Xoves, 25 Agosto 2022

Django 4.1

Enlace externo

O equipo de Django anunciou o lanzamento de Django 4.1. Django é un marco web de alto nivel en Python, gratuíto e de software libre, que fomenta un desenvolvemento rápido e un deseño limpo e pragmático.

logo

Novidades: interface asíncrona para o ORM, capacidade de definir manexadores asíncronos en vistas baseadas en clases. Uso das restricións da base de datos definidas polo ORM na validación do modelo.

Mellor accesibilidade á representación de formularios e a personalización do estilo de saída. Corrección de erros menores, entre outros.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal