Martes, 13 Xullo 2021

Guía de iniciación de LibreOffice 7.1

Vídeo

O equipo de documentación de LibreOffice anunciou a dispoñibilidade da Guía de iniciación 7.1, guía introdutoria para todos os lectores que necesiten empezar a utilizar a suite LibreOffice.

Cubrindo todos os módulos de LibreOffice, desde a folla de cálculo Calc ata a base de datos Basee e incluíndo capítulos sobre a configuración da suite así como a codificación de macros, a Guía de iniciación 7.1 é un valioso compañeiro para as organizacións que deben despregar a documentación sobre LibreOffice xunto coa suite de software nas súas oficinas e tamén nos fogares dos usuarios.

A Guía está dispoñible en formato PDF e forma parte da Biblioteca LibreOffice, un conxunto de guías avanzadas para a suite de produtividade LibreOffice.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal