Retomamos os “Faladoiros de Mancomún” neste ano 2022. Charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.
Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

Neste primeiro faladoiro de 2022, contamos coa participación de:
– Bárbara Román, compañeira da Oficina de Software libre da Xunta de Galicia, continúa este ano facendo de presentadora nos faladoiros.
– Laura Castro como invitada deste faladoiro.
Bárbara Román é CEO da empresa Nolegaltech.
-Linkedin de Bárbara Román: https://www.linkedin.com/in/barbararomanmendez/
Laura Castro Souto, Enxeñeira informática, profesora e investigadora do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade de Informática da Coruña. Defínese a si mesma como unha aprendiz constante, feminista e geek.
– Linkedin de Laura Castro: https://www.linkedin.com/in/lauracastro/
– Twitter de Laura Castro: @lauramcastro