Para visualizar os vídeos é necesario usar un reproductor que admita o formato Quick Time (por exemplo o VLC).
{mosaddphp:retransmitir_videos.php}
Para visualizar os vídeos é necesario usar un reproductor que admita o formato Quick Time (por exemplo o VLC).
{mosaddphp:retransmitir_videos.php}
BulmaFact é o módulo de Facturación de BulmaGés. Inclúe todo o proceso de compra e venta, así como as funcións habituais dun programa de facturación. A versión demo non ten ningunha limitación, pero non inclúe ningún dos plugins específicos creados para o programa. Demo BulmaFact
O Estado de Perak (Malaisia) decidiu constituír unha comisión de traballo para a implementación dunha estratexia de Software Libre e de Fonte Aberta seguindo o modelo de Estremadura.
Esta decisión é o resultado dunha visita realizada por unha representación do estado de Perak e dos acordos alcanzados entre o ministro de Educación, Ciencia e Tecnoloxía deste estado, e o conselleiro de Infraestruturas e Desenvolvemento Tecnolóxico estremeño…
Máis información: hoy.es, cibersur.com e regiondigital.com
Segundo unha enquisa elaborada por Saugatuck Research entre directores de TI, vicepresidentes e responsables dos departamentos de sistemas de información, case a metade das empresas utilizará aplicacións Linux para operacións de misión crítica dentro de cinco anos.
A enquisa emprega datos de 133 empresas de todo o mundo. A predición é bastante arriscada, posto que a finais do 2007, só o 18 por cento das empresas estarán utilizando Linux para os seus negocios máis sensibles…
Klaus Knopper anunciou a publicación de Knoppix 5.1.0 en live CD e DVD.Novidades:
Descarga directa:
ftp://ftp.kernel.org/pub/dist/[…]PIX_V5.1.0CD-2006-12-30-EN.iso
ftp://ftp.ntua.gr/pub/linux/kn[…]IX_V5.1.0DVD-2006-12-30-EN.iso
Torrents:
http://torrent.unix-ag.uni-kl.de/
Neo1973 é un teléfono móvil baseado en GNU/Linux de altas prestacións. A empresa taiwanesa First International Computer (FIC) é a fabricante deste teléfono que dalgún xeito segue a liña de Nokia coas súas PDA con GNU/Linux.
Todo o seu software é modificable, adaptable, etc., contendo un núcleo de sistema Linux 2.6, librerías GTK+, sistema gráfico X Window e Matchbox etc.
Posúe 128 MB de memoria, receptor GPS, radio en catro bandas, pantalla táctil VGA e non require o permiso de ningún operador para comezar a funcionar como teléfono, porque é GSM libre; só require a incorporación da tarxeta SIM…
Máis información:
Acaba de crearse a lista galega de localización de Debian de libre suscrición e arquivo público co propósito de afortalar o soporte da distribución no noso idioma e promover a consollidación da comunidade Debian galega. Podedes informarvos da creación desta lista neste enlace e na lista de internacionalización de Debian. Podedes subscribirvos a través desta web.
As Ciberirmandades da Fala veñen de engadir un novo traballo de tradución á súa lista. Trátase do Mod Anti Bot Question para o sistema de foros phpBB. Actualmente están en marcha, xunto co anterior, o sistema de foros phpBB3, e o xestor de contidos Joomla! 1.5.O Software Libre gañará terreo nos escritorios
Os usuarios empregarán máis aplicacións de escritorio baseadas en Software Libre, segundo manifesta Jeremy Allison, programador de Novell que se incorporou recentemente a Google. Tamén engade que se está a empregar Firefox e OpenOffice, e comenzarase a usar máis o sistema operativo Linux nos escritorios en 2007. Mentres que non é seguro que o 2007 sexa o ano de Linux, a marca Shuttleworth do fundador de Ubuntu dixo que no 2007 verán a luz unha gran cantidade de inovacións por parte dos desenvolvedores para Linux de escritorio con novos estilos e características.
Máis presenza en países en vías de desenvolvemento
A natureza aberta e o baixo custe do Software Libre é máis popular nos países en vías de desenvolvemento tales como China e India (véxase Linux in, MS out). Marten Mickos, CEO da compañía da base de datos MySQL, di que os países de rápido crecemento BRIC (o Brasil, Rusia, India e China) serán viveiros de Software Libre en 2007 debido ao mercado e aos grandes talentos. “China e a India son tan grandes xuntas, que se están a converter nas fábricas físicas das mercadorías do mundo, igual que sucederá co Software Libre” di Sr. Allison.
Hardware Linux – máis amigable
Linux xa é moi popular en armarios de servidores. Bruce Perens (vicepresidente de SourceLabs) di que os fabricantes de hardware tales como Dell e HP, e os fabricantes de chips tales como AMD e Intel, construirán máis servidores e procesadores que funcionarán en Linux máis fácilmente. O pasado mes de agosto, por exemplo, Intel lanzou o código fonte que dará a Linux a tecnoloxía para a xeración de drivers gráficos 2D/3D. Deica antes, os usuarios de Linux tiñan que empregar software propietario para usar chips de aceleración gráfica.
Vista a competición co Software Libre
Os defensores do Software Libre cren que Vista, a nova versión do sistema operativo de Microsoft Windows, non chegará aos negocios e usuarios debido ao seu alto custe, edicións de seguridade e natureza pechada (véxase o que dí a FSF). Debilitarase en 2007 coxeando máis e máis, como xa é evidente que non é máis ca un service pack, e non pode solucionar totalmente os problemas da seguridade e confiabilidade de Microsoft, di Eric Raymond.
Máis diversión cos temas da propiedade intelectual
A industria do Software Libre estará presente en temas de propiedade intelectual en 2007, di Sr. Perens de SourceLabs. Comenzou todo co grupo de SCO que comezaba un pleito contra IBM en 2003 demandando que as contribucións do Big Blue’s ao sistema operativo de Linux violaron as patentes do UNIX posuídas por SCO. Ese pleito continuará no 2007.
Dende o 20 de xaneiro.
Sábados de 10.00 a 14.00 h.
30 horas
· INFORMÁTICA BÁSICA, baixo entorno de Software Libre.
Dende o 16 de xaneiro.
Martes e xoves de 19.30 a 21 .30 h.
40 h.
· INTRODUCIÓN Á INTERNET, Conceptos básicos de redes e organización de Internet.
Dende o 17 de xaneiro.
Mércores de 19,30 a 21,30 h.
12 horas.
· DESEÑO GRÁFICO E RETOQUE FOTOGRÁFICO CON SOFTWARE LIBRE: O GIMP
Dende o 15 de xaneiro.
Luns de 16 a 19 h.
30 horas de contidos prácticos.
· DESEÑO DE PÁXINAS WEB: Estándares de publicación
Dende o 19 de xaneiro.
Venres de 18.30 a 21,30 h.
30 horas de contidos prácticos.
· OFIMÁTICA E OPEN OFFICE
Dende o 28 de febreiro.
Mércores de 18,00 a 21,00 h.
50 h.
· DESEÑO E PROGRAMACIÓN FLASH
Dende o 30 de marzo.
Venres de 18,30 a 21,30 h.
30 h.
CLUBES: HACKLAB FRS
15 de xaneiro. Introdución software libre. Libera o teu ordenador.
29 de xaneiro. Facer música desde a túa casa. Internet. Projecto Mourente.
12 de febreiro. Creación de Comunidades Virtuais / Redes Libres e wireless.
26 de febreiro. A comunicación está no ar / Os perigos da rede.
12 de marzo. Qué é o Linux.
19 de marzo. Software Libre para a pequena empresa.
Quincenalmente en colaboración con diferentes colectivos composteláns, Compostela Wireless, GLUG e AUSLUC, desenvolveranse no centro de Ensanche unha serie de charlas divulgativas sobre o Software Libre, para achegar á mocidade en concreto, e a todos os veciños e veciñas, as ferramentas de que dispomos para que os nosos computadores funcionen con alternativas de balde –e, en moitos casos, no noso idioma– para realizar o que queiramos no mundo da informática.
Para máis información consultar o folleto ou dirixirse o seguinte enderezo:
Centro sociocultural e xuvenil municipal O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14/16
Tel: 981 543 001
dptoeducacion@santiagocompostela.org
Galicia aspira a estender a súa zoa xeográfica ao ciberespacio. A fórmula é lograr un barrio virtual en Internet cun dominio propio que identifique á comunidade. A Asociación PuntoGal, apoiada por 39 institucións, decidiu que era hora de comerse o mundo. Para o ano 2007, a organización ten coma fin desenvolver unha campaña de información así como de recollida de apoios a súa causa na propia comunidade, Madrid e América. Todo será válido para conseguir cos galegos poidamos dispoñer de páxinas web rematadas en “.gal” en lugar do “.es”, “.net” ou “.org” actuais. En Cataluña, xa teñen o seu “.cat”.
A propia explicación do que é un barrio virtual e complexa. O dominio daríanos a posibilidade de ter unha dirección propia. Por exemplo, no lugar de www.xunta.es; a Administración galega podería dispoñer de www.xunta.gal. A consecución do mesmo acádase a través da [[ICANN]], Internet Corporation for Assigned Names and Numbers. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro encargada de concedelo ou rexeitalo. Nos últimos meses e anos, concedeu algúns novos como .cat, .eu, .aero e .info, entre outros.
Para conseguir o .gal, a asociación elaborará un informe explicando as razóns polas que se desexa, unha previsión económica das páxinas que poderían incluír o dominio e como se xestionarían as altas, entre outros asuntos. Con toda esta información, presentarase unha candidatura. Descoñécese, de momento, cando xa que é a propia ICANN a que decide a data. Barállase que poida ter lugar no ano 2007 ou 2008.
Fonte: Faro de Vigo
Despois de sete anos de desenvolvemento dende a sua creación, o proxecto LinuxBIOS (apoiado pola Free Software Foundation, FSF) anunciou que dispón por fin dun firmware utilizable por parte dos fabricantes de placas base e ensambladores de PC’s, listo para entrar en producción.O anuncio é importante na medida cos fabricantes de BIOS son escasos, e non existe unha alternativa funcional á segunda xeración de firmware no cal o único expoñente é por o momento a EFI de Intel.
LinuxBIOS consiste nun software mínimo para arrancar a computadora e facer que esta recoñeza e poida utilizar os distintos periféricos conectados para despois pasar ao control do sistema operativo. É o mesmo que fan as BIOS actuais, pero seguindo a ideoloxía do software libre e mellorando os puntos febles do único elemento que queda case sen cambios da arquitectura do PC orixinal.
Ao estar baixo unha licenza libre, LinuxBIOS pode ser empregada por calquera fabricante de placas base ou chipsets, con independencia da sua medida e importancia no mercado, e adaptada ás funcionalidades e peculiaridades dun hardware en concreto.
Un punto a favor para LinuxBIOS pode ser o anuncio da iniciativa OLPC (One Laptop Per Child) que utilizará para equipar os seus equipos dirixidos aos nenos con menos poder adquisitivo dos países máis desfavorecidos.
Entre os diferentes apoios recibidos a o largo da historia do proxecto destácase o de Intel que ao principio mostrábase moi entusiasta proporcionando información sobre os seus produtos coma procesadores ou chipsets, pero na medida co seu propio proxecto de BIOS de próxima xeración (EFI) ía evolucionando, mostrábase menos disposto a proporcionar información ao proxecto LinuxBIOS ata abandonar o proxecto. AMD en cambio seguiu o camiño contrario, ao principio confiando pouco no proxecto pero entusiasmándose ata converterse actualmente nun dos seus apoios máis importantes.
Entre o resto das compañías que apoiaron a LinuxBIOS atópanse Acer ou SIS, un dos integradores de PC’s máis importantes do mundo, e un dos fabricantes de chipsets tamén máis importantes do mundo, ademais dalgunhas compañías máis pequenas e menos coñecidas.
O proxecto chegou a un resultado definitivo e xa pode entregarse a calquer fabricante para o seu uso. LinuxBIOS xa estaba sendo empregado para equipar a máis dun millón de computadoras en todo o mundo, especialmente en países menos desenvolvidos como a India, en máquinas proporcionadas por fabricantes locais.
LinuxBIOS está preparada para arrancar de forma mínima a máquina e pasar posteriormente o control desta a un sistema operativo. Esto faise mediante o que se chama payload, unha peza de software intermedia que contén as instrucións para cargar un sistema operativo concreto.
Esta oferta de emprego tamén foi enviada a lista de “Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre” que publicamos hoxe mesmo.
Pode ver a oferta completa nas bases da convocatoria na seguinte ligazón:
Bases da convocatoria da oferta de contrato laboral de persoal de asesoramento lingüístico na oficina de Software Libre da UDC para o desenvolvemento da Forxa de mancomun.org
Este proxecto, froito da colaboración entre o parque científico e tecnolóxico de Albacete e Sun Microsystems, pretende impulsar e dinamizar o uso do Software Libre nas empresas e administracións da comunidade.
Este centro ten como obxectivo actuar como elemento dinamizador e difusor do Software Libre nesta comunidade e polo tanto, orientarase a catro liñas de actuación fundamentais…
1.- Difusión do proxecto Molinux, a distribución Linux oficial da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.
2.- Apoio a usuarios e empresas de software.
3.- Certificación e desenvolvemento de proxectos en torno ao Software Libre. Nesta liña, o centro analizará e promoverá a aplicación do Software Libre en áreas como a administración electrónica, os sistemas de e-learning, ou os sistemas de sanidade e teleasistencia.
Máis información:
http://www.redestelecom.com/
Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal