O “Hackontest” é un concurso de programación organizado por un grupo de usuarios suízo e esponsorizado por Google. Hackontest é unha competición de programación de 24 horas de duración. Na competición compiten 3 equipos de distintos proxectos de Software Libre. Os seus obxectivos son mellorar diversos proxectos en Software Libre de acordo as necesidades dos usuarios e demostrar ao público o entusiasmo dos desenvolvedores en Software Libre.
Comezando este mes, os usuarios e desenvolvedores de proxectos en Software Libre xa poden envíar aquelas necesidades futuras dos seus proxectos favoritos, puntualas e/ou comentalas.
A lista de proxectos presentados actualmente pódese consulta na seguinte ligazón: http://www.hackontest.org/. Entre os proxectos xa rexistrados destacan Ubuntu, TYPO3, phpMyAdmin, Moodle, OpenOffice.org, Debian, Squeak!, Scribus e Gnome…
