Na páxina de GLUG aparece publicada a noticia de que xa teñen dispoñibles as presentacións das xornadas sobre Software Libre da USC 2006. Polo de agora non teñen todas as presentacións subidas pero esperan telas no menor espazo de tempo posible.
Máis información sobre as presentacións dispoñibles (temática, autor,…) na web de GLUG…
Recordamos que estas xornadas foron organizadas por Aulusc e GLUG de maneira conxunta, e estiveron orientadas fundamentalmente cara redes. As xornadas tiveron unha duración de dous dias (27 e 28 de setembro) e comprenderon conferencias e exemplos prácticos nos que se trataron temas como a instalación do entorno LAMP, a configuración de firewalls e pasarelas, instalación qemu e configuración de vlans, etc.