Comezou a competición de programación en Software Libre "Hackontest"

Comezou a competición de programación en Software Libre "Hackontest"

http://www.mancomun.org/images/stories/hackontest.pngO “Hackontest” é un concurso de programación organizado por un grupo de usuarios suízo e esponsorizado por Google. Hackontest é unha competición de programación de 24 horas de duración. Na competición compiten 3 equipos de distintos proxectos de Software Libre. Os seus obxectivos son mellorar diversos proxectos en Software Libre de acordo as necesidades dos usuarios e demostrar ao público o entusiasmo dos desenvolvedores en Software Libre.

Comezando este mes, os usuarios e desenvolvedores de proxectos en Software Libre xa poden envíar aquelas necesidades futuras dos seus proxectos favoritos, puntualas e/ou comentalas.

A lista de proxectos presentados actualmente pódese consulta na seguinte ligazón: http://www.hackontest.org/. Entre os proxectos xa rexistrados destacan Ubuntu, TYPO3, phpMyAdmin, Moodle, OpenOffice.org, Debian, Squeak!, Scribus e Gnome

O día 1 de agosto, o xurado do Hackontest elixirá aos tres equipos máis prometedores que viaxarán a Suíza o 24/25 de setembro para participar na competición que terá lugar na OpenExpo Zürich 2008. O xurado estará formado por dez programadores de renome como Jeremy Alison (creador de Samba), Bruce Perens (fundador da Open Source Initiative), Alexander Limi (fundador de Plone) e Jono Bacon (líder de comunidades de Ubuntu).

 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal