Estreamos novo formato, os «Faladoiros de Mancomún». Charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde podan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

Nesta primeira tertulia contamos coa participación de:
– Bárbara Román
– Marelisa Blanco
– Cristina Pampín
– Aida Vidal Balea
Vídeo – Primeira parte
Vídeo – Segunda parte
Podcast
Se preferes o formato podcast (só o son), aquí tes o arquivo:
¡Esperamos que vos guste este novo formato!
