Mércores, 21 Setembro 2022

13 -Aplicacións libres para Android: Proton Calendar

Vídeo
#Pílulas sobre ferramentas libres para usuarios de a pé #Proton Calendar

Nesta entrega veremos Proton Calendar, unha aplicación básica para a xestión dos teus calendarios electrónicos, dispoñible para Android e tamén a través de calquera navegador.

Proton Calendar axúdache a manter o teus calendarios en privado. Estarás protexido polo mesmo cifrado de extremo a extremo utilizado en Proton Mail, Proton Calendar ten todas as características que necesitas para xestionar os teus eventos facilmente.

Pílula en vídeo sobre Proton Calendar

 

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal