A AMTEGA, a través da Rede CeMIT, pon a disposición a través dunha licenza libre, Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional, unha serie de materiais de elaboración propia que foron xerados a raíz da situación sanitaria provocada polo COVID-19.
O material liberado consta de carteis con recomendacións en materia de seguridade e hixiene de cara ao uso das aulas e espazos comúns da Rede CeMIT, así como unha plantilla de documento para a elaboración de guías, todos eles preparados para a súa reutilización por parte de calquera outra entidade, para o que tamén se publican en versión editable, en formatos estándar aberto ODF.