A “Confederación de Empresarios de Ferrol” organiza un curso totalmente gratuíto para dar a coñecer as vantaxes da implementación de Software Libre na empresa.
O curso que se chamará “Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial” constará dun total de 100 horas e terá lugar en Ferrol entre as datas do 2 de novembro ata o 29 de novembro. O proceso de inscrición no curso xa está aberto e o número de prazas son un total de 15, dispoñibles tanto a persoas empregadas como desempregadas…
O programa do curso é o seguinte:
- Repercusión Social e Económica do Software Libre
- Oportunidades e vantaxes da implementación de Software libre na empresa:
- Proxectos empresariais baseados en Software libre
- Introdución práctica ao sistema operativo GNU/LINUX:
- Introdución ao sistema operativo GNU/Linux
- Xestión de ficheiros e procesos
- Administración e xestión de usuarios e grupos
- Xestión de software e introdución á xestión de servizos
- Ferramentas de administración e xestión empresarial:
- Aplicacións ofimáticas
- Aplicacións específicas de xestión empresarial: facturalux, linuxkontor, GNUcash
- Software para o tratamento de imaxes e o deseño gráfico: gimp, gthumb
- Internet: navegador web, correo electrónico, mensaxería
- Software multimedia de audio e vídeo
- Avaliación e alcance da acción formativa
