Mancomún
A migración realizárase nun prazo de cinco anos. A Xendarmería segue cos seus plans de introducir o Software Libre nos seus sistemas como medida de choque para reducir os seus custos nesta área. Fará uns tres anos, decidiu substituír a suite ofimática de Microsoft (Office) por [[OpenOffice]]. En xaneiro do 2006, deu un paso máis apostando por [[Firefox]] e [[Thunderbird]].

Agora anunciou que migrarán os seus equipos de escritorio a [[Ubuntu]] nun prazo duns cinco anos.

“Instalaremos Ubuntu cada vez que teñamos que substituír un computador de escritorio. Polo tanto, este ano esperamos migrar entre 5 mil e 8 mil equipos e, a partir de 2009, mudalos a un ritmo de 15 mil por ano”, sinalou a AFP o coronel Nicolás Geraud, subdirector do departamento de TI da policía francesa.

As tres razóns para este cambio son: diversificar aos seus provedores, evitando a dependencia dunha soa compañía; darlle á policía o control sobre o sistema operativo; e por un tema de custos.

Ao elixir OpenOffice e os produtos Mozilla, este organismo aforrou máis de 10 millóns de dólares ao ano.

 
Fonte: Noticiasdot.com
As cintas dixitais caras e predispostas ao erro obrigaron á BBC a contemplar a utilización de computadores que funcionan con GNU/Linux para axudar a producir os seus programas.

Falando na conferencia anual de GNU/Linux e open-source linux.conf.au en Melbourne, Australia, Stuart Cunningham de investigación da BBC, dixo que o copiado de cintas dixitais era un proceso lento cando debe facerse en tempo real.

 

“A clave para a solución do problema da cinta dixital é con arquivos a base de estándares en MXF (material exchange format) porque pode almacenar máis en menos espazo”, dixo Cunningham. Para solucionar este problema, o equipo de Investigación da BBC desenvolveu Ingex para a produción de TV sen cintas usando GNU/Linux.

Ingex úsase para obter a metraxe de TV do estudo na edición en posprodución interceptándoo vía Serial Dixital Interface (SDI), un estándar de emisión dixital, máis que desde a cinta.

 Fontes: Softwarelibre.org.pe

              Computerworlduk.com

Sphinx é unha aplicación que permite o recoñecemento de voz, está lanzada baixo licenza BSD, dispoñible para diferentes plataformas, e escrito en varias linguaxes de programación ( [[C]], [[Java]], [[Perl]] e [[Python]]). É unha colección de ferramentas que permiten a investigadores e desenvolvedores facer sistemas de recoñecemento de voz. Hai varias versiós con diferentes funcionalidades, entre elas unha para PocketPC.

 

Descarga: Sf.net  

Hospedaxes anda na procura dun programador web para Internet 2.0 para cubrir un posto presencial na súa oficina do polígono de Pocomaco (Coruña).

Oferta:

  • Xornada laboral de 5 horas, de 9 a 14 horas.
  • Contrato laboral con soldo segundo valía entre 10.500 e 12.000 euros ao ano.
  • Traballo con Software Libre como WordPress ou phpBB.
  • Formar parte dunha empresa con grandes posibilidades de crecer.
  • Posibilidade de levar a cabo proxectos propios persoais. Hospedaxes proporcionará os coñecementos, infraestrutura e experiencia necesaria.
  • Bo ambiente de traballo
  • Opcional horas extras pagadas

Coñecementos:

  • Coñecementos e experiencia en PHP
  • Dominio de bases de datos, principalmente MySQL
  • Experiencia en implantación e modificación de Software Libre como WordPress
  • Experiencia en desarrollo con patrón MVC e Cake PHP
  • Dominio de xHTML y CSS 
  • Coñecementos en JavaScript e AJAX

Si estás interesado envía o teu currículo a rrhh@hospedaxes.com

http://www.mancomun.org/images/stories/thunderbird.pngNo Wiki de Mozilla acábase de crear a páxina de información sobre o Thunderbird 3, proxecto que aínda está nunhas fases iniciais de definición. Desde a páxina animan a calquera que queira traballar no proxecto a que participe usando o grupo de noticias mozilla.dev.apps.thunderbird ou a canle #maildev en irc.mozilla.org.

Os obxectivos primarios para a futura versión 3 son:

  • Asegurarse que Thunderbird continúa evolucionando xunto coa plataforma Mozilla.
  • Incrementar a adopción de Thunderbird.
  • Mellorar a usabilidade.
  • Facilitar o desenvolvemento, diseminación e uso de complementos.

Un dos desenvolvedores comenta no grupo de noticias que “os motivos polos que a xente non usa Thunderbird son variados, pero os dous principais motivos parecen ser a falta dun calendario integrado na aplicación (comparado co Outlook por exemplo) e a busca de correos que non ofrece todas as posibilidades que ofrecen os competidores como por exemplo Gmail  e Mail.app”…

 

Información máis completa nas fontes orixinais da nova (en inglés):
http://wiki.mozilla.org/Thunderbird:Thunderbird3
http://article.gmane.org/gmane.comp.mozilla.devel.seamonkey/10428

http://www.mancomun.org/images/stories/master_swl.jpgNo blogue de Chema Casanova, empregado da empresa galega Igalia que participa no Máster de Software Libre de Caixanova, anúnciase que os alumnos do Máster estarán presentes na conferencia FOSDEM, unha das máis importantes conferencias a nivel europeo que se celebra durante o 23 e 24 de febreiro en Bruxelas. Ademais será Caixanova quen pague os gastos de viaxe e estancia dos alumnos durante toda a fin de semana.

Durante a FOSDEM terán a oportunidade de coñecer a expertos no mundo do Software Libre de carácter internacional. Ademais os alumnos están traballando nun informe sobre a evolución das distintas distribucións de Linux para poder presentalo na conferencia…

Recordamos que o Máster de Software Libre de Caixanova contaba entre os membros asesores a personalidades do mundo do Software Libre como Richard Stallman, presidente da FSF e fundador do proxecto GNU; Miguel de Icaza, vicepresidente de Novell, fundador do proxecto GNOME e impulsor do proxecto MONO, entre outros.

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://blogs.igalia.com/chema/?p=41

CinePaint é un editor de imaxes con diferentes opcións, como: aerógrafo, degradados, liñas, difuminados, encadres, recortes, texto, escurecer, clonar… A súa peculiaridade radica en que está preparado para traballar con formatos de alta calidade como [[Kodak Cineon]], [[SMPTE DPX]] e [[ILM-NVIDIA OpenEXR]]. Esta ferramenta foi empregada por varios estudios, entre os que destacan Computer Cafe (League of Extraordinary Gentlemen), Flash Film Works (Duplex, The Last Samurai), Hammerhead (Showtime, Blue Crush, 2 Fast, 2 Furious), Rhythm & Hues (Harry Potter, Cats & Dogs, Dr. Dolittle 2, Little Nicky, Grinch, Sixth Day, Stuart Little, Planet of the Apes), Sony Pictures Imageworks (Stuart Little II, Spider-Man)

Inclúe á súa vez outras utilidades, todas elas de código aberto tamén, como un editor de degradados ou outro hexadecimal.

A idea do programa é que sirva para editar fotogramas secuenciais en operacións como eliminar ruído, retocar animacións 3D e pequenos cambios do estilo.
 
Descarga: Sourceforge.net  

As distribucións de Linux instaladas en chaves ou dispositivos USB permiten levar un sistema portable Linux en un dispositivo non máis largo que un dedo. O sistema pódese executar en calquera computadora que poida arrancar desde un dispositivo USB, permitindo levar o teu sistema operativo, escritorio, aplicacións, ficheiros, correo electrónico e configuracións persoais a onde queira que vaias.

Na seguinte ligazón web podedes atopar un total de 23 manuais para instalar distintas distribucións (Ubuntu, Gentoo, Knoppix, Damn Small Linux, etc) en chaves USB…

Ligazón cos titoriais:
http://www.pendrivelinux.com/
 
Fonte:
http://www.pendrivelinux.com/
A área de e-learning do CESGA está traballando na preparación dun contorno virtual baseado en Software Libre, que permitirá, entre outras cousas, mellorar tanto a comunicación intrafamiliar como a comunicación entre as familias e o equipo de psicólogos da Universidade de A Coruña. Tamén posibilitará o acceso a información e servizos personalizados de asistencia, consultoría, etc. para as familias con persoas con diversidade funcional…
Este traballo enmárcase no proxecto de investigación “Estudio e análise do impacto da utilización das TIC na atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias: Calidade de Vida e Autoxestión”. O proxecto depende da Consellaría de Innovación e Industria e nel participa a Unidade Clínico Asistencial de Trastornos de Espectro Autista e Xerais do Desenvolvemento da Universidade de A Coruña (UDC), co obxectivo principal de analizar en que medida o emprego axeitado das TIC nas familias con persoas con diversidade funcional contribúe á mellora da calidade de vida dentro do microsistema familiar. Para acadar este obxectivo, no marco do desenvolvemento do proxecto, dotouse a un grupo de familias con persoas con diversidade funcional de formación, equipamento informático e acceso a Internet de alta velocidade.

O contorno consta de dúas seccións, unha pública á que pode acceder calquera persoa, con información xeral sobre o proxecto, e outra restrinxida á que só poden acceder os participantes nesta iniciativa. Esta última parte está dotada de ferramentas de información e comunicación síncronas –chat de texto, multiaudioconferencia- e asíncronas –foros, taboleiros de novas, etc.- dentro dun contorno de aplicacións orientadas á participación activa e enfocadas aos usuarios finais.

 
Fonte:
http://www.sociedadedainformacion.eu

Índice do DVD da PEME Vimos de publicar unha nova versión do DVD da PEME. Esta nova versión inclúe moitos máis programas localizados ao galego segundo a normativa oficial do 2003, corrixíronse erros detectados na versión anterior e actualizáronse as versións das distintas aplicacións.

Solicitamos a colaboración de todos vós para a revisión e mellora do produto. Agardamos as vosas suxestións, achegas, erros… a través do noso enderezo electrónico.

En breve faremos unha tirada grande deste DVD para poñer á vosa disposición. Polo momento podedes consultar o contido do DVD na dirección peme.mancomun.org .

Queremos agradecer especialmente o traballo voluntario e desinteresado levado a cabo por empresas, asociacións e persoas voluntarias galegas na tradución das distintas aplicacións. Grazas a todas estas persoas por adicar parte do seu tempo de ocio a colaborar ao espallamento do Software Libre e ao achegamento do galego ás TIC.

Agradecer tamén os servizos profesionais prestados polas empresas que revisaron e corrixiron estas traducións voluntarias e que realizaron a tradución das demais aplicacións por encargo de mancomun.org: imaxin|software, Tagen Ata, Reverso SL, Igalia, AICA SL, Queres Tecnologias, Sinnexus informática estratéxica e Isonor .

A continuación detallamos as aplicacións incluídas no DVD, que, na medida do posible, inclúen versión para todas as plataformas. Mencionar tamén que para a mairoría delas xa está dispoñible a tradución ao galego nas páxinas oficiais e as que non o estarán en breve.

Oficina:

  • OpenOffice.org (Programas de ofimática)
  • Mozilla Thunderbird (Xestor de correo)
  • Mozilla Firefox (Navegador web)
  • Pidgin (Mensaxería instantánea)
  • Mozilla Sunbird (Axenda)
  • Gimp (Retoque fotográfico)

Xestión empresarial:

  • OpenBravo (Planificación de recursos empresariais)
  • Tiny ERP (ERP/Contabilidade)
  • Hipergate (Traballo en grupo e xestión de clientes)
  • Libre POS (Terminal Punto de Venda)
  • Alfresco (Xestor documental)
  • Pentaho (Business Intelligence)
  • Eticket (Xestor de incidencias)
  • Openproj (Xestor de proxectos)
  • Oscommerce (Comercio electrónico)
  • SugarCRM (CRM)
  • OpenXpertya (ERP)

Aplicacións colaborativas:

  • Cyclos (Bancos de tempo)
  • WordPress (Blogue)
  • eGroupware (Traballo colaborativo)
  • B2Evolution (Multiblogue)
  • MoinMoin (Wiki)
  • Typo3 (Xestor de contidos)

Prover de computadores a todos os estudantes é un paso para preparar ás novas xeracións no uso das novas tecnoloxías, pero en Filipinas moitos colexios non poden pagar estes equipos. Por iso, para aforrar cartos na compra do sistema operativo e despois dunha instalación de 13.000 computadores con Fedora, estase ultimando a compra doutros 10.000 computadores con Ubuntu…

 

Fonte da nova (en inglés):
http://www.computerworld.com.au

SEXTANTE (Sistema Extremeño de Análisis Territorial) é un proxecto desenvolvido pola Universidad de Extremadura e financiado pola Junta de Extremadura. Trátase dun desenvolvemento sobre o núcleo de SAGA, un verdadeiro Sistema de Información Xeográfica con capacidade de análise espacial, que é o que importa (máis aló de obsesións por cumprir estándares ou por ser ou non multiplataforma).

É outra das iniciativas financiadas por unha comunidade autónoma para crear unha ferramenta de análise SIX,  neste caso si que pode ser unha alternativa barata de desenvolvemento (cousa que non se pode dicir de todas as ferramentas denominadas gratuítas e que están custando grandes sumas a algunhas administracións públicas). A elección do núcleo de partida (SAGA) dá unha excelente base, sobre todo se falamos de funcións de análises.

 

Existe documentación en Español e existen tamén ficheiros binarios (compilados) para Windows, co cal a instalación faise moito máis sinxela para o usuario non programador.

Fonte: Gabrielortiz.com

http://www.mancomun.org/images/stories/collabtive-logo.pngCollabtive é unha ferramenta web para a xestión de proxectos que se presenta como unha alternativa en código aberto ás solucións privativas existentes. Ten unha interface de fácil uso ao estilo web 2.0 e con soporte multiidioma.

Inclúe funcionalidades básicas para xestión de listas de tarefas, proxectos, mensaxería entre os usuarios, aparencia, ficheiros, …

Pantallazo de Collabtive

Pantallazo de Collabtive en funcionamento 

Está desenvolto para traballar nun contorno LAMP (GNU/Linux, servidor web Apache, MySQL e PHP5). Está baixo licenza GNU/GPL.

Collabtive pódese descargar dende Sourceforge e a tradución ao galego feita por Mancomun.org de Collabtive está dispoñible nos foros do proxecto (tamén dispoñible dende as descargas de Mancomun.org)

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifA futura versión 3 do OpenOffice.org terá soporte nativo para a interface Aqua dos Mac OS X, co cal conseguirá unha perfecta integración neste sistema operativo. Actualmente xa se poden descargar versións beta do OpenOffice.org 2.3 coa interface Aqua, pero a primeira versión oficial con soporte nativo será a 3.0.
 
Tamén incluirá unha mellor xestión de información persoal (PIM): correo electrónico, calendario con  reunións, xestión de tarefas, conectividade con servidores CalDAV, Google Calendar, Sun Calendar e iCal
 
Outra nova característica será a importación de ficheiros PDF dentro de Draw para poder editalos sen que se vexa afectado o esquema visual do mesmo. Ademais toda a suite ofimática poderá gardar documentos PDF “híbridos” que se poderán ver como PDF ou editar como ficheiros OpenDocument.
 
Máis características:

 

  • Editar wikis directamente desde OpenOffice.org sen ter que aprender os formatos de edición dos mesmos. 
  • Soporte para WordPress.
  • Soporte para o formato MS Office 2007 XML.
  • Soporte mellorado para Latex.
  • Xestor de extensións que permite estender as funcionalidades de OpenOffice.org ao estilo dos complementos do Firefox. Algunhas extensións actuais permiten o envío/recibo de fax, integración con Google Docs, control de versións con Subversion, comentarios de voz para as presentacións, manexo remoto das presentacións con dispositivos Bluetooth….

Fonte orixinal da nova:
http://blog.gobanquet.com

FreeOrion é un xogo libre de estratexia, baixo [[GPL]], e dispoñible para diferentes plataformas, baseado na saga clásica de Master of Orion, aínda que inclúe características propias como o seu motor táctico ou a posibilidade de desenvolver construcións nacionais.

Recentemente foi publicada unha nova versión, a 0.3.1-RC7 de FreeOrion. Nesta versión, a pesar de estar marcada como release candidate, introducíronse novas características ao xogo.

 

Os cambios desde a versión 0.3 son os seguintes:

  •   Varias melloras na interface de usuario.
  •   Engadido novo contido artístico ao xogo.
  •   Novo sistema de son baseado en OpenAL.
  •   Novo sistema de scripting para a IA, baseado en Python.
  •   Novas iconas.

Fonte: Linuxjuegos.com

A Deputación da Coruña editou un CD e unha web con ferramentas lingüísticas, dentro das cales hai unhas cantas que son baseadas en proxectos de Software Libre:

Máis información:

http://www.dicoruna.es/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=10255

http://www.recursosparaogalego.com/  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal