Mancomún
http://www.mancomun.org/images/stories/mailman.png Acabamos de poñer a funcionar unha nova lista de distribución de correo electrónico, chamada “Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre“, coa pretensión de que esta sirva para a publicación de ofertas de emprego relacionadas co Software Libre.
 
E para dar exemplo, enviamos á lista a oferta de emprego publicada onte en mancomun.org para o desenvolvemento da forxa.
 
Para enviar unha oferta de emprego relacionada con Software Libre a esta lista hai que mandar un correo electrónico co texto da oferta á seguinte dirección de correo electrónico:
 
ofertas_emprego_software_libre@mancomun.org  
 
Máis información na páxina de información da lista en
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre.

Están dispoñibles novas versións de Firefox 1.5.0.9, Firefox 2.0.0.1 e Thunderbird 1.5.0.9. A corporación Mozilla libera actualizacións de seguridade para Firefox 1.5.0.9, Firefox 2.0.0.1 e Thunderbird 1.5.0.9 dispoñibles para Linux, Mac e Windows. As descargas están dispoñibles en getfirefox.com e getthunderbird.com

Recoméndase aos usuarios de Firefox actualizarse a esta última versión. Esta actualización está dispoñible en 37 idiomas. Firefox 1.5.0.x manterase cas actualizacións de seguridade e estabilidade ata o 24 de abril de 2007. Anímase a tódolos usuarios que muden a Firefox 2. Firefox 1.5.0.9 está dispoñible para descargar dende http://www.mozilla.com/en-US/firefox/all-older.html. Se xa tes Firefox 1.5.x, Firefox 2.0.x ou Thunderbird 1.5.x, recibirás unha notificación automatizada da actualización no prazo de 24 a 48 horas. Esta actualización pode tamén ser aplicada manualmente seleccionando a “comprobación para actualizacións…” do menú de axuda. Para máis información, ver as notas do lanzamento do Firefox 1.5.0.9, Thunderbird 1.5.0.9 e Firefox 2.0.0.1.
O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca tres contratos de traballo de persoal informático para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade da Coruña para a realización e mantemento dunha plataforma axeitada para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de Software Libre, así como a dinamización, investigación e soporte técnico dos correspondentes proxectos baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC…

O obxecto desta convocatoria e a contratación laboral de tres persoas que, baixo a supervisión da Oficina de Software Libre da UDC, faranse cargo do desenvolvemento, instalación e mantemento dunha forxa (espazo web) de software integrada en www.mancomun.org, na que se integrarán subsistemas de control de versións e revisión, listas de correo, foros de discusión, xestión de erros, e unha plataforma de traballo en grupo entre outras para a dinamización dos proxectos de localización ou creación de software, manuais e documentación en galego.
 
Máis información no prego de condicións desta convocatoria na seguinte ligazón: Prego de condicións de contración de persoal para a forxa de mancomun.org http://www.mancomun.org/components/com_remository/images/download_trans.gif 
A Universidade de Santiago de Compostela recibiu o premio Eganet á Mellor Tecnoloxía de Código Aberto do ano 2006 polo súa ferramenta E-sicus.  É unha aplicación de xestión económica centrada na xestión do orzamento desenvolvida pola empresa coruñesa Igalia.

Algunhas das vantaxes de e-Sicus son: facilitar o acceso ós usuarios por que, o ser unha aplicación web, poden manexala a través do navegador, amplia as funcionalidades como a xestión de multipartidas, a conta de anticipos ou a folla de petición electrónica, e ademais reduce costos de mantenemento. A implantación definitiva desta aplicación está prevista para maio de 2007.

OpenKM é un sistema de xestión documental (DMS) moi útil para aquelas PEME que necesiten organizar e compartir os seus documentos.

Este proxecto xurdiu dentro do “Programa Nacional de Tecnologías de Servicios de la Sociedad de la Información”, no cal se manifesta que unha das súas liñas prioritarias é a investigación e desenvolvemento de metodoloxías, modelos e ferramentas de uso colectivo para asesoramento en TIC, que faciliten a xestión do coñecemento das PEME e que soporten a creación e a explotación cooperativa de contidos dixitais…

Partindo desta premisa, a consultora GIT Consultors e a Fundació IBIT, presentaron OpenKM como proposta para executar un proxecto de desenvolvemento tecnolóxico coa finalidade de crear un sistema de xestión do coñecemento destinada ás PEME, pero utilizando Software Libre.
 
A arquitectura de OpenKM está baseada en tecnoloxía J2EE, e dada a súa natureza pode traballar en múltiples sistemas operativos (GNU/Linux, Unix e Windows).
 
As características principais de OpenKM:

  • Knowledge management / Document management. Xestión e almacenaxe de documentos e contidos xerados na empresa.
  • Indexación de documentos: OpenOffice.org, PDF, MS Office, etc. O motor de busca permite realizar procuras por contidos nos documentos indexados.
  • Procuras por título, contido e palabras chave.
  • Acceso remoto a través de cliente web.
  • Interface web compatible con IE, Firefox e Safari.
  • Multiidioma (Español, Inglés, Catalán e Francés).
  • Control de versións (posibilidade de ir gardando as versións previas cando se realicen modificacións nos documentos).
  • Menús contextuais (é necesario habilitalos no Firefox na configuración de Javascript).
Máis información na páxina do proxecto en www.openkm.com

http://www.mancomun.org/images/stories/slony.jpgLiberada a última versión de Slony-I, versión 1.2.2. dispoñible vía pgfoundry. É moi recomendable, para usuarios de versións 1.2.0 e 1.2.1, actualizarse a esta versión que corrixe un número importante de erros.

Slony-I é un sistema de replicación, mestre a múltiples escravos, con cascada e “failover” para postgreSQL.

Slony-I é un sistema mestre-escravo que inclúe tódalas características e capacidades necesarias para replicar grandes base de datos a outras de respaldo.

Slony-I está pensado para “data centers” e sitios de respaldo, onde o modo normal de operación é que tódolos nodos estean dispoñibles.

Mancomun.org, coma Observatorio do Software Libre en Galicia, acaba de publicar O Software Libre nas entidades de Galiza que analiza o emprego do código aberto na PEME, empresas informáticas, concellos e centros de ensino non universitario. O documento está dispoñible na sección de descargas.

O estudo indica que o Software Libre estase a desenvolver de xeito desigual segundo os diferentes ámbitos. Nas empresas informáticas o uso é maior (48%), seguido por concellos (32%), centros de ensino (20%) e a PEME non tecnolóxica (10%). Goza dunha imaxe excelente e a principal razón para non usalo é o descoñecemento. Ademais faise evidente a necesidade de actividades de difusión e formación en todos os sectores estudados.

O Software Libre nas entidades de Galiza, reflicte unha maior presenza no eido público cunha porcentaxe importante de administracións locais que xa empregan tecnoloxía de estándares abertos. Nos centros educativos o índice de emprego é menor pero existe unha boa predisposición a usalo.
 
Pola súa banda no sector privado as empresas informáticas usan o Software Libre para levar a cabo os seus produtos e servizos pero son reticentes á hora de establecer novas liñas de negocio baseadas en código aberto.  Na PEME en xeral existe un grande descoñecemento  aínda que  goza dunha boa imaxe.
 
Prema aquí para descargar o informe  http://www.mancomun.org/components/com_remository/images/download_trans.gif 
Do 5 ao 7 de marzo do 2007, celebraranse en Girona as I Xornadas sobre Sistemas de Información Xeográfica libres. Na páxina web das xornadas pódese consultar xa o programa definitivo de Relatorios e Comunicacións (sección Xornadas no website, descargar pdf). A data límite da inscrición avanzada ás Xornadas é este próximo día 22 de decembro. A inscrición normal alargarase ata o 23 de Febreiro de 2003.

 
Pódese consultar esta e moita máis información na páxina web do congreso. As xornadas queren ser un punto de encontro para a comunidade de usuarios de SIX, no cal poder compartir e intercambiar experiencias e coñecementos, así como establecer un espazo de debate activo poñendo de manifesto a saúde e o vigor do software SIX Libre.
O vindeiro 29 de decembro celebrarase a primeira edición de AmiguSoft-Libre nas Pontes, unha xornada de achegamento ao Software Libre organizada pola Asociación Informática Amigus. Contaremos cunha presentación da iniciativa mancomun.org guiada por Tomás Vilariño, un achegamento ao Blender por Gustavo Muñoz e finalmente un coloquio sobre o Software Libre no que nos centraremos na súa difusión.

https://mancomun.gal/wp-content/uploads/2022/09/softlibre.jpg

Esta xornada está inscrita na amigus-party nadal-2006 que terá lugar os días 28, 29 e 30 de decembro. Para máis información visitade a páxina de amigus en amigus.org

http://www.mancomun.org/images/stories/ubl.jpgA linguaxe UBL (Universal Business Language / Linguaxe de Negocios Universal), desenvolvido polo Comité Técnico UBL de OASIS e aprobado en febreiro de 2004, está adicado á captura de información para o seu uso na integración de sistemas de negocio (B2C) e o intercambio de datos entre socios comerciais (B2B). 

UBL é un estándar internacional, totalmente libre (deseñado por OASIS), máis extensíbel que XML e derivábel no sentido que se pode transformar nun schema  XML e en UML.
A potente estrutura de UBL permite xestionar de maneira moi eficiente os datos de empresa a través de programas informáticos. Permite a realización de tódalas tarefas estándar que conleva a compilación, o almacenamento e a utilización dos datos de empresa. A información pode mudarse a UBL mediante procesos de marcado (mapping) ou xerarse en UBL a través de programas informáticos. Informaticamente pódese procurar, seleccionar, intercambiar ou analizar a información, ou publicala para unha visualización normal.

Máis información na Asociación UBL España .

Os responsables do sistema de monitorización libre Pandora FMS  buscan tradutores para a súa versión galega. Actualmente conta con versións en español, inglés, francés, asturiano, catalán, portugués de Brasil, español para Sudamérica e italiano. Os interesados deben dirixirse a pandorainfo@gmail.com.

Pandora FMS son un conxunto de programas libres con licenza GPL que permiten analizar de xeito visual o estado e a actuación de varios parámetros de diferentes sistemas operativos, servidores, aplicacións e sistemas de hardware coma firewalls, proxies, bases de datos, servidores webs ou routers. E todo integrado nunha arquitectura aberta e distribuída.  

 

http://www.mancomun.org/images/stories/spotter.jpg Spotter é un programa que permite aos estudantes comprobar as súas respostas a problemas de matemáticas. Traballa con respostas numéricas e simbólicas. O software é libre con licenza GPL.

Spotter tamén está dispoñible en liña  para poder facer probas.

 Pódense empregar respostas simbólicas nunha notación que se asemella á notación “normal” das matemáticas (por exemplo, xy na vez de x*y, e sin x na vez de sin(x)).

A versión actual de spotter é a 2.2.0. Esta inclúe a mellora de permitir aos usuarios introducir respostas e o resultado procesado e visualizado empregando [[MathML]]. Spotter pode funcionar coma cgi Perl nun servidor web.

 

O próximo xoves 21 de decembro ás 10:30 terá lugar no Seminario 2.1 do Departamento de Matemáticas da Facultade de Informática da Coruña  a charla Recursos en Software Libre para a simulación numérica en investigación e docencia. A charla será impartida pola doutora Ana Ferreiro Ferreiro do Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña. 
 

O evento poderá seguirse a través de videoconferencia na Aula de videoconferencia da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Os que precisen máis información poden dirixir as súas dúbidas a carlosv@udc.es.
No proxecto gvSIG acaban de anunciar a liberación da versión estable 1.0 de gvSIG. Os desenvolvedores destacan que, con esta versión estable, a aplicación xa contén un conxunto de funcionalidades que a fan realmente útil, ademais do gran número de proxectos previstos que dotarán a gvSIG de máis funcionalidades, tales como a xeración de topoloxía, análise raster, análises de redes, etc…

As novidades máis destacables nesta versión son:

  • Edición
  • Xeoprocesamento
  • Xeoreferenciación
  • Acceso a servidores WFS de información vectorial
  • Soporte para Mac OS X

Podes consultar o resto de novidades na web do proxecto en “Notas da versión”.

Ligazón ás notas da versión 1.0 na web do proxecto

Ligazón á páxina de descarga do proxecto.

HyperScope é un procesador de alto rendemento que permite navegar, ver e ligar documentos de maneiras sofisticadas. É o primeiro paso para chegar a un sistema aberto de Hyperdocument.

HyperScope desenvolveuse en Javascript usando o “toolkit” Dojo e traballa en Firefox (recomendado) e Internet Explorer. Utiliza OPML como formato de arquivo. É open source e ten licenza GPL.

Hai dispoñibles exemplos de documentos cos que podes probar HyperScope. A nova versión 1.1 conta cun transformador HTML, permitindo probar a conversión de documentos proporcionando unha url.

Se desexas descargar HyperScope, xogar co código fonte ou instalalo no teu propio servidor web, pódese descargar a release 1.1.

O Pleno do Congreso dos Deputados vén de aprobar case por unanimidade (299 votos a favor, 1 en branco e unha abstención) unha proposición non de lei que insta ao goberno a promover o Software Libre entre a administración e os cidadáns.
 
Favorecerase deste xeito o uso de estándares abertos e o desenvolvemento de solucións libres. Entre as vantaxes salientadas polos deputados están a interoperabilidade, a adaptabilidade a todas as linguas do Estado, o aforro económico en licenzas e a racionalidade técnica e tecnolóxica.
 

A iniciativa partiu dunha proposta do Partit dels Socialistes de Catalunya e ten carácter “non de lei” polo que non terá consecuencias lexislativas directas aínda que por primeira vez o Congreso pronúnciase de xeito decidido a prol do Software Libre.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal