Mércores, 9 Agosto 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks

Vídeo
#Aplicacións libres para Android orientadas a empresa

Nesta entrega veremos Tasks, aplicación potente e flexible para xestionar listas de tarefas e recordatorios a través dos nosos dispositivos Android. Unha aplicación de software libre, cunha licenza GNU GPLv3 que utiliza protocolos abertos.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks

Tasks é compatible con Outlook, Thunderbird, Apple Reminders e outros sistema de produtividade. Conta con múltiples opcións de sincronización, podendo intercambiar datos con Google Tasks, DAVx⁵, CalDAV, EteSync, DecSync CC e con Tasks.org.

Tasks

Pódese utilizar sen conexión, autoaloxarse ou configurar EteSync para un cifrado de extremo a extremo. Non contén anuncios e respecta a túa privacidade, os teus datos nunca se comparten con ninguén. Conta con filtros, etiquetas, listas, subtarefas de profundidade infinita, clasificación manual. É personalizable e está dispoñible en varios idiomas.

Tasks

Outras características interesantes:
– Notificacións de chegada e saída baseadas na localización
– Personaliza as túas listas con diferentes iconas e cores
– Oculta tarefas ata unha data posterior
– Engade tarefas automaticamente ao teu calendario
– Crea novas tarefas e listas de recordatorios con Tasker

Tasks

Pódese descargar desde F-droid ou desde Google Play.

Vídeo sobre Tasks

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal