Docvert é un software, vía servizo web, que permite mudar os ficheiros en formato MS Word (con extensión .doc) a formato OpenDocument ou ficheiros HTML/XML.
Docvert ten unha interface amigable e de fácil integración con outro software xa que está baseado en servizos web estilo REST. O XML producido é moi sinxelo de entender e máis estruturado que o formato propietario Word.
Está implementado empregando XML Pipelines un método que soporta XSLT, no cal o contido das cabeceiras e das seccións é gardado en múltiples ficheiros (capítulo1.html, capítulo2.html, …) devolvendo o resultado nun formato ZIP.
Docvert ten os seguintes requirimentos:
-
PHP 5.0 ou superior coas extensións ZLIB e XSL habilitadas.
-
Polo menos un procesador de textos:
-
OpenOffice.org 1.9.122 ou superior
-
Abiword 2.4.2 ou superior, co complemento de OpenDocument
-
O software está baixo licenza GPL 3 e pódese descargar dende a web do proxecto.
