Molinux anunciou que xa se pode descargar dende a web a nova versión MoLinux 3.0 (Aldonza).
Esta nova versión conta cun instalador que mellora o recoñecemento de hardware, un xestor de notificacións hardware no escritorio, un sistema de migración de contas de usuario permitindo migrar os datos e configuracións dende outros sistemas operativos, un sistema de rescate para recuperar o sistema operativo en caso de corrupción deste e moitas cousas máis.
As características principais que integran este novo paquete baseado en Ubuntu Feisty 7.04 son:…
-
Baseada en Ubuntu Feisty 7.04
-
Kernel 2.6.20
-
Gnome 2.18
-
Evolution 2.10.1
-
OpenOffice 2.2
-
Firefox 2.0.4
-
Integración propia das notificacións hardware de escritorio e melloras de deseño (baseado en hermes)
-
Maior soporte Hardware e Wireless.
-
Melloras na tradución.
-
Sistema de restauración de MoLinux.
-
Sistema de migración de contas
Molinux 3.0 (Aldonza) está dispoñible para descarga dende a web de Molinux.
Tamén é posible a súa actualización dende a versión anterior de Molinux (Rocinante-V2) configurando previamente os repositorios.
Fonte:
http://www.yoper.com
http://diariolinux.com
