Con esta iniciativa, o goberno andaluz converteuse na primeira Administración Pública española en liberar o software da súa propiedade, ben por ter sido desenvolto polo persoal ao seu servizo ou á medida mediante algún contrato subscrito ao efecto. Dende entón o repositorio recibe máis de 2500 visitas ao mes o que constitúe un gran éxito para esta iniciativa. Como dato significativo, no mes de Agosto recibiu máis de 400 visitas semanais. …
Os proxectos dispoñibles neste repositorio divídense en proxectos accesibles por calquera ou só accesibles para outras administracións.
Teñen una sección adicada á interoperabilidade, de xeito que toda a información sobre os proxectos pódese consultar mediante protocolos estándares coma o OAI-PMH, protocolo estándar de intercambio de datos para repositorios dixitais, habitualmente empregado na comunidade científica e nas bibliotecas, o que lles permite un acceso rápido e eficiente á información contida nos mesmos.
Ademais, a información dispoñible sobre os proxectos tamén pode sindicarse do mesmo xeito que as novas publicadas na web do repositorio coas últimas novidades relacionadas co inventario de Software Libre da Junta de Andalucía.
Outra das recentes novidades desta web é un mapa de ubicación xeográfica das conexións á páxina o que permitiu coñecer que a meirande parte delas proceden de América latina e do continente asiático, como Corea, Japón e China.
Os principais usuarios deste repositorio son outras Administracións Públicas, especialmente locais, que atopan neste servizo un grande apoio para os seus procesos de modernización en desenvolvemento de novas ferramentas de administración electrónica. Por esta razón estase a crear un apartado específico para as Administracións Locais, en especial para as que teñen solicitado incentivos para proxectos de innovación tecnolóxica de acordo coa Orden do 9 de maio de 2006, BOJA 101/2006.
Fonte: Diario Bahía de Cádiz