Mancomún
Xa están dispoñibles os vídeos das distintas mesas e presentacións feitas durante as “Xornadas galego-lusófonas de Software Libre de Porriño” que organizaron conxuntamente AGNIX e o concello de Porriño durante a fin de semana pasada.
 
O servizo de streaming é proporcionado pola empresa porriñesa N-Video, empresa que emprega e ofrece Software Libre e que tamén colaborou nestas xornadas así como Galpon, o Cesga, Blogaliza, Chuza!, Xacobeo e a Consellería de Innovación e Industria

Para visualizar os vídeos é necesario usar un reproductor que admita o formato Quick Time (por exemplo o VLC). 

{mosaddphp:retransmitir_videos.php}

Nas seguintes ligazóns podes atopar unha serie de ferramentas de Software Libre para a PEME. Son comercializadas pola empresa conetxia e pertencen ao proxecto BulmaGes. As demos que se atopan dispoñibles dende a web corresponden aos módulos de facturación (BulmaFact) e contabilidade (BulmaCont), ambas baixo licenza GPL.

BulmaFact é o módulo de Facturación de BulmaGés. Inclúe todo o proceso de compra e venta, así como as funcións habituais dun programa de facturación. A versión demo non ten ningunha limitación, pero non inclúe ningún dos plugins específicos creados para o programa. Demo BulmaFact

BulmaCont é o módulo de contabilidade de BulmaGés. A versión contida na demo é completamente funcional e non está limitada, nin en capacidade, nin en uso nin en usuarios ou licenzas. O programa está deseñado pensando no usuario final, pretendendo ca maioría das tarefas de compatibilidade sexan completamente accesibles e sinxelas de levar a cabo mediante un sistema moi intuitivo de utilización. Demo BulmaCont

 

http://www.mancomun.org/images/stories/linex.jpgO Estado de Perak (Malaisia) decidiu constituír unha comisión de traballo para a implementación dunha estratexia de Software Libre e de Fonte Aberta seguindo o modelo de Estremadura.

Esta decisión é o resultado dunha visita realizada por unha representación do estado de Perak e dos acordos alcanzados entre o ministro de Educación, Ciencia e Tecnoloxía deste estado, e o conselleiro de Infraestruturas e Desenvolvemento Tecnolóxico estremeño…

A comisión de traballo informará  ao primeiro ministro do Estado sobre os procedementos, fondos e persoal requeridos para o desenvolvemento deste proxecto.

Máis información: hoy.es, cibersur.com e regiondigital.com

http://www.mancomun.org/images/stories/tux_grande.jpgSegundo unha enquisa elaborada por Saugatuck Research entre directores de TI, vicepresidentes e responsables dos departamentos de sistemas de información, case a metade das empresas utilizará aplicacións Linux para operacións de misión crítica dentro de cinco anos.

A enquisa emprega datos de 133 empresas de todo o mundo. A predición é bastante arriscada, posto que a finais do 2007, só o 18 por cento das empresas estarán utilizando Linux para os seus negocios máis sensibles…

A noticia completa está en: linuxworld

http://www.mancomun.org/images/stories/knoppix-logo.jpg Klaus Knopper anunciou a publicación de Knoppix 5.1.0 en live CD e DVD.Novidades:

  • Actualizado a Debian Etch
  • Linux kernel 2.6.19.1 + FUSE 2.6.1
  • Descompresión en tempo real con Cloop 2.05
  • Substitución do Unionfs por Aufs
  • [[KDE]] 3.5.5
  • [[OpenOffice.org]] 2.1
  • ntfs-3g (12.12.2006) para escritura transparente en NTFS

Descarga directa:
ftp://ftp.kernel.org/pub/dist/[…]PIX_V5.1.0CD-2006-12-30-EN.iso
ftp://ftp.ntua.gr/pub/linux/kn[…]IX_V5.1.0DVD-2006-12-30-EN.iso

Torrents:
http://torrent.unix-ag.uni-kl.de/

Anuncio: http://knopper.net/knoppix/knoppix51-en.html

http://www.mancomun.org/images/stories/neo1973.jpgNeo1973 é un teléfono móvil baseado en  GNU/Linux de altas prestacións. A empresa taiwanesa First International Computer (FIC) é a fabricante deste teléfono que dalgún xeito segue a liña de Nokia coas súas PDA con GNU/Linux.

Todo o seu software é modificable, adaptable, etc., contendo un núcleo de sistema Linux 2.6, librerías GTK+, sistema gráfico X Window e Matchbox etc.

Posúe 128 MB de memoria, receptor GPS, radio en catro bandas, pantalla táctil VGA e non require o permiso de ningún operador para comezar a funcionar como teléfono, porque é GSM libre; só require a incorporación da tarxeta SIM…


Pódense instalar e desinstalar programas cun sistema gráfico que funciona ao estilo Synaptic, e teoricamente executar calquera programa que funcione en GNU+Linux utilizando as librerías GTK+.

Máis información:

http://www.canalpda.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=958

DebianAcaba de crearse a lista galega de localización de Debian de libre suscrición e arquivo público co propósito de afortalar o soporte da distribución no noso idioma e promover a consollidación da comunidade Debian galega. Podedes informarvos da creación desta lista neste enlace e na lista de internacionalización de Debian. Podedes subscribirvos a través desta web.

CiberirmandadesAs Ciberirmandades da Fala veñen de engadir un novo traballo de tradución á súa lista. Trátase do Mod Anti Bot Question para o sistema de foros phpBB. Actualmente están en marcha, xunto co anterior, o sistema de foros phpBB3, e o xestor de contidos Joomla! 1.5.

 
As Ciberirmandes empregan unha ferramenta colaborativa chamada TraduCif para levar a cabo estes proxectos de tradución voluntarios. Tamén contan cun amplo abano de software xa dispoñible en galego e traducido por esta iniciativa.
Mañá ás 9:35 da mañá dentro do programa Bos Días da TVG emitirase en directo unha entrevista con Roberto Brenlla, membro de AGNIX e xerente de Tegnix, sobre o Software Libre. Segundo informa Brenlla no seu blog, en principio o espazo ía ser un debate centrado no lanzamento de Windows Vista pero, finalmente centrarase no Software Libre. Para velo co VLC podedes ir a Ficheiro => Abrir Fluxo de Rede. No casilleiro HTTP/HTTPS/FTP/MMS poñede o enderezo mms://85.91.64.23/Television.
 
Actualizado (01-02-07):
Podes descargar o vídeo da entrevista na seguinte ligazón:
Vídeo Bos Días TVG  (33MB)
 

Recentemente outro programa da canle autonómica, A Revista, fixo unha reportaxe sobre a migración a Software Libre que fixo o IES Chan do Monte a cargo de Manuel Morán . Podedes velo aquí se o axustas a 56 minutos e 40 segundos adiante.
Os defensores do Software Libre predín grandes cousas para este ano. O Software Libre no 2006 pegou forte. O navegador web Firefox gañou cota de mercado na contra do Internet Explorer de Microsoft con máis de 200 millóns de descargas. OpenOffice.org foi empregado por máis de 200 millóns de persoas.
 

Algunhas das predicións que fan os expertos para este ano son:

O Software Libre gañará terreo nos escritorios
Os usuarios empregarán máis aplicacións de escritorio baseadas en Software Libre, segundo manifesta Jeremy Allison, programador de Novell que se incorporou recentemente a Google. Tamén engade que se está a empregar Firefox e OpenOffice, e comenzarase a usar máis o sistema operativo Linux nos escritorios en 2007. Mentres que non é seguro que o 2007 sexa o ano de Linux, a marca Shuttleworth do fundador de Ubuntu dixo que no 2007 verán a luz unha gran cantidade de inovacións por parte dos desenvolvedores para Linux de escritorio con novos estilos e características.

Máis presenza en países en vías de desenvolvemento
A natureza aberta e o baixo custe do Software Libre é máis popular nos países en vías de desenvolvemento tales como China e India (véxase Linux in, MS out). Marten Mickos, CEO da compañía da base de datos MySQL, di que os países de rápido crecemento BRIC (o Brasil, Rusia, India e China) serán viveiros de Software Libre en 2007 debido ao mercado e aos grandes talentos. “China e a India son tan grandes xuntas, que se están a converter nas fábricas físicas das mercadorías do mundo, igual que sucederá co Software Libre” di Sr. Allison.

Hardware Linux – máis amigable
Linux xa é moi popular en armarios de servidores. Bruce Perens (vicepresidente de SourceLabs) di que os fabricantes de hardware tales como Dell e HP, e os fabricantes de chips tales como AMD e Intel, construirán máis servidores e procesadores que funcionarán en Linux máis fácilmente. O pasado mes de agosto, por exemplo, Intel lanzou o código fonte que dará a Linux a tecnoloxía para a xeración de drivers  gráficos 2D/3D. Deica antes, os usuarios de Linux tiñan que empregar software propietario para usar chips de aceleración gráfica.

Vista a competición co Software Libre
Os defensores do Software Libre cren que Vista, a nova versión do sistema operativo de Microsoft Windows, non chegará aos negocios e usuarios debido ao seu alto custe, edicións de seguridade e natureza pechada (véxase o que dí a FSF). Debilitarase en 2007 coxeando máis e máis, como xa é evidente que non é máis ca un service pack, e non pode solucionar totalmente os problemas da seguridade e confiabilidade de Microsoft, di Eric Raymond.

Máis diversión cos temas da propiedade intelectual
A industria do Software Libre estará presente en temas de propiedade intelectual en 2007, di Sr. Perens de SourceLabs. Comenzou todo co grupo de SCO que comezaba un pleito contra IBM en 2003 demandando que as contribucións do Big Blue’s ao sistema operativo de Linux violaron as patentes do UNIX posuídas por SCO. Ese pleito continuará no 2007.

 
Fonte: Red Herring  
O Centro sociocultural e xuvenil do Ensanche (Santiago) é un espazo especializado nas novas tecnoloxías, dotado de equipos e programas informáticos dirixidos especialmente á mocidade. Promove a formación básica de mozas e mozos fomentando o emprego das ferramentas dispoñibles de software libre. Utilizando a súa potencialidade, o departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago organiza unha serie de cursos de formación. Entre eles un de informática básica, de introdución á internet, de deseño gráfico e retoque fotográfico con software libre (o gimp) ou de deseño de páxinas web.

 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DO 2007.
· CURTAMETRAXES, iniciación ao mundo da curtametraxe.

Dende o 20 de xaneiro.
Sábados de 10.00 a 14.00 h.
30 horas

· INFORMÁTICA BÁSICA, baixo entorno de Software Libre.

Dende o 16 de xaneiro.
Martes e xoves de 19.30 a 21 .30 h.
40 h.

· INTRODUCIÓN Á INTERNET, Conceptos básicos de redes e organización de Internet.

Dende o 17 de xaneiro.
Mércores de 19,30 a 21,30 h.
12 horas.

· DESEÑO GRÁFICO E RETOQUE FOTOGRÁFICO CON SOFTWARE LIBRE: O GIMP

Dende o 15 de xaneiro.
Luns de 16 a 19 h.
30 horas de contidos prácticos.

· DESEÑO DE PÁXINAS WEB: Estándares de publicación

Dende o 19 de xaneiro.
Venres de 18.30 a 21,30 h.
30 horas de contidos prácticos.

· OFIMÁTICA E OPEN OFFICE

Dende o 28 de febreiro.
Mércores de 18,00 a 21,00 h.
50 h.

· DESEÑO E PROGRAMACIÓN FLASH

Dende o 30 de marzo.
Venres de 18,30 a 21,30 h.
30 h.

CLUBES: HACKLAB FRS

Horario de xuntanzas do clube: Venres ás 19.00 h.
Actividades permanentes no tempo, orientadas a que unha comunidade aplique as TIC á realización e publicación de traballos directamente relacionados coas áreas de interese do grupo. Obxectivo: Dinamización, participación social. Os participantes aportan formación, información, ferramentas e solucións á sociedade.

CICLO DE CONFERENCIAS NO ENSANCHE: SOFTWARE LIBRE
Luns ás 19,30 horas, duración 1 1/2 – 2 h. aproximadamente.

15 de xaneiro. Introdución software libre. Libera o teu ordenador.
29 de xaneiro. Facer música desde a túa casa. Internet. Projecto Mourente.
12 de febreiro. Creación de Comunidades Virtuais / Redes Libres e wireless.
26 de febreiro. A comunicación está no ar / Os perigos da rede.
12 de marzo. Qué é o Linux.
19 de marzo. Software Libre para a pequena empresa.

Quincenalmente en colaboración con diferentes colectivos composteláns, Compostela Wireless, GLUG e AUSLUC, desenvolveranse no centro de Ensanche unha serie de charlas divulgativas sobre o Software Libre, para achegar á mocidade en concreto, e a todos os veciños e veciñas, as ferramentas de que dispomos para que os nosos computadores funcionen con alternativas de balde –e, en moitos casos, no noso idioma– para realizar o que queiramos no mundo da informática.
 
Para máis información consultar o folleto ou dirixirse o seguinte enderezo: 

Centro sociocultural e xuvenil municipal O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14/16
Tel: 981 543 001
dptoeducacion@santiagocompostela.org

http://www.mancomun.org/images/stories/asoc-puntogal.png Galicia aspira a estender a súa zoa xeográfica ao ciberespacio. A fórmula é lograr un barrio virtual en Internet cun dominio propio que identifique á comunidade. A Asociación PuntoGal, apoiada por 39 institucións, decidiu que era hora de comerse o mundo. Para o ano 2007, a organización ten coma fin desenvolver unha campaña de información así como de recollida de apoios a súa causa na propia comunidade, Madrid e América. Todo será válido para conseguir cos galegos poidamos dispoñer de páxinas web rematadas en “.gal” en lugar do “.es”, “.net” ou “.org” actuais. En Cataluña, xa teñen o seu “.cat”.

Darío Janeiro, secretario da Asociación PuntoGal explica que a principios de ano van iniciar accións para dar a coñecer o dominio tanto en Galicia como fora. Na casa, entrevistaranse con autoridades para recabar apoios. Os gobernantes de Madrid tamén deberán atendelos. Dende a asociación queren explicarse ben para cas autoridades de Madrid non poñan ningunha pega. Tamén tomarán accións de cara á emigración galaica no exterior. O modus operandi será enviando cartas e mensaxes ás comunidades de galegos en América, e tamén ás de Europa. A segunda medida pensada para recoller apoios consistiría en organizar un evento sen definir inda, como conferencias en distintas cidades, iniciativas de carácter didáctico…

A propia explicación do que é un barrio virtual e complexa. O dominio daríanos a posibilidade de ter unha dirección propia. Por exemplo, no lugar de www.xunta.es; a Administración galega podería dispoñer de www.xunta.gal. A consecución do mesmo acádase a través da [[ICANN]], Internet Corporation for Assigned Names and Numbers. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro encargada de concedelo ou rexeitalo. Nos últimos meses e anos, concedeu algúns novos como .cat, .eu, .aero e .info, entre outros.
Para conseguir o .gal, a asociación elaborará un informe explicando as razóns polas que se desexa, unha previsión económica das páxinas que poderían incluír o dominio e como se xestionarían as altas, entre outros asuntos. Con toda esta información, presentarase unha candidatura. Descoñécese, de momento, cando xa que é a propia ICANN a que decide a data. Barállase que poida ter lugar no ano 2007 ou 2008. 

Fonte: Faro de Vigo  

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación e Industria enviarán a todos os centros educativos de Galicia un CD-ROM co OpenOffice.org en galego, xunto co seu corrector lingüístico. A iniciativa é a primeira dunha serie de accións que se esperan concretar no ano 2007 e que abranguen, entre outras, a formación para o profesorado no paquete ofimático e soporte técnico.

 
O OpenOffice.org en lingua galega comprende un conxunto completo de aplicacións para o traballo ofimático como son, o procesador de textos, unha folla de cálculo, unha base de datos, un xerador de presentacións multimedia, un programa de debuxo, un editor de ecuacións matemáticas e outras ferramentas, ademais dun corrector ortográfico de galego totalmente integrado.
 
O ámbito educativo é un sector clave no que, ademais de propiciar o coñecemento e a difusión deste software por toda a cidadanía galega, a presenza destes programas achegan importantes vantaxes polas súas propias características de libre disposición, de adaptabilidade e de posibilidade de dispoñer del en galego. 

http://www.mancomun.org/images/stories/linux_bios.pngDespois de sete anos de desenvolvemento dende a sua creación, o proxecto LinuxBIOS (apoiado pola Free Software Foundation, FSF) anunciou que dispón por fin dun firmware utilizable por parte dos fabricantes de placas base e ensambladores de PC’s, listo para entrar en producción.

O anuncio é importante na medida cos fabricantes de BIOS son escasos, e non existe unha alternativa funcional á segunda xeración de firmware no cal o único expoñente é por o momento a EFI de Intel.

LinuxBIOS consiste nun software mínimo para arrancar a computadora e facer que esta recoñeza e poida utilizar os distintos periféricos conectados para despois pasar ao control do sistema operativo. É o mesmo que fan as BIOS actuais, pero seguindo a ideoloxía do software libre e mellorando os puntos febles do único elemento que queda case sen cambios da arquitectura do PC orixinal.

Ao estar baixo unha licenza libre, LinuxBIOS pode ser empregada por calquera fabricante de placas base ou chipsets, con independencia da sua medida e importancia no mercado, e adaptada ás funcionalidades e peculiaridades dun hardware en concreto.

Un punto a favor para LinuxBIOS pode ser o anuncio da iniciativa OLPC (One Laptop Per Child) que utilizará para equipar os seus equipos dirixidos aos nenos con menos poder adquisitivo dos países máis desfavorecidos.

Entre os diferentes apoios recibidos a o largo da historia do proxecto destácase o de Intel que ao principio mostrábase moi entusiasta proporcionando información sobre os seus produtos coma procesadores ou chipsets, pero na medida co seu propio proxecto de BIOS de próxima xeración (EFI) ía evolucionando, mostrábase menos disposto a proporcionar información ao proxecto LinuxBIOS ata abandonar o proxecto. AMD en cambio seguiu o camiño contrario, ao principio confiando pouco no proxecto pero entusiasmándose ata converterse actualmente nun dos seus apoios máis importantes.

Entre o resto das compañías que apoiaron a LinuxBIOS atópanse Acer ou SIS, un dos integradores de PC’s máis importantes do mundo, e un dos fabricantes de chipsets tamén máis importantes do mundo, ademais dalgunhas compañías máis pequenas e menos coñecidas.

O proxecto chegou a un resultado definitivo e xa pode entregarse a calquer fabricante para o seu uso. LinuxBIOS xa estaba sendo empregado para equipar a máis dun millón de computadoras en todo o mundo, especialmente en países menos desenvolvidos como a India, en máquinas proporcionadas por fabricantes locais.

LinuxBIOS está preparada para arrancar de forma mínima a máquina e pasar posteriormente o control desta a un sistema operativo. Esto faise mediante o que se chama payload, unha peza de software intermedia que contén as instrucións para cargar un sistema operativo concreto.

Fonte: Libro blanco del software libre  

O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca un contrato de traballo de persoal de asesoramento lingüistico para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria (en adiante CII) e a Universidade da Coruña (en adiante UDC) para a dinamización e coordinación dos proxectos de localización e creación de software en galego baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC.
 
O obxecto desta convocatoria e a contratación laboral dunha persoa que, baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC, farase cargo das tarefas de asesoramento lingüistico da forxa (espazo web) de sóftware integrada en mancomun.org, e para a dinamización dos proxectos de localización ou creación de software, manuais e documentación en galego…

Esta oferta de emprego tamén foi enviada a lista de “Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre” que publicamos hoxe mesmo.

Pode ver a oferta completa nas bases da convocatoria na seguinte ligazón:

Bases da convocatoria da oferta de contrato laboral de persoal de asesoramento lingüístico na oficina de Software Libre da UDC para o desenvolvemento da Forxa de mancomun.org http://www.mancomun.org/components/com_remository/images/download_trans.gif
 

Este proxecto, froito da colaboración entre o parque científico e tecnolóxico de Albacete e Sun Microsystems, pretende impulsar e dinamizar o uso do Software Libre nas empresas e administracións da comunidade.

Este centro ten como obxectivo actuar como elemento dinamizador e difusor do Software Libre nesta comunidade e polo tanto, orientarase a catro liñas de actuación fundamentais…

1.- Difusión do proxecto Molinux, a distribución Linux oficial da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.

2.-  Apoio a usuarios e empresas de software.

3.- Certificación e desenvolvemento de proxectos en torno ao Software Libre. Nesta liña, o centro analizará e promoverá a aplicación do Software Libre en áreas como a administración electrónica, os sistemas de e-learning, ou os sistemas de sanidade e teleasistencia.

Máis información:
http://www.redestelecom.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal