Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif Dende a web de WorldLabel están dispoñibles modelos (templates) de etiquetas para OpenOffice. Os modelos están dispoñibles en formato .stw e .ott, para as versión 1.1x e 2.0. Os modelos inclúen deseños de etiquetas para distribución (mailing), CD, mini CD, DVD, VHS, disquete e máis. Estes documentos están en formato aberto XML (ODF), con licenza GNU/GLP.

Dende a mesma web tamén se atopan dispoñibles varios modelos en formato SVG. Estes modelos pódense visualizar directamente nun navegador como Firefox, Opera ou outros. SVG é un formato vectorial co cal pódese ampliar ou reducir o deseño sen perder calidade. Os modelos de SVG foron creados empregando Inkscape.org e pódense abrir e corrixir co programa. Outro software como OpenOffice Draw, GIMP, Amaya ou Sketsa pode ser empregado para modificar os ficheiros SVG.

Estes modelos, xunto co Openoffice.org e a biblioteca de OpenClipart.org, permiten unha solución aberta para a creación etiquetas.

Creative CommonsA través da web de AGNIX chéganos  o anuncio da dispoñibilidade das novas licenzas Creative Commons 3.0 que se diferencian respecto das anteriores nalgúns aspectos importantes:

Fonte orixinal: Weblog de Creative Commons

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpg GPUL, “Grupo de Programadores y Usuarios de Linux”, fai un chamamento para comezar os preparativos para a celebración, un ano máis, das tradicionais “Jornadas de Software Libre de GPUL”. Este ano é a sétima edición.

As xornadas celebraranse, en principio e se non hai cambios, a semana do 23 ao 27 de abril de 2007, e calquera persoa interesada en dar un relatorio, taller, titorial ou en organizar algunha actividade non ten máis que enviar unha proposta á dirección de correo info (ARROBA) gpul (PUNTO) org antes do 31 de marzo…

Na proposta hai que incluír un título para a actividade, quen a organiza e un pequeno resumo da mesma. Asemade hai que poñer as preferencias de días e horas, así como calquera restrición que se teña.

En principio o programa das xornadas debería estar pechado antes do mes de abril, por iso a data tope para propor unha charla é o sábado 31 de marzo.

Máis información na páxina de GPUL

É un proceso no que xa levan tempo, e que teñen como obxectivo rematar a finais de 2008. O Ayuntamiento de Zaragoza estima aforrar entre 800.000 e 1.000.000 de euros.

Esta migración, que se fará en colaboración con Novell, requirirá unha inversión inicial e única de cerca de 700.000 euros para a formación dos traballadores do concello e para a migración ao Software Libre.

“É máis difícil cambiar os hábitos dos funcionarios co sistema operativo”, asegura Ricardo Cavero, concelleiro de Ciencia e Tecnoloxía.

Este proceso realizarase en dúas fases. A primeira será a renovación das aplicacións ofimáticas, procesador de textos, folla de cálculo, correo electrónico, … O concello elixiu as solucións de [[OpenOffice]] neste apartado. E a segunda será a migración do sistema operativo.

Asemade, a modernización non suporá graves problemas xa que a interface dos programas informáticos cos que se traballará no concello son similares aos empregados ata agora e son compatibles con case calquera aplicación. Un dos compromisos de Belloch foi o de impulsar o Software Libre ao considerar que é unha tendencia mundial, e que responde ás recomendacións da Administración General del Estado e da Unión Europea.

O Ministerio de Administraciones Públicas, na súa proposta sobre o uso do Software Libre, resalta ca instalación de Linux afecta directamente á libertade de elección, á protección da inversión, á mellor relación custe/rendemento e á garantía de comunicación e interoperabilidade.

O gabinete de prensa e a oficina de relacións co cidadán xa están empregando OpenOffice, e os seguintes en facelo serán os funcionarios do rexistro municipal. Nos próximos dous meses comezará a formación con cursos para solucionar calquera problema de manexo ou comprensión.

Fonte: Libro Blanco  

FirefoxSpread Firefox organiza un concurso para promocionar a capacidade de Firefox de incorporar funcionalidades utilizando os complementos (add-ons). Se utilizas ou coñeces algún interesante e queres compartilo cos demais podes participar enviando unha descrición do complemento. O concurso durará ata o 1 de abril.

Spreadfirefox premiará aos participantes con camisetas ou un ano de rexistro nun dominio .info. Podes votar á mellor descrición desde a súa web.

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngO equipo de KOffice publicou KOffice 1.6.2, a segunda versión de corrección de erros na súa serie 1.6. Aínda que é unha versión de mantemento, hai algunhas novas características en Krita (novos filtros e operación de emborroado) e en Kexi (un novo Modelo de Usuario para despregar aplicacións Kexi), corrixíronse moitos erros, grazas á amable achega dos usuarios. Tamén se actualizaron os paquetes de idiomas con non menos de catro novas linguaxes…

O rexistro de cambios completo está dispoñible en:
http://www.koffice.org/announcements/changelog-1.6.2.php

Actualmente pódense descargar os paquetes binarios para Kubuntu e SUSE.

Fonte: 
http://www.kdehispano.org/node/3601

A empresa ofreceu soporte para a distribución Debian GNU/Linux, e iso permitiulle gañar diñeiro en Europa, Oriente Medio e África. ¿Quen di que non se pode gañar diñeiro co Software Libre?

HP anunciou en agosto de 2005 que comezaría a ofrecer servizos de soporte para diversas máquinas nas que Debian estaba certificado coma un sistema operativo instalable.

A empresa vende o que chaman Debian Care Packs como servizo de soporte. Estes paquetes inclúen varios tipos de ofertas nas que se dan distintos niveis de servizo e tempos de resposta.

En InternetNews.com afirman cas cifras de venta foron moito maiores do que HP pensaba que ían ser. Tanto é así que HP agora está prantexando dar ese mesmo soporte a todos os seus servidores Proliant e Blade.

Aunque HP da soporte tanto a Novell SUSE Linux como a Red Hat Enterprise Linux, está gañando un bo diñeiro por Debian xa que esta distribución ten un custe cero.

Fonte: The Inquirer  

O Internet Interdisciplinary Institute, a través dos seus investigadores Meritxell Roca i Sales e o Dr. Manuel Castells, acaba de publicar un completo informe titulado “Derechos de propiedad intelectual e Internet. Materiales para un debate informado”. O traballo licenciado cunha Creative Commons pode descargarse da web do IN3.

 
A dixitalización de contidos e a súa posterior comunicación mediante Internet transformou irreversiblemente os parámetros que ata hai uns anos rexían o exercicio dos dereitos de propiedade intelectual. Estes dereitos son a base das industrias culturais e do coñecemento, é dicir, dunha proporción substancial da produción nas economías avanzadas; así, o debate ao redor das formas de xestión dos dereitos de autor sitúase no centro da atención económica, mediática e política en todas as sociedades.

NTFS-3G anunciou que este driver de código aberto para GNU/Linux que permite a lectura e escritura transparente de particións NTFS (de Windows 2000, 2003, XP e Vista) acaba de chegar á súa versión 1.0, é dicir, xa pode considerarse como un software estable. Dá soporte á maioría das operacións do sistema de ficheiros POSIX, coa excepción do soporte completo de propietario de ficheiros e dereitos de acceso.

NTFS-3G tamén está dispoñible para Mac OS X, FreeBSD, BeOS e Haiku.

Fonte: http://www.ntfs-3g.org/

http://www.mancomun.org/images/stories/openstreetmap.pngOpenStreetMap (OSM) é un proxecto colaborativo para xerar mapas libres empregando datos de dispositivos GPS móbiles. OpenStreetMap leva a idea dos wikis ao mundo dos mapas permitindo xerar e proporcionar datos xeográficos libres tales como rueiros a calquera persoa que o desexe. O proxecto comezou porque a maioría dos mapas teñen realmente restricións legais para o seu uso ou das súas API. Calquera persoa pode corrixir o mapa actual empregando as ferramentas dispoñibles, como único requirimento é crear unha conta no wiki.

Ferramentas para traballar con OSM:

licenza de OSM é Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.0 license para os datos e GNU GPL para o software.

GpulA DudesConf ten por obxectivo reunir aos desenvolvedores do proxecto [[Debian]] GNU/Linux e as súas distribucións derivadas para colaborar xuntos no desenvolvemento da distribución e intercambiar opinións sobre a  marcha do proxecto. Terá lugar do día 13 ao día 15 de abril na Coruña hospedada polo GPUL, grupo de programadores e usuarios de Linux da Coruña.

A organización pon a disposición dos asistentes facilidades para o aloxamento e a comida. Conta coa colaboración da Universidade da Coruña, a Deputación da Coruña e Mancomun.org.

AuluscPor segundo ano dende AULUSC e coa colaboración da ETSE, celébranse as Xornadas DescubreLinux07 para aqueles que estean interesados en inscribirse en dar os primeiros pasos con GNU/Linux. O obxectivo desta actividade é facilitar a iniciación no uso de tanto dos sistemas operativos coma das aplicacións libres. Estas xornadas comezan o día 1 de marzo e rematan o día 29.

Organizarase unha install party e realizaremos diveros talleres e mostras para vencer o medo dos non iniciados e as posibilidades de traballo sobre Linux. As xornadas son especialmente interesantes para os alumnos de primeiro curso da Enxeñería Técnica e Informática de Sistemas posto que realizarán prácticas sobre esta plataforma aínda que están abertas a todo o mundo que teña interese en Linux e nas ferramentas libres.
 
A lista de actividades está dispoñible na web de Aulusc e inclúe talleres de introdución a GNOME, OpenOffice.org, Gimp, ou redes wireless entre outras actividades.

Os fabricantes de teléfonos móbiles Motorola, Samsung, Panasonic e Nec contarán coa axuda do sistema operativo de código aberto GNU/Linux para a fabricación de teléfonos móbiles por menos de 125 dólares que permitirán o lanzamento de novos servizos. A maioría dos móbiles empregan programas de Symbian e Windows e custan máis de 200 dólares.

A compañía estadounidense Motorola, a surcoreana Samsung e as Xaponesas Nec e Panasonic (propiedade de Matsushita) asociáronse o pasado ano coas operadoras Vodafone e NTT DoCoMo para desenvolver programas estándar de GNU/Linux para teléfonos móbiles…

Motorola, Samsung, Panasonic e Nec producen máis do 95% de tódolos móbiles con GNU/Linux que se fabrican actualmente.

http://www.mancomun.org/images/stories/anjelica.png Acaba de saír á luz a versión 1.00 do software Anjelica (con J de Java) orientado á xestión de empresas cárnicas.

O software foi desenvolvido durante os últimos catro anos, pero segundo o autor “Aínda faltan multitude de consultas, listados, estatísticas e aplicacións que se poderían desenvolver. Moitos módulos que se poderían implementar e/ou mellorar, pero Anjelica é estable e funcional.

Con Anjelica poderá realizar os seus pedidos de ventas e compras, emitir os  seus albarás e facturas, controlar o almacén, levar o control dos pagos e cobros pendentes,etc.

Pero o que diferencia a Anjelica doutros programas de xestión é que está pensado para ser usado nas empresas onde se necesite levar a trazabilidade dos seus produtos…

Estes son algúns dos puntos que diferencian a Anjelica doutros programas de xestión:

  • Realice despeces dos seus produtos, para logo valoralos facilmente coas cómodas ferramentas automatizadas.
  • Identifique cada individuo especificando o seu país de orixe, peso, matadoiro, data produción e caducidade, etc.
  • Contorno de preparación de albarás separado entre almacén e Administración

Máis información na páxina oficial do proxecto:

http://anjelica.sourceforge.net 

GALPonNo marco do proxecto GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo), celébrase unha conferencia co título:“O software libre e a reciclaxe informática: cómo eliminar a fenda dixital”.Contará coa participación de Juan Pablo Sánchez Beltrán, fundador de TESO– Telecomunicaciones Solidarias (Valencia), unha das ONG pioneiras en España na reciclaxe de residuos informáticas e na difusión de Software Libre e Carlos Rodríguez García, presidente de GALPON (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra). Terá lugar en Vigo o venres 23 de febreiro ás 12 horas na aula I, Edificio Miralles, Campus de Lagoas-Marcosende.
 

*Máis Información: OSIX-Campus de Vigo
– Edificio de Deportes, Tfnos: 986 81 40 60 / 35
– EU de Estudos Empresariais, Tfno: 986 81 39 95
Correo-e: osix@uvigo.es; osix-to@uvigo.es
O proxecto ATNAG é un proxecto educativo orixinariamente destinado ao profesorado de educación infantil. O seu obxectivo é proporcionar un conxunto dinámico de xogos, que dean liberdade e total autonomía, para establecer e axustar os obxectivos pedagóxicos ás características dun grupo de alumnos. Dispoñemos de versión galega grazas a Xosé Antón Vicente Rodríguez, responsable do Freeware World Team sección galega e mestre do CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía de Arousa. A coordinadora de este proxecto en español é María Dolores Almansa.

Cada xogo permite ao profesorado establecer os parámetros idóneos antes de asignarllo ao alumno. Por outra banda, tamén dispón dunhas ferramentas gráficas moi simples para crear os seus propios recursos.

Finalmente, e en coherencia cos obxectivos do Software Libre, é importante lembrar o traballo colaborativo que promove, permitindo poñer a disposición de toda a comunidade educativa os recursos que se produzan. Ademais conta cunha ampla documentación que facilita o labor pedagóxico.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal