Nesta entrega veremos unha aplicación para poder tomar notas de forma rápida e sinxela, podendo acceder a elas desde diversos dispositivos.
Joplin é unha aplicación de software libre para tomar notas e realizar tarefas pendentes, que pode xestionar un gran número de notas organizadas en cadernos. As notas pódense buscar, copiar, etiquetar e modificar directamente desde a aplicación ou desde o teu propio editor de texto. As notas están en formato Markdown.

Captura os teus pensamentos e accede a eles de forma segura desde calquera dispositivo. Accede ás túas notas desde o teu computador, teléfono ou tableta sincronizándoas con varios servizos.
A aplicación é multiplataforma, está dispoñible para Windows, macOS, GNU/Linux, Android e iOS. Tamén hai dispoñible unha aplicación para terminal. Admite imaxes, vídeos, PDF e arquivos de son. Crea expresións matemáticas e diagramas directamente desde a aplicación.