Este mes facemos algo diferente.
Nada de charla preparada nin poñente convidado: os protagonistas sodes vós, a comunidade.
Queremos abrir o espazo para que compartades en que estades a traballar, que vos ten bloqueados ou que idea levades tempo dándolle voltas sen saber moi ben por onde tirar.
Se estades a desenvolver unha app, montando un xestor, construíndo unha web ou simplemente tedes un proxecto en mente pero vos falta feedback ou un par de ollos novos que o vexan, este é o voso momento.
Entre todas e todos darémoslle ese pulo que lle falta: ideas, suxestións ou simplemente esa perspectiva que ás veces custa ver cando levas semanas coa cabeza metida no mesmo problema.
👉🏻 Para presentar o teu proxecto escríbenos a wpcoruna@gmail.com antes do 11 de xuño e cóntanos en dúas liñas en que andas.
🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 18 de xuño ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 baixo, A Coruña).
🍕 Ao remate, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
Apúntate, que temos poucas prazas!
https://www.meetup.com/es-es/wordpresscoruna/events/314977320/?eventOrigin=group_similar_events


