Xa está dispoñible a nova tradución ao galego do OpenOffice.org. A versión actual é a 2.3.0 e atópase traducida ao 99% tanto na parte da interface como na de axuda.
Desta vez, poderemos descargar esta nova versión desde a web Mancomun.org, gl.openoffice.org (sitio web oficial da comunidade galega de OpenOffice.org) ou desde o sistema de descargas oficial do OpenOffice.org (non están dispoñibles todas as versións).
Entre as novas funcionalidades destacan:
- Inclúe un novo módulo de diagramas
- Maior compatibilidade con extensións
- Melloras en usabilidade
- Actualización en liña desde a propia aplicación
- Instalación simplificada baixo GNU/Linux
- Melloras en seguridade
- …
A continuación preséntase unha listaxe de cambios por aplicación máis completa:
XERAL:
- Melloras en usabilidade
- Actualización en liña desde a aplicación
- Instalación simplificada baixo GNU/Linux
- Ligazón directa para descargar extensións desde a aplicación
- Previsualización en HTML desde o menú “Ficheiro”
- As macros contan agora con niveis de seguridade para execución e camiños de confianza
- Máis información e outras propiedades dos ficheiros dende o separador “Propiedades-Xerais”
- Mellores gráficas 3D con máis características, un uso máis sinxelo e melloras nas escalas a usar por defecto
WRITER
- Exportación de documentos a páxinas Wiki
- Corrección ortográfica en distintas linguas para distintos parágrafos
- Melloras ao mostrar imaxes nos documentos
- Implementación completa de Smart-Tags
- Melloras na exportación a PDF
CALC
- Melloras na impresión
- Atallo directo de teclado a formatado de cela
- Melloras de importación de táboas dinámicas desde formato de Excel
- Melloras na suma automática
- Soporte para matrices e vectores importados de Excel
- Inicial en maiúsculas desactivada por defecto
- Cambio de botóns entre a barra de “Obxectos de formulario” e “Deseño de formularios”
IMPRESS
- Exportación a HTML con soporte para imaxes .png
- Reproducir música durante toda a presentación
- Animacións máis personalizables
BASE
- Tamaño axustable e independente de formularios e informes
- Maior accesibilidade por teclado
- Report Builder:: permite xerar os informes de forma dinámica e áxil. Instálase como unha extensión máis do OpenOffice.org
DRAW
- Texto alternativo para imaxes e capas de debuxos para mellorar a accesibilidade.
