Curso de Deseño Gráfico e Retoque Fotográfico organizado polo Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, xunto coa Fundación Universidade da Coruña organizan un curso de deseño gráfico e retoque fotográfico usando ferramentas libres, en concreto o [[GIMP]].

O curso é de iniciación, polo que non é necesaria experiencia previa en aplicacións gráficas, pero si un manexo básico da informática…

Ten unha duración dunhas 20 horas e o prazo de inscrición é ata o 24 de xullo, ás 13.00 horas.

Máis información (horarios, prezos, etc) sobre o curso na web do concello de Rianxo, ou no cartaz do curso

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal