Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Framadate

Vídeo

Framadate, planificación e toma de decisións

Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas.

Non é necesario rexistrarse para usar o servizo. Soamente necesitas un navegador para crear a consulta e para respondela. Necesita, iso si, que teñamos habilitado JavaScript e as cookies.

Framadate podemos descargalo desde o repositorio oficial e instalalo no noso propio servidor, desa forma teremos o control dos nosos datos.

Podedes probar esta ferramenta nas seguintes ligazóns:
https://framadate.org/
https://poll.disroot.org/
https://framadate.nomagic.uk/
https://www.softaculous.com/softaculous/demos/Framadate

Nota informativa: debido á alta demanda que están tendo este días os servizos gratuítos, poden estar caídos temporalmente.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal