
A futura versión 3 do OpenOffice.org terá soporte nativo para a interface Aqua dos Mac OS X, co cal conseguirá unha perfecta integración neste sistema operativo. Actualmente xa se poden descargar
versións beta do OpenOffice.org 2.3 coa interface Aqua, pero a primeira versión oficial con soporte nativo será a 3.0.
Tamén incluirá unha mellor xestión de información persoal (PIM): correo electrónico, calendario con reunións, xestión de tarefas, conectividade con servidores CalDAV, Google Calendar, Sun Calendar e iCal
Outra nova característica será a importación de ficheiros PDF dentro de Draw para poder editalos sen que se vexa afectado o esquema visual do mesmo. Ademais toda a suite ofimática poderá gardar documentos PDF “híbridos” que se poderán ver como PDF ou editar como ficheiros OpenDocument.
Máis características:
- Editar wikis directamente desde OpenOffice.org sen ter que aprender os formatos de edición dos mesmos.
- Soporte para WordPress.
- Soporte para o formato MS Office 2007 XML.
- Soporte mellorado para Latex.
- Xestor de extensións que permite estender as funcionalidades de OpenOffice.org ao estilo dos complementos do Firefox. Algunhas extensións actuais permiten o envío/recibo de fax, integración con Google Docs, control de versións con Subversion, comentarios de voz para as presentacións, manexo remoto das presentacións con dispositivos Bluetooth….
Fonte orixinal da nova:
http://blog.gobanquet.com