Collabtive é unha ferramenta web para a xestión de proxectos que se presenta como unha alternativa en código aberto ás solucións privativas existentes. Ten unha interface de fácil uso ao estilo web 2.0 e con soporte multiidioma.
Inclúe funcionalidades básicas para xestión de listas de tarefas, proxectos, mensaxería entre os usuarios, aparencia, ficheiros, …

Pantallazo de Collabtive en funcionamento
Está desenvolto para traballar nun contorno LAMP (GNU/Linux, servidor web Apache, MySQL e PHP5). Está baixo licenza GNU/GPL.
Collabtive pódese descargar dende Sourceforge e a tradución ao galego feita por Mancomun.org de Collabtive está dispoñible nos foros do proxecto (tamén dispoñible dende as descargas de Mancomun.org)
