda dixital entre as mulleres e, especialmente, no eido rural. O Servizo Galego de Igualdade vai comezar no mes de abril, nos concellos de Foz e de Allariz, as xornadas formativas para os técnicos que van xestionar os bancos de tempo nestes dous municipios. Os técnicos recibirán a formación técnica para o manexo do Cyclos que facilitará a xestión destas entidades.

A través desta iniciativa as persoas do eido rural poderán intercambiar tempo das súas tarefas entre elas para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. O proxecto terá lugar durante o presente ano e contémplase a súa ampliación a outros concellos a partir do 2008.

Bancos de tempo

Un banco de tempo é un sistema de intercambio de servizos no que a unidade de intercambio non é o diñeiro, senón unha medida temporal, por exemplo, unha hora. É, polo tanto, un sistema de troco de servizos por tempo, que se pode usar posteriormente para adquirir un produto ou servizo ofrecido por outro usuario.

Este sistema de economía social é iniciado e mantido por un colectivo, que é quen funciona coma se fose o banqueiro. É dicir, abre as contas, verificando a identidade da persoa para garantir a claridade e seguridade do sistema, xa que é un sistema de confianza mutua; verifica que todo o sistema estea en marcha e serve de mediador en conflitos entre usuarios.

Os usuarios, logo de darse de alta, reciben un pequeno préstamo para poder iniciar a súa conta. O usuario pode ofrecer produtos e servizos a cambio de horas ou a moeda non oficial que se conveu. Unha vez fornecido o servizo realízase o pago a través do sistema. O usuario que ofreceu o servizo pode usar o tempo recibido para comprar outro produto ou servizo ofrecido por calquera outro usuario no sistema.

Cyclos 

Cyclos é unha ferramenta informática dende a que se poden xestionar todos estes procesos, é dicir, buscar usuarios, produtos e servizos, así como facer e recibir pagos. Toda a información dun usuario vai nunha páxina de datos persoais, que se pode modificar para facilitar que estes se atopen no banco de tempo. Permite, asemade, pór anuncios pedindo produtos ou servizos que se ofrezan ou demanden.

Cyclos posibilita facer pagos e estes recíbense directamente na conta da persoa receptora (vendedor). Para transaccións máis formais pódese enviar, incluso, unha factura e en canto esta se acepte, prodúcese o pago. Todos os pagos pódense ver nun historial de pagos. A ferramenta permite ademais que os usuarios podan pór referencias doutros usuarios no banco de tempo. Os administradores poden enviar noticias a todos os usuarios, así como mensaxes persoais cando sexan necesarios.

http://www.mancomun.org/images/stories/w3c.pngO W3C anuncia o paso de Proposta a Recomendación do Conxunto de Etiquetas de Internacionalización (ITS) Versión 1.0. Organizado por categorías de datos, este conxunto ITS de elementos e atributos é compatible coa internacionalización e localización de esquemas e documentos. Conta con implementacións para DTD, Esquema XML e Relax NG; e pódese empregar con novos vocabularios ou con outros xa existentes como XHTML, DocBook e OpenDocument.

Máis información na páxina principal de Internacionalización.

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.png Esta nova foi enviada por un usuario á lista de Ferramentas e estratexias de tradución ao galego :

“Ao longo desta semana vaise actualizar a ferramenta de tradución web de Ubuntu (Rosetta) para a tradución de Feisty Fawn (Ubuntu 7.04). A URL vai ser:

https://www.launchpad.net/ubuntu/feisty/+lang/gl.

Ademais das cadeas propias, Ubuntu utiliza as traducións feitas nas aplicacións e nos paquetes orixinais con algún pequeno parche (polo momento en Rosseta non é posible diferenciar as cadeas propias das xenéricas)…

Aproveito para pedirvos aos que sexades usuarios de Ubuntu a vosa axuda, especialmente na detección de erros, informando en ubuntu-l10n-gl en lists.ubuntu.com e para agradecervos aos que realizades as traducións orixinais de GNOME, KDE, Xfce, Debian, Mozilla, etc. todo o traballo feito.”

GPUL organiza as II Xornadas de Informática Gráfica e Software Libre nas que se analizará a situación actual do deseño gráfico e o desenvolvemento 3D no Software Libre. Entre outros convidados contará coa presenza de Jacques Isaac, Director Técnico de Bren Entertainment, que analizará o emprego de tecnoloxías libres no desenvolvemento dunha animación gañadora dun Premio Goya,Pérez, el ratoncito de tus sueños“.

Juan Javier Martínez, do proxecto Acuática, dará unha perspectiva histórica das aplicacións de usuario libres. Alberto Jaspe (socio de GPUL) falará do uso do Software Libre na investigación e explotación de aplicacións gráficas interactivas e Antonio Seoane, centrarase nos terreos da realidade virtual e visualización tridimensional en tempo real.

As xornadas terán lugar na Aula de Grados da Facultade de Informática de A Coruña o próximo martes día 6 de marzo de 2007. Para rexistrarse é preciso cumprimentar o formulario de preinscrición que xa está dispoñible. A preinscrición non é obrigatoria (salvo para aqueles que desexen un certificado de asistencia) pero axudará a estimar a asistencia.

Máis información: GPUL

Segundo informa a páxina web de GLUG (Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Galiza),  Suráfrica migrará ao Software Libre, tal e como anunciou Themba Masekodo do departamento de comunicación de Suráfrica: “Todo o software novo desenvolvido para os organismos de goberno estará baseado en estándares abertos, e o propio goberno migrará a solucións FOSS“.

Isto permitirá aforrar custos e mellorar a capacidade técnica dos responsables desta migración. Segundo declaracións, as compañías máis grandes de tecnoloxía deste país apoiaron este proxecto…

Fonte:

http://www.glug.es 

O domingo 4 de marzo o pabillón polideportivo do concello coruñés de Cambre acollerá unha charla sobre Software Libre. O relatorio correrá a cargo de David Carracedo de Academia Postal. Este acto enmárcase dentro da party CambRED 2007. Participan na elaboración deste evento as asociacións locais vencelladas ao mundo da informática a Asociación Xuvenil os Internautas e o Grupo Xuvenil de Informática de Cambre.
 

Podedes consultar o programa na web da party.

Freevo é unha aplicación GNU/Linux que convirte un PC cunha tarxeta capturadora de TV e/ou unha saída de TV nun sistema autónomo multimedia con reprodutor de discos, VCR, PVR, HTPC. Emprega MPlayer ou Xine como reprodutor e gravador de audio e vídeo. Ven optimizado para empregar cunha televisión con mando a distancia.

A nova versión Freevo 1.7.0 contén algunhas características novas importantes. Inclúe unha gran interface web para os dispositivos multimedia da túa máquina freevo, unha web remota, un servidor de codificación para comprimir as gravacións, un agregador polo que podes descargar os teus podcast favoritos e moitas cousas máis…

Esta nova versión está dispoñible dende sourceforge
http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=46652

Fonte:
http://sourceforge.net/forum/forum.php?forum_id=669176

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal