Mancomún

Conferencia de Ruby on Rails en Berlín

Do día 17 ao de 19 de setembro celebrarase en Berlín, Alemania, a conferencia RailsConf Europe , un evento de 3 días dedicado exclusivamente a Ruby on Rails. O contorno de desenvolvemento de Ruby on Rails cumpre 3 anos este verán, e neste curto período de tempo, pasou de ser o favorito dos fans de Ruby a converterse no máis usado no mundo do desenvolvemento web.

A conferencia RailsConf Europe 2007 xuntará a centos de desenvolvedores de Europa e do resto do mundo durante 3 días de presentacións e cursos…

 

O proceso de rexistro está aberto desde o seguinte enderezo web:
Rexistro na RailsConf Europe 2007

Máis información en:
http://www.railsconfeurope.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal