Desenvolvemento de ferramentas didácticas multimedia en Software Libre no Proxecto Europeo Efelcren

Desenvolvemento de ferramentas didácticas multimedia en Software Libre no Proxecto Europeo Efelcren
http://www.mancomun.org/images/stories/efelcren.jpgEfelcren, que está financiado pola Comisión Europea e coordinado pola USC, introdúcese agora na análise e no desenvolvemento dun espazo de traballo colectivo que permita a creación e validación en liña de materiais didácticos multimedia mediante ferramentas de Software Libre.

O fin primordial da nova iniciativa é conseguir que calquera mestre/a poida aprender e deseñar obxectos de aprendizaxe, adaptalos ás súas necesidades e compartilos cos seus/súas colegas de toda Europa. Esas mesmas ferramentas que os/as docentes aprendan a deseñar empregaranse logo en espazos de formación en liña de Educación Primaria e Secundaria para conseguir as mellores estratexias posibles en materia de aprendizaxe electrónica.

Os materiais didácticos elaborados até o momento acadan xa máis de 80 obxectos de aprendizaxe multimedia, sobre temáticas diversas, e poranse á disposición da comunidade educativa a través dun Centro de Recursos en liña adaptado e implementado pola área de e-learning do Cesga. Un Centro que vai contar con información sobre ferramentas de autor que permiten o deseño de materiais e que farán posible categorizar os recursos, realizar procuras seguindo distintos criterios e exportar materiais…

A iniciativa Efelcrén conta coa participación de mestres/as e persoal especializado, aos que se unen tamén investigadores en didáctica e novas tecnoloxías, técnicos de TIC e estudantes europeos.
 
Páxina do proxecto:
Efelcren
 
Fonte:
www.sociedadedainformacien.eu

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal