A axenda do software e
hardware libre en Galicia
Curso de Drupal 10 Site Building
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia organiza un curso de Drupal 10 Site Building, en modalidade de teleformación. Unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional das persoas participantes para o deseño, desenvolvemento, implantación e xestión de portais web, utilizando Drupal.
Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS, Content Management System) que se distribúe como software libre, polo que pode ser modificado e distribuído libremente.
Obradoiro de Segueliñas Rust
O 17 de febreiro, en horario de 11.00 a 13.00 horas, terá lugar o “Obradoiro Segueliñas Rust: Sesión de introdución”, organizado pola Industriosa.
O equipo de robots segueliñas de A Industriosa está a organizar uns obradoiros nos que se traballará no desenvolvemento dun firmware para competición na categoría de velocistas da OSHWDem totalmente escrito na linguaxe Rust.
Máis información:
https://mancomun.gal/novas/obradoiro-de-seguelinas-rust-na-industriosa/
Nova xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible, no Seixo
O vindeiro sábado 24 de febreiro de 2024, a Comunidade O Zulo organiza unha nova xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible de Mugardos. Desta volta o evento celebrarase no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, en quendas de mañá e tarde.
– Quenda de mañá de 11.30 – 14.00 horas.
– Quenda de tarde de 17.00 – 20.00 horas.
HackUDC, hackathon estudiantil na Coruña
Os días 16, 17 e 18 de febreiro, terá lugar a segunda edición do HackUDC, un hackathon estudantil na Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña.
Demostra a túa habilidade, conecta con empresas e desafía os teus límites. Haberá máis de 2.000 € en premios e, se estudias na UDC, podes levar 3 ECTS.
Obradoiros de Robótica xuvenil na Industriosa
Os vindeiros luns (de febreiro ata abril), realizaranse na Industriosa obradoiros de robótica orientados á xuventude.
O Obradoiro de Robótica é unha actividade destinada a alumnado de ESO/Bacharelato, entre 12 e 16 anos cuxo propósito é utilizar esta solución tecnolóxica para familiarizarlle coa programación, o pensamento computacional e a robótica educativa. O obxectivo do taller é preparar un equipo para participar na 7ª edición da Competición de Robots da EEI (eei.robots.webs.uvigo.es/) que se celebrará o 19 de abril na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Día Mundial do Software Libre
O Día Mundial do Software Libre ou Día Mundial da Liberdade do Software é un evento que se impulsou no ano 2004 e celebrouse por primeira vez o 28 de agosto dese ano, para despois fixalo no terceiro sábado de setembro.
O propósito principal dese día non é simplemente dar a coñecer as vantaxes do software libre e os programas máis utilizados deste tipo. Tamén, os equipos que o impulsaron desexan que a través das charlas educativas que ocorren nese día, se promova o uso destas ferramentas para o beneficio da sociedade en xeral.
Curso de Writer en el aula CeMIT de Boiro
A Aula CeMIT do Concello de Boiro abriu o prazo de inscrición para novos cursos de formación en ofimática que se van impartir nos mesese de febreiro e marzo. Prazas limitadas.
Calendario de cursos
– Curso de Writer, entre o 26 e o 29 de febreiro, de 10.00 a 12.00 horas.
– Curso de Calc, entre o 4 e o 7 de marzo, de 10.00 a 12.00 horas.
– Curso de Base, entre o 11 e o 14 de marzo.
– Curso de Impress, entre o 18 e o 21 de marzo.
Información e inscrición no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou Whatsapp 629 769 139.
Máis información na web da aula CeMIT de Boiro.
Curso de Calc na aula CeMIT de Boiro

Curso de Base na aula CeMIT de Boiro

Recomendámosche a...
Queres engadir un evento á axenda?
Se vas a organizar un evento relacionado con software ou hardware libre en Galicia podes enviarnos información sobre o mesmo para que o incluamos na axenda e lle demos difusión.