Xoves, 15 Decembro 2016

Introdución ao uso de LibreOffice

PDF

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

O emprego destos diferentes programas que conforman a suite LibreOffice, precisan como en calquera outro caso, un aprendizaxe do seu uso, e neste caso quizais aínda máis precisamente pola certa similitude coa máis estendida suite MsOFfice xa que a maioría da xente agarda atopar as opcións e menús no mesmo sitio.

Neste curso abordarase unha introdución ao uso de LibreOffice, dende a súa descarga, instalación e configuración , ata unha introdución ao uso de estilos e modelos, sen entrar no detalle do uso particular de ningunha dos aplicativos que o conforman: procesador de textos, presentacións …

O material está dispoñible en formato SCORM , en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos e tamén en formato elp para empregar na ferramenta de edición de contidos exeLearning, o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría

Todo o material deste curso foi elaborado pola Oficina de Software Libre do CIXUG ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal