Efelcren, que está financiado pola Comisión Europea e coordinado pola USC, introdúcese agora na análise e no desenvolvemento dun espazo de traballo colectivo que permita a creación e validación en liña de materiais didácticos multimedia mediante ferramentas de Software Libre. O fin primordial da nova iniciativa é conseguir que calquera mestre/a poida aprender e deseñar obxectos de aprendizaxe, adaptalos ás súas necesidades e compartilos cos seus/súas colegas de toda Europa. Esas mesmas ferramentas que os/as docentes aprendan a deseñar empregaranse logo en espazos de formación en liña de Educación Primaria e Secundaria para conseguir as mellores estratexias posibles en materia de aprendizaxe electrónica.
Os materiais didácticos elaborados até o momento acadan xa máis de 80 obxectos de aprendizaxe multimedia, sobre temáticas diversas, e poranse á disposición da comunidade educativa a través dun Centro de Recursos en liña adaptado e implementado pola área de e-learning do Cesga. Un Centro que vai contar con información sobre ferramentas de autor que permiten o deseño de materiais e que farán posible categorizar os recursos, realizar procuras seguindo distintos criterios e exportar materiais…
Efelcren
