Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Etherpad

Vídeo

Etherpad, caderno de notas dixital e colaborativo

Etherpad é un editor de código aberto que se executa no teu navegador, polo que non necesitas instalar ningún outro aplicativo para usalo e proporciona edición colaborativa en tempo real para varios usuarios.

É tan sinxelo como crear un caderno de notas, compartir a ligazón cos nosos colaboradores e empeza a traballar todos no mesmo documento ao mesmo tempo.

Etherpad pódese instalar libremente, de forma sinxela no servidor da nosa empresa. Poderemos así personalizalo cunha chea de plugins, para que se adapte ás nosas necesidades, desta forma os datos non sairán da empresa.

Pero non é necesario instalar Etherpad para poder usalo, só tes que elixir unha das instancias dispoñibles publicamente que podes atopar nesta web.

Nota importante: temos que ter en conta que nas instancias públicas, os cadernos soen destruírse por seguridade despois de 30 días da súa creación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal